BNG Monterroso

BNG Monterroso Páxina do Bloque Nacionalista Galego en Monterroso

O BNG de Monterroso puxo enriba da mesa un conxunto de propostas orientadas a mellorar as dotacións e os servizos públic...
02/06/2026

O BNG de Monterroso puxo enriba da mesa un conxunto de propostas orientadas a mellorar as dotacións e os servizos públicos no municipio, con especial atención á infancia, ás instalacións educativas e ás necesidades da veciñanza.

Entre as medidas salientadas figuran a cubrición do ximnasio e do pavillón do colexio, o reforzo da atención á infancia con necesidades especiais, a ampliación do horario de apertura de A Peneda en xuño e setembro e a execución de melloras en Ligonde.

O BNG de Monterroso valora moi positivamente as propostas presentadas polo grupo municipal no último pleno, centradas en...
29/05/2026

O BNG de Monterroso valora moi positivamente as propostas presentadas polo grupo municipal no último pleno, centradas en mellorar os servizos públicos, reforzar a inclusión, actuar nas parroquias e poñer en valor espazos estratéxicos do concello.

O portavoz Brais Vázquez define esta intervención como unha oposición útil, baseada no coñecemento da realidade local e nas necesidades da veciñanza.

Brais Vázquez destaca unha oposición “útil” centrada en servizos públicos, inclusión e melloras nas parroquias do municipio

O Pleno Ordinario de maio adiántase a hoxe, Mércores 27 ás 21:30
27/05/2026

O Pleno Ordinario de maio adiántase a hoxe, Mércores 27 ás 21:30

Parroquia de Ligonde, pleno ordinario MaioEsta semana visitamos outra das nosas parroquias, mantemos que defender o rura...
26/05/2026

Parroquia de Ligonde, pleno ordinario Maio

Esta semana visitamos outra das nosas parroquias, mantemos que defender o rural é defender a nosa identidade. Por iso é necesario seguir traballando nas parroquias, día a día, atendendo as súas necesidades reais e garantindo o mantemento dos espazos comúns e, neste caso, do patrimonio que forma parte da vida cotiá desta parroquia.

É fundamental mellorar o firme da estrada, sobre todo na travesía que atravesa Ligonde, garantir a seguridade do camiño dos peregrinos, coidar o mobiliario urbano e avanzar na creación dun posto de peón rural que permita manter as parroquias en mellores condicións durante todo o ano.

Neste pleno do mes de maio, traemos tres propostas para Monterroso.Son cuestións que afectan ao benestar da veciñanza, á...
25/05/2026

Neste pleno do mes de maio, traemos tres propostas para Monterroso.

Son cuestións que afectan ao benestar da veciñanza, á atención da infancia e ao mantemento das instalacións.

Seguimos traballando por un concello máis atento, máis inclusivo e con mellores servizos para todas e todos.

Pedimos formación específica para a atención da infancia con necesidades especiais, máis tempo de apertura para A Peneda e solucións urxentes ás goteiras do CEIP Monterroso.

24/05/2026

A veces pensamos que a feria “funciona sola”, que con ter a data no calendario xa basta. Pero a realidade é outra, se queremos que a celebración medre, emocione e siga viva, precisamos coidala, renovala e invertir nela.

A Feira de Santos, como tantas outras festas e feiras, non pode quedar no de sempre. Necesita máis actividades, máis protagonismo para o museo, máis propostas divulgativas e máis ilusión para seguir evolucionando cos tempos.

Porque conservar a tradición tamén é darlle futuro. E para iso precisamos vontade, creatividade e tamén recursos.

22/05/2026

No anterior pleno, tivemos un pequeno debate sobre as Feiras en Monterroso. Esta é unha pequena reflexión.

"A Feira de Monterroso non é un mercado calquera. É parte da nosa historia, unha tradición que os nosos antepasados souberon converter en moito máis ca unha simple compravenda. Hoxe toca poñer en valor ese legado e lembrar que o que nos trouxo ata aquí merece ser tratado con orgullo e respecto"

Monterroso quedou fóra.Non optar a estas axudas é unha mala nova para Monterroso e tamén unha mostra clara de como, moit...
19/05/2026

Monterroso quedou fóra.

Non optar a estas axudas é unha mala nova para Monterroso e tamén unha mostra clara de como, moitas veces, as oportunidades públicas pasan polo noso lado sen facer nada.

Falamos dunha convocatoria que financiaba o 100% dos gastos subvencionables ata 100.000 euros por proxecto, destinada a crear, mellorar e ampliar servizos básicos. Nun contexto no que arrastramos carencias históricas en espazos públicos, instalacións deportivas, edificios municipais e elementos patrimoniais, deixar pasar estas achegas é un luxo que Monterroso non se pode permitir.

O máis preocupante é que os conceptos subvencionables eran amplos e moi útiles. Actuacións e propostas que dende o BNG levamos tres anos levando pleno a pleno como prazas, parques infantís, instalacións deportivas, mellora de edificios municipais, rehabilitación de elementos patrimoniais e outros servizos de interese veciñal. É dicir, non se trataba de investimentos caprichosos, senón de actuacións concretas que melloran a vida diaria da xente.

Outra oportunidade desaproveitada.

Esta situación debería abrir un debate serio sobre a capacidade de xestión, a previsión técnica e as prioridades políticas do noso goberno municipal.

Cando unha convocatoria deste tipo existe, o mínimo é presentar proxectos sólidos, competir ben e defender con intensidade os intereses do municipio. Se non se consegue, a responsabilidade non é da oposición, senón dunha falta de ambición política que se traduce en menos servizos, menos investimento e máis distancia entre o discurso e a realidade.

17/05/2026
16/05/2026

O saneamento non pode seguir agardando. No rural, falar de saneamento é falar de hixiene, saúde e confort, pero tamén de responsabilidade co medio e coa auga. O máis preocupante é que isto non é unha cuestión menor nin un problema “para máis adiante”: é unha necesidade real.

Dirección

Monterroso
27560

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Monterroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir