16/06/2026
📚✊ Este venres, 19 de xuño, Monforte ten unha cita coa memoria e coa dignidade.
No Centro do Viño presentarase o libro “50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025)”, unha obra que recupera a figura dun dos referentes da loita pola liberdade, a xustiza social e os dereitos nacionais de Galiza.
Cincuenta anos despois do seu asasinato, lembrar a Moncho Reboiras é tamén reflexionar sobre a nosa historia recente, sobre quen loitou por un país mellor e sobre a importancia de manter viva a memoria colectiva.
📅 19 de xuño
🕗 20:00 h
📍 Centro do Viño de Monforte
Animamos á veciñanza de Monforte e da comarca a asistir a este acto e participar nunha xornada de memoria, cultura e compromiso co país.
✊⭐️