BNG Moraña

BNG Moraña Páxina do Bloque Nacionalista Galego de Moraña

🗨️ Marcos Suárez: “Queremos tratar cuestións actuais como as líneas de autobús que se eliminaron ou a posibilidade de mo...
22/05/2026

🗨️ Marcos Suárez: “Queremos tratar cuestións actuais como as líneas de autobús que se eliminaron ou a posibilidade de modificar horarios do programa Conecta Rural, cuestións de carácter constructivo, pero non temos a oportunidade de facelo”.

🗞️ Diario de Arousa.

El Concello espera que el Estado convoque oposición para incorporar a un funcionario a tiempo completo

‼️ Máis de tres meses sen plenos ordinarios en Moraña.➡️ O pleno municipal é unha obriga democrática, o espazo para o de...
20/05/2026

‼️ Máis de tres meses sen plenos ordinarios en Moraña.

➡️ O pleno municipal é unha obriga democrática, o espazo para o debate e a rendición de contas e non un favor do goberno, non son opcionais.

📝 Neste tempo hai asuntos pendentes que tratar, preguntas sen contestar e veciñanza que agarda respostas e merece explicacións e transparencia.

🗣️ Gobernar tamén é dar explicacións, polo que esiximos a convocatoria dun pleno ordinario e recuperar a normalidade institucional.

🙂 Desde o BNG de Moraña queremos felicitar a asociación A.C.I.B.A.L. pola organización da Andaina Monte de Nomes.🌱 Un pr...
17/05/2026

🙂 Desde o BNG de Moraña queremos felicitar a asociación A.C.I.B.A.L. pola organización da Andaina Monte de Nomes.

🌱 Un proxecto que pon no centro algo fundamental: a defensa da nosa toponimia, da nosa lingua e do patrimonio material e inmaterial do país. Coñecer o territorio é tamén unha forma de coidalo.

Noraboa polo traballo!

❌ Así apareceu hoxe a faixa que anuncia a mobilización polo día das Letras Galegas 👅📢 Non nos van calar. Seguiremos defe...
15/05/2026

❌ Así apareceu hoxe a faixa que anuncia a mobilización polo día das Letras Galegas

👅📢 Non nos van calar. Seguiremos defendendo a nosa lingua e a nosa cultura con máis forza ca nunca.

✊🏻Vémonos o domingo ás 12h en Compostela!

💙 Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, enchamos as rúas de orgullo pola nosa lingua. Porque o galego non é só pasado...
14/05/2026

💙 Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, enchamos as rúas de orgullo pola nosa lingua. Porque o galego non é só pasado: é presente, identidade e futuro.

📍 En Compostela, a plataforma Queremos Galego convoca unha gran manifestación en defensa da nosa lingua. E en Moraña e Campo Lameiro, a asociación ACIBAL organiza a andaina “Un monte de nomes”, poñendo en valor a toponimia dos nosos montes.

🌿 Defender o galego tamén é defender os nomes da nosa terra, a cultura popular e a maneira de entender o mundo das nosas aldeas e da nosa xente.

✊ Porque sen lingua non hai país. Vémonos este 17 de maio!

👧🏽👶🏽 Educar e acompañar a infancia é un labor esencial que merece respecto, recoñecemento e dereitos.🫱🏼‍🫲🏽 Todo o noso a...
07/05/2026

👧🏽👶🏽 Educar e acompañar a infancia é un labor esencial que merece respecto, recoñecemento e dereitos.

🫱🏼‍🫲🏽 Todo o noso apoio ás profesionais das Escolas Infantís que hoxe saíron á rúa para defender os seus dereitos e a calidade dun servizo fundamental para as familias.
Porque educar debe ser valorado.

💛 Grazas pola vosa loita.

Hoxe estivemos estrea do documentario 🎥𝟭𝟴𝟰𝟲 - 𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶ó𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮, dirixido por  coa Fundación Galiza Sempre.💪🏻 Un enorme ...
26/04/2026

Hoxe estivemos estrea do documentario 🎥𝟭𝟴𝟰𝟲 - 𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶ó𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮, dirixido por coa Fundación Galiza Sempre.

💪🏻 Un enorme traballo que lembra un dos fitos máis importantes e descoñecidos na nosa historia.

👏🏻 Parabéns por facelo posible!

O povo é quem mais ordena!25 de abril, SEMPRE! ✊
25/04/2026

O povo é quem mais ordena!
25 de abril, SEMPRE! ✊

❌🚌 Recentemente suprimiuse sen ningún tipo de información as conexións da mañá desde Santiago de Compostela a Moraña. Un...
20/04/2026

❌🚌 Recentemente suprimiuse sen ningún tipo de información as conexións da mañá desde Santiago de Compostela a Moraña. Unhas conexións importantes e fundamentais, tendo en conta o grande número de estudantes de Moraña que están en Santiago e que tiñan unha liña de mañá para o regreso ao súa casa se así o desexaban e que agora ben retirada sen ningún tipo de aviso.

‼️ A tomadura de pelo a toda a veciñanza é máxima, primeiro por non dar ningún tipo de información e segundo porque se lle falta ao respecto aos usuarios e usuarias. Así é que na páxina web da Xunta de Galicia bus.gal a información que se dá é que hai un bus diario de luns a venres desde Santiago a Moraña con saída ás 12 h da Estación Intermodal (dende o inicio ata o fin do curso escolar de ensinanza EI, EP), pero a web da empresa Monbus solo indica que desde a capital galega con Moraña solo hai unha liña de bus con saída ás 18:30 h

❌ A retirada de liñas de bus por parte da empresa Monbus con saída ou chegada en Moraña fíxose de xeito paulatino e premeditado, co beneplácito da Xunta de Galicia. Unha retirada de liñas que supón un 50% menos de liñas de transporte público en Moraña nos últimos 10 anos.

➡️ O BNG esixirá en Pleno que a Xunta de Galicia repoña as liñas de transporte que xa tiñamos, e esixiremos que o goberno municipal defenda os intereses colectivos de Moraña.

🫣 Hoxe asistimos a un feito moi grave nas canles oficiais do Concello de Moraña.ℹ️ Nun vídeo institucional no que se inf...
12/04/2026

🫣 Hoxe asistimos a un feito moi grave nas canles oficiais do Concello de Moraña.

ℹ️ Nun vídeo institucional no que se informa sobre unha nova liña de bus aos centros hospitalarios —un servizo que é de toda a veciñanza—, o goberno municipal decidiu incluír ao final o logotipo do PP.

Desde o BNG de Moraña queremos amosar o noso máis firme rexeitamento a esta práctica.

As canles institucionais deben ser neutrais e estar ao servizo de toda a cidadanía, non poden empregarse como ferramenta de propaganda partidista. Confundir institución e partido é unha falta de respecto á veciñanza e ás normas básicas de funcionamento democrático.

Os servizos públicos non teñen cor política: son froito do esforzo colectivo e deben comunicarse con rigor, responsabilidade e respecto institucional.

Esiximos ao goberno municipal que retire este contido ou que rectifique, e que no futuro separe claramente a comunicación institucional da propaganda política.

🩵 Moraña merece unha xestión á altura.

Dirección

Rua 5, 14
Moraña
36660

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Moraña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir