Partido Popular de Monfero

Cómo llegar Contactar con la organización

Partido Popular de Monfero Dende Facebook queremos compartir a actividade do Partido Popular de Monfero. Xuntos construíremos o cambio que Monfero precisa. [email protected]

31/08/2026
22/08/2026

Dende o PP de Monfero temos claro que hai que apostar polo turismo, polos nosos recursos e pola nosa xente.

Merecemos un concello vivo, coidadoso co seu patrimonio e que aposte polo desenvolvemento económico a través do turismo.

💚 Temos moito que ofrecer e debemos ensinalo.

13/08/2026

🆘🆘🆘🆘O cheiro dos colectores do lixo é insoportable‼️

En esta época do ano e como todos os veráns a situación repítese. Coas altas temperaturas e a falta absoluta de limpeza, os colectores de lixo convertense nun verdadeiro foco de infección e nunha molestia para a veciñanza.

Lembrades cando a Alcaldía en funcións nos dixo en pleno, hai xa dous anos, que estaban a estudar varias ofertas de empresas para solucionar o problema?

Dous anos despois, seguimos agardando. Non sabemos se seguen cos libros abertos estudando, pero no último pleno (en xullo) este grupo preguntou e pideu o goberno limpeza e desinfección, pero todo segue exactamente igual, sen limpar e desprendendo un cheiro terrible día tras día.

A saúde pública e a limpeza do noso concello non poden seguir agardando por máis promesas baleiras.

Poderán enganar no relato pero a realidade non a poden tapar‼️


¡Mañá temos unha cita inesquecible co ceo en Monfero! 🌌✨Non todos os días temos a oportunidade de desfrutar dun eclipse,...
11/08/2026

¡Mañá temos unha cita inesquecible co ceo en Monfero! 🌌✨

Non todos os días temos a oportunidade de desfrutar dun eclipse, e no noso concello temos algúns dos mellores escenarios para vivir este fenómeno único combinándoo coa nosa marabillosa paisaxe.

Se queres g***r do eclipse coas mellores vistas, no noso Concello temos puntos emblemáticos como:

O Mirador de Pena Fesa 🔭
O Mirador de Pico de Vales 🌲
..e moitos outros rincóns do noso concello desde onde se poderá divisar á perfección.

⚠️ Importante:
Lembra que para desfrutar deste acontecemento de forma segura é fundamental tomar as precaucións necesarias e usar sempre gafas homologadas, tal e como están aconsellando os especialistas.

Monfero un lugar ideal para g***r da natureza, da paisaxe e deste espectáculo astronómico.

¡Non o perdas!

🆘 🆘 🆘Vergonzoso e lamentable ver como se atopaban as papeleiras no primeiro partido da tempada no campo de fútbol do Xes...
08/08/2026

🆘 🆘 🆘Vergonzoso e lamentable ver como se atopaban as papeleiras no primeiro partido da tempada no campo de fútbol do Xestal.

Despois do parón estival, é incomprensible que o goberno municipal non tivese un momento para algo tan básico como baleirar as papeleiras. Esta é a imaxe que se lle ofrece aos veciños, aos xogadores e aos equipos que nos visitan.

Como sabemos perfectamente que as redes sociais teñen un efecto que moitas veces a xestión directa non ten, facemos pública esta denuncia. O goberno local parece non ver estas cousas, agora que xa o saben, pedímoslles que se baleiren e se limpe a zona de inmediato.

Os veciños e o deporte de Monfero merecen unas instalacións dignas e coidadas. A ver si así, con un pouco de vergoña, pónense mans á obra.



06/08/2026

Despois de levar a pleno unha moción solicitando á Deputación da Coruña o arranxo da estrada DP-5005 (de Taboada aos Loureiros), agora este tema tamén chegou ao pleno provincial da man do deputado do PP, Evaristo Ben, quen presentou un rogo solicitando a mellora da estrada.

O noso compromiso coa veciñanza segue intacto. Agardamos que desde a Deputación se dean os pasos necesarios e se traballe canto antes para que os veciños e veciñas poidan contar cunha estrada en óptimas condicións de seguridade.

Seguimos traballando polo noso concello! 🚧👇

🏫 A escola do Xestal non pode volver caer no esquecemento. ➡️ Hoxe no pleno extraordinario solicitado por este grupo, o ...
31/07/2026

🏫 A escola do Xestal non pode volver caer no esquecemento.

➡️ Hoxe no pleno extraordinario solicitado por este grupo, o goberno municipal comprometeuse a apuntalar o teito e instalar unha rede de protección para evitar a caída de cascallos, asegurando que, unha vez executadas estas actuacións, o local poderá utilizarse con seguridade.

Agardando que este compromiso se cumpra no prazo anunciado e que os usuários poidan dispoñer dun espazo seguro.

👉 Pero tamén queremos deixar claro que esta é unha solución provisional. A escola do Xestal leva demasiado tempo deteriorándose e non pode volver quedar esquecida unha vez pase a urxencia.

Desde o Partido Popular seguiremos vixiando que se cumpra o prometido e reclamando unha solución definitiva para este edifício municipal, porque os veciños e as asociacións merecen instalacións seguras e en boas condicións.


Dirección

Monfero

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Partido Popular de Monfero publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular de Monfero:

Atajos

Compartir