AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA

AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA Servizo de emerxencias e rescate 🛟,🚒🚨, Protección Civil Muxía.

A Agrupación Local de Protección Civil leva traballando no municipio dende 1992 en casos de risco grave, catástrofe pública ou emerxencias de todo tipo, actualmente conta con 52 voluntarios.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno metereolóxico adverso nivel LARANXA, por CHUVIA que afect...
26/01/2026

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno metereolóxico adverso nivel LARANXA, por CHUVIA que afectará a Coruña (Oeste, Interior e Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño). Prevense precipitacións acumuladas de 80 mm en 12 horas.

Neste mesmo boletín informa que se mantén o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel VERMELLO precipitación acumulada de mais de 150 mm en 12 horas no ámbito xeográfico de PONTEVEDRA (Interior) e LARANXA por precipitación acumulada de mais de 80 mm en 12 horas en OURENSE (Noroeste, Miño e Sur).

⚠️Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comuníca que, en previsión destes feitos ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por choivas.RECOME...
25/01/2026

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por choivas.
RECOMENDACIÓNS Á POBOACIÓN
✔️Evite desprazamentos innecesarios.
✔️Non cruce zonas asolagadas nin canles de ríos.
✔️Extreme a precaución ao conducir.
✔️Mantéñase informado por canles oficiais.
✔️En caso de emerxencia, chame ao ☎️112.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS NIVEL AMARELO que afec...
22/01/2026

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS NIVEL AMARELO que afectará a partir da tarde do día de hoxe ás zonas de LUGO (Montaña), con acumulacións de neve de ata 10 cm en cotas por riba de 400 m, e a OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 10 cm por riba dos 800 m. Este fenómeno, acompañado de ventisca, se extenderá a partir das 00:00 do día 23 as zonas de A CORUÑA (interior) con acumulacións de cm por enriba dos 400 metros, e a LUGO (Centro) e OURENSE (Miño, e Valdeorras) con acumulacións de ata 4 cm por enriba dos 400 metros.

Asemade, se espera para o mediodía do día de hoxe VENTOS de NIVEL AMARELO na provincia de A CORUÑA e provincia de LUGO, OURENSE (Montaña) e provincia de PONTEVEDRA. Para mañá, o VENTO de NIVEL AMARELO se manterá nas zonas de A CORUÑA (Oeste, Noroeste e Suroeste) LUGO (A Mariña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas).

A partir das 00:00 do día 23, o fenómeno de NEVADAS acadará NIVEL LARANXA nas zonas de LUGO (Sur); OURENSE (Noroeste, Sur); PONTEVEDRA (Interior), con acumulacións de ata 5 cm en cotas por enriba dos 400 metros e ventiscas e OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 20 cm en cotas por enriba dos 400 m.

Doutra banda, a predicción de METEOGALICIA sinala que o fenómeno de nevadas tamén acadará nivel LARANXA para o día de mañá en LUGO (Centro e Montaña) e en OURENSE (Miño e Valdeorras).

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comuníca que, en previsión destes feitos ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas.

🚨🚨ALERTA VERMELLA POR FMA COSTEIROS A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa que o fenómeno meteorolóxico adver...
22/01/2026

🚨🚨ALERTA VERMELLA POR FMA COSTEIROS

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa
que o fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS NIVEL VERMELLO afectará a partir das
00:00 horas do día 23/01/2026 a todo o litoral de A Coruña e Pontevedra, con ventos que poden
acadar forza 10 e ondas de ata 9 metros.

Se mantén para o día de hoxe todo o litoral de Galicia en nivel laranxa con ventos que poderán
acadar forza 9 e ondas de ata 8 metros.

Nun esforzo por reforzar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia, o departamento de Protección Civil, co ...
27/12/2025

Nun esforzo por reforzar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia, o departamento de Protección Civil, co aveiro dunha subvencion do ano 2025, para a adxudicación de material e equipamento de emerxencias da Deputación da Coruña , adquiriu un lote de material para atender incidentes derivados das emerxencias.
O equipamento inclúe; mangueiras contra incendios, equipos de protección persoal, e un remolque adaptado para o transporte de material.
Agradecemos á Deputación da Coruña a concesión da subvención destinada para a adquisición de material. Esta axuda supón un importante respaldo para continuar mellorando os nosos medios e, con iso, a seguridade e atención á cidadanía, asegurando unha resposta máis rápida e eficiente en situacións de risco.

Desde Protección Civil Muxía queremos expresar o noso fondo pesar polo falecemento do noso compañeiro e amigo, Miguel Án...
25/12/2025

Desde Protección Civil Muxía queremos expresar o noso fondo pesar polo falecemento do noso compañeiro e amigo, Miguel Ángel Traba, Coordinador de Protección Civil de Corcubión.
A súa entrega, dedicación e vocación de servizo á comunidade permanecerán sempre na nosa memoria.
Transmitimos o noso cariño e apoio á súa familia, amizades e ao equipo de Protección Civil de Corcubión nestes momentos tan difíciles.
Descanse en paz.

Ás 18:55 horas de está tarde, fomos requiridos polo 112 Galicia   para un incendio🏠🔥 urbán nun almacen, no lugar de Os M...
16/11/2025

Ás 18:55 horas de está tarde, fomos requiridos polo 112 Galicia para un incendio🏠🔥 urbán nun almacen, no lugar de Os Muiños.
Ata o punto mobilizamos o equipo de garda con vehículo BUL🚒, e así mesmo tamén foron mobilizados polos xestores do 112 Galicia, a Garda Civil, o axente da Policía Local, e os compañeiros do ADC Bombeiros Costa da Morte 🚒🧑‍🚒.
O propietario, tivo que ser evacuado o hospital VIRXE DA XUNQUEIRA de Cee, tras inhalar moito fume.
Os labores de extinción conxunta cos Bombeiros, prolongáronse durante dúas horas debido á complexidade pola gran cantidade de enseres e máquinaria que se atopaban no interior.
👊Desexamos a pronta recuperación da persoa evacuada.
Efectivos intervintes:
▶️AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA🚔.
▶️ Policía Local👮.
▶️Garda Civil.
▶️Bombeiros de Cee.

Desde a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a to...
16/09/2025

Desde a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións de Protección Civil, servizos de emerxencias e corpos de seguridade que, co seu apoio e colaboración, fixeron posible que as Festas da Virxe da Barca 2025 desenvolvésense con plena seguridade cidadá.
"Sería imposible nomear a todas as persoas que formaron parte deste dispositivo";
-Policía Local de Muxía,
-PL Santa Comba,
-PL Fisterra,
-PL Tordoia,
-PL Cerceda,
-PL Malpica de Bergantiños,
-PL Brión,
-PL Oroso,
-Efectivos da Garda Civil.
- Asociación Provincial de Avpcs da Coruña, a cal levou o mando de coordinacion.
-Avpc Coruña,
-Avpc Bergondo,
-Avpc Corcubión,
-Avpc Negreira,
-Avpc Dumbria,
-Avpc Noia,
-Avpc Laxe,
-Protección Civil Getafe - Ayto Getafe,
-Avpc Teulada Moraira,
-Avpc Gata De Gorgos,
-S.A.M.U.R. Protección Civil Ciudad de Madrid.
O seu esforzo, coordinación e profesionalidade foron fundamentais para garantir que veciños, veciñas e visitantes puidesen g***r duns días festivos nunha contorna segura e protexida.
Grazas tamén ao pobo de Muxía, por ser anfitrións na súa localidade, pola súa comprensión e paciencia estes días, onde duplicamos a poboación.
Entre todos conseguimos que estas celebracións fosen un éxito.
En nome de todo Muxía: GRAZAS a ése Gran equipo humano, por estar sempre ao noso lado!.

Durante estes días, son miles de persoas as que se achegarán a Muxía, para participar nalgún dos actos da Romaría dá Vir...
13/09/2025

Durante estes días, son miles de persoas as que se achegarán a Muxía, para participar nalgún dos actos da Romaría dá Virxe dá Barca, por iso, dobramos medios humanos e materiais. Contaremos con un punto de atención de emerxencias na base de Protección Civil (zona de atraccións), un servizo de atención ante posibles casos de violencia de xénero, ambulancias e persoal médico e de atención psicolóxica as 24 horas.

Durante éstos días, son miles de personas las que se acercarán a Muxía, para participar en alguno de los actos de la Romaría da Virxe da Barca, por ello, doblamos medios humanos y materiales. Contaremos con un punto de atención de emergencias en la base de Protección Civil (zona de atracciones), un servicio de atención ante posibles casos de violencia de género, ambulancias y personal médico y de atención psicológica 24 horas.

During these days, are thousands of people those that will approach to Muxía, to participate in any of the acts of the Romaría da Virxe da Barca, thus, bend half humans and material. We will have a point of attention of emergencies in the base of Civil defence (zone of attractions), a service of attention in front of possible cases of violence of gender, ambulances and medical personnel and of psychological attention 24 hours.

𝐞𝐧 𝐦𝐨𝐝𝐨 "𝐨𝐧 𝐟𝐢𝐫𝐞"𝐑𝐨𝐦𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐃𝐚 𝐕𝐈𝐑𝐗𝐄 𝐃𝐚 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟓.
13/09/2025

𝐞𝐧 𝐦𝐨𝐝𝐨 "𝐨𝐧 𝐟𝐢𝐫𝐞"
𝐑𝐨𝐦𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐃𝐚 𝐕𝐈𝐑𝐗𝐄 𝐃𝐚 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟓.

Dirección

Calle Virxe Dá Barca 26
Mugia
15124

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir