Concello de Monterroso

Concello de Monterroso Páxina oficial do Concello de Monterroso (Lugo).

🏫 Novidades na Biblioteca Pública Municipal.📚 A Biblioteca Pública Municipal de   engade novos títulos á súa colección.⏰...
02/06/2026

🏫 Novidades na Biblioteca Pública Municipal.

📚 A Biblioteca Pública Municipal de engade novos títulos á súa colección.

⏰ Están ao voso dispor en horario de 15:30 a 19:30 horas de luns a venres.

🏫 Promoción do Camiño Francés en Cantabria.🥾 A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés promociona a ruta en...
02/06/2026

🏫 Promoción do Camiño Francés en Cantabria.

🥾 A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés promociona a ruta en Cantabria.

👥 O concelleiro de Monterroso Balbino Mártinez participou a pasada semana na recepción oficial en Santander por parte da presidenta do Goberno cántabro, María José Sáenz de Buruaga Gómez, e polo conselleiro de Turismo, así como na recepción en San Vicente de la Barquera por parte da rexedora da vila, Charo Urquiza. Tamén nos actos que tiveron lugar en Santo Toribio de Liébana, onde comeza o Camino Lebaniego.

⛪️ As reunións forman parte das accións que está a levar a cabo a Mancomunidade para impulsar a ruta a Santiago a través do Camiño Francés.

🏫 Pon límite ao lume.
02/06/2026

🏫 Pon límite ao lume.

🏫 Día de Feira en Monterroso.☀️ Monterroso celebrou hoxe a súa Feira de xuño con bo ambiente, sol e temperaturas elevada...
01/06/2026

🏫 Día de Feira en Monterroso.

☀️ Monterroso celebrou hoxe a súa Feira de xuño con bo ambiente, sol e temperaturas elevadas.

🍒 Un dos produtos máis reclamados foron as cereixas, xunto á verdura e ás sementes propias deste tempo.

🏫 Obras de mellora en San Pedro de Vilanova.✅ O Concello de Monterroso segue avanzando no Plan de Mellora de Estradas e ...
01/06/2026

🏫 Obras de mellora en San Pedro de Vilanova.

✅ O Concello de Monterroso segue avanzando no Plan de Mellora de Estradas e Camiños Rurais coa axuda de diferentes administracións coas que vén colaborando.

🚜 O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polos membros do equipo de Goberno, desprazouse ata San Pedro de Vilanova, onde revisou o remate das obras de aglomerado da pista de Vilanova ata a igrexa, que se atopaba moi deteriorada. A actuación está financiada polo Plan de Cooperación cos Concellos, un mecanismo de axuda para todos os municipios da provincia.

🏫 Día de Feira en Monterroso.✨ Un bo momento para achegarte, pasear e facer as túas compras.ℹ️ Ademais, hoxe abre o Cent...
01/06/2026

🏫 Día de Feira en Monterroso.

✨ Un bo momento para achegarte, pasear e facer as túas compras.

ℹ️ Ademais, hoxe abre o Centro de Interpretación A Vila das Feiras de Monterroso.

🕜 Horario: día 1 de cada mes, de 11:00 a 13:00 horas.

🏫 Abre o prazo de inscrición nos cursos de natación.O Concello de Monterroso ofrece cursos de natación este verán, do 1 ...
01/06/2026

🏫 Abre o prazo de inscrición nos cursos de natación.

O Concello de Monterroso ofrece cursos de natación este verán, do 1 de xullo ao 31 de agosto, en tres quendas a elixir. O prezo será de 5 euros por quenda.

🏊 Dirixidos a nenos e nenas de 4 ou máis anos.

📝 Inscricións no Espazo Cultural Lorenzo Varela do 1 ao 5 de xuño.

🏫 Estamos ante unha data histórica para a S.D. Monterroso.Partido do playoff de ascenso a Preferente (ida)⚽ S.R. Calo 🆚 ...
31/05/2026

🏫 Estamos ante unha data histórica para a S.D. Monterroso.

Partido do playoff de ascenso a Preferente (ida)

⚽ S.R. Calo 🆚 S.D. Monterroso
📅 Esta tarde, ás 18:00 horas
📍 Campo Municipal de Reboredo

🍀 Moita sorte ao equipo!

🏫 Mañá abre o Centro de Interpretación 'A Vila das Feiras' de Monterroso.Un espazo para coñecer mellor a historia da Ull...
31/05/2026

🏫 Mañá abre o Centro de Interpretación 'A Vila das Feiras' de Monterroso.

Un espazo para coñecer mellor a historia da Ulloa a través de pezas e vestixios que nos achegan ao pasado deste territorio e á importancia da Feira de Monterroso.

🕜 Horario
Día 1 de cada mes, de 11:00 a 13:00 horas.

📞 Para outras visitas, concertar cita no 982 831 303.

🏫 A Peneda, protagonista en Galicia Máxica.🌿 Galicia Máxica compartiu unha reportaxe sobre a área recreativa da Peneda, ...
30/05/2026

🏫 A Peneda, protagonista en Galicia Máxica.

🌿 Galicia Máxica compartiu unha reportaxe sobre a área recreativa da Peneda, destacando este espazo natural de Monterroso.

📸 Grazas pola visita e por amosar un dos recunchos máis fermosos do noso Concello.

Dirección

Monterroso

Teléfono

+34982377001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Monterroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Monterroso:

Compartir