Compromiso Muros

Compromiso Muros Se te sintes Comprometido/a con Muros, aquí é onde debes estar. Non esquezas de premer en "ME GUSTA" Pero non somos cegos! Ai!

Os Comprometidos co Concello de Muros queremos ao noso Concello. Podemos comprobar como veciños que somos, as carencias que Muros padece e as cousas nas que se necesita mellorar. Entre todos/as podemos expoñer á luz pública e reclamar aos rexedores que traten de arranchalas, que para eso foron elexidos. Non temos solucións para todo (mais quixéramos), pero si moita e boa vontade e gañas de que as

cousas cambien para mellor. do que non sexa leal e honesto con Muros, porque ese sempre non terá enfronte denunciando a súa desidia ou a súa mala fe.

Triste nova ao acontecido estra madrugada.O noso máis profundo pesar aos familiares e amigos.https://www.facebook.com/86...
28/08/2021

Triste nova ao acontecido estra madrugada.

O noso máis profundo pesar aos familiares e amigos.

https://www.facebook.com/863838857072496/posts/4025191584270525/

Lamentamos comunicar o falecimento de dous mozos tras precipitarse o vehiculo o mar esta madrugada às 04:45h no Peirao de Muros.
Queremos enviar unha mensaxe de condolencia as familias por tan irreparable perda.
🔴 de que dúas persoas perderon a vida e outras dúas foron trasladadas tras a caída dun coche ao mar, no porto de . Os sanitarios, no lugar, nada puideron facer por salvalas. Interviñeron: Guardia Civil Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia
112 Galicia
061 Urxencias Sanitarias de Galicia
A D C Bombeiros Boiro
ADC Bombeiros Costa da Morte
SPEIS de Narón
Bombeiros e Bombeiras Forestais de Galicia
ANAV Proteccion CIVIL
Más que Guardia Civil

Houbo un tempo no   que os fondos de Agader se empregaban con cabeza. Agora eses mesmos fondos (de Agader) empréganse pa...
06/07/2021

Houbo un tempo no que os fondos de Agader se empregaban con cabeza.

Agora eses mesmos fondos (de Agader) empréganse para intentar saír no portal de "Chapuzas Gallegas" e que o resto de Galicia se mofe de nós, como é a obra do poste da luz en Serres.

As praias antes limparíanse pouco, pero agora xa nin pasan por elas.

E así con todo.......

A esquerda as obras que facía Compromiso e a dereita as que executa PP-PSOE de Muros

06/05/2021

⚠️⚠️ Compromiso non vai a ser partífice de levar ó Concello de Muros de novo á quebra como pretende o PP e o PSoE ⚠️⚠️

Uns orzamentos que ascenden a máis 💸 7,8 millóns de euros 💸 que se acaban de aprobar e donde:

🔴 Non se contou noso grupo nin co BNG para elaboración do orzamento.

🔴 Con tres informes de intervención DESFAVORABLES.

🔴 Cunha previsión de ingresos inflada en máis de 500.000 €

🔴 Cuns orzamentos impugnables según apunta intervención.

❌ Dixemos NON ós novos orzamentos municipais

Como quería Compromiso que fosen estes novos orzamentos?

✅ Uns orzamentos que escoiten a toda oposición.
✅ Que sexan reales e se poidan cumprir
✅ Que non endeude ó Concello de Muros
✅ Que conte có informe favorable de intervención

Velaremos por un Concello san económicamente.

02/05/2021

🎥 A hemeroteca demostra que o PP volve a mentir.

Levamos meses preguntando pola situación do parque infantil na unitaria de Tal.

Estas foron as respostas do PP de Muros:

📅 Novembro 2019
"Nós si fixemos algunha xestión no arzobispado e accederon á cesión do terreo sin ningún problema"

📅 Febreiro 2020
"Estamos analizando urbanísticamente a proposta para definir o espacio"

📅 Xullo 2020 ¿Rematouse o estudo urbanístico?
"Non se rematou"

📅 Abril 2021
"Estamos en negociacións para a cesión dunha parcela de 180m2 para incorporar á escola de Tal"

Dous anos despois a cesión do terreo por parte do arzobispado está na mesma situación.

O peor non é que o PP minta á oposición, se non que tamén está a mentir a tódolos veciños de Muros.

Os establecementos minorístas de Muros que así o desexen, poden desde xa adherirse  ao programa "Bonos Activa Comercio" ...
23/04/2021

Os establecementos minorístas de Muros que así o desexen, poden desde xa adherirse ao programa "Bonos Activa Comercio" dotado con 10 millóns de euros, destinados aos autónomos e pymes do pequeno comercio.

A función destes bonos é dinamizar e reactivar a economía do comercio de proximidade.

Para darse de alta como comerciante basta con rexistrarse na páxina web www.bonosactivacomercio.gal ata o 15 de maio.

https://www.elcorreogallego.es/galicia/como-solicitar-el-bono-activa-comercio-de-la-xunta-IB7245820

COMERCIANTEADHERIRSE AO PROGRAMA Date de alta ata o 15 de maio MÁIS INFORMACIÓNConsulta aquí a relación de comercios adheridos CLIENTEDESCARGAR O BONO Apertura de prazo: 3 de maio MÁIS INFORMACIÓNConsulta aquí a relación de comercios adheridos

8 M - Día da mullerAs mulleres de Galicia teñen moito que decir neste día, moitas delas foron PIONEIRAS abrindo camiño e...
08/03/2021

8 M - Día da muller

As mulleres de Galicia teñen moito que decir neste día, moitas delas foron PIONEIRAS abrindo camiño e conseguindo derrubar as barreiras impostas ao seu xénero.

⛵️ Isabel Barreto (Pontevedra - 1567)
Primeira muller da admiranta da historia

📷 Sofía Casanova (Coruña -1861)
Primeira corresponsal de guerra

🎵 Áurea Rodríguez (Muntián - 1897)
Primeria gaiteira

📰 Mª Luz Morales (Coruña - 1898)
Primeira directora dun xornal

🚛 Celia Rivas (Fisterra - 1912)
Primeira conductora de camións

👩‍⚕️ Isabel Zendal (Ordes - 1773)
Primeira enfermeira en misión internacional

Anaír Rodríguez recolle nun libro editado por Xerais as fermosas historias destas e doutras valentes mulleres que conseguiron abrirse camiño nun mundo vetado para elas.

Por elas, por tódalas mulleres, pola igualdade, por a loita dos dereitos:

FELIZ DÍA DA MULLER

25/02/2021

No pleno de hoxe preguntámoslle ao Concello si se interesou pola situación do persoal do centro de día e da escola infantil de Esteiro que a día de hoxe segue en folga e coa situación laboral no aire.

Preguntámoslle ao Concello se fixo, ou plantea facer unha mesa de traballo conxunta coa hostalaría de Muros donde acordar a canalización das axudas, asesoramento, prevención do persoal, etc....

Despois de varias publicacións nas RRSS falando do estado da calzada romana tralo paso de madeiristas, preguntamos si o Concello é coñecedor desta situación, si está a tomar medidas e cales son as xestións que están a facer en caso de ser afirmativo.

Tamén preguntamos cal é o uso que o Concello de Muros lle vai a dar a Praza de Abastos, as propopostas que se achegaron e a súa dinamización.

Seguimos a traballar polos veciños de Muros facendo unha oposición responsable.

Queremos expresar o noso apoio ás traballadoras das Escolas Infantís, Centros de Maiores e Oficinas da Xunta que xestion...
20/02/2021

Queremos expresar o noso apoio ás traballadoras das Escolas Infantís, Centros de Maiores e Oficinas da Xunta que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A profesionalidade e a experiencia que levan amosando ao longo destos anos debería ser un valor engadido e recoñecido que lle dá valor aos servizos do Concello, e non o seu desmantelamento como se pretende facer.

Pediremos explicacións no Concello e que se manteñan os postos de traballo afectados.

Este xoves 18, durante toda a xornada, e os seguintes xoves con paróns de 8,00 a...

A Asociación de Hostalaría de Muros mostrou onte a preocupación pola que está a pasar o sector diante da Praza do Curro....
11/02/2021

A Asociación de Hostalaría de Muros mostrou onte a preocupación pola que está a pasar o sector diante da Praza do Curro.

Somos conscientes da importacia do sector da hostalaría no noso Concello e as dificultades pola que está a pasar nestes intres, é por iso que queremos que as súas reinvidicacións non caían en s**o roto.

Na primeira ola da pandemia Compromiso levou ao pleno a proposta da eliminación da taxa de ocupación de vía publica pola instalación de terrazas.

Agora, queremos trasladar ao pleno o noso apoio á hostalaría, así como tamén a elaboración dun plan de traballo conxunto entre o Concello e a Asociación de Hostalaría.

El presidente de la asociación que aglutina al sector en el término calificó la situación de asfixia económica y psicológica

04/02/2021

Ven de celebrarse o pleno extraordinaro a prol da participación no POS 2021 (Plan Obras e Servizos) do Concello de Muros.

Facendo unha oposición responsable, o noso grupo municipal votou a favor do POS 2021, xa que as propostas presentadas son obras importantes e necesarias para Muros.

Quixemos plantexar as nosas propostas para que tamén fosen incluídas no POS, pero estas finalmente foron desatendidas polo PP de Muros.

Propostas de Compromiso:

❌Arranxo do camiño de Miraflores (Muros)
❌Arranxo do teito do polideportivo "Xosé Lago" (Esteiro)
❌Beirarúas entre Tal e Abelleira para mellora da seguridade dos viandantes.

Seguimos a traballar na mellora do noso Concello facendo unha oposición responsable aportando ideas e solucións.

Intervención da nosa portavoz María Xosé Alfonso no pleno extraordinario ⬇⬇⬇

28/01/2021

No día hoxe 28/01 ven de celebrarse o pleno ordinario do Concello de Muros, estes son os apoios de Comprosimo ás dintintas propostas:

✅ Apoio á proposta de exención de pago pola instalación de terrarazas na vía pública durante o 2021 ao sector hostaleiro.

✅ Apoio á proposta da concesión de axudas dirixidas aos empresarios e autonomos obrigados a suspender a súa actividade polo estado de alarma.

✅ Apoio á enmenda de modificación da moción presentada sobre da ley de memoria histórica onde se acorda a instalación de placas que recorden a existencia dos campos de concentración de Anido e Vieta. Tamén acordamos a creación dunha comisión para a revisión do nome da rúa "Camiño do Pardal".

✅ Apoio á moción das achegas de axudas ao Fegamp así como tamén instar ás distintas administracións o aumento de aportacións económicas destinadas ao SAF (Servizo de Axuda ao Fogar).

Dirección

Muros

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Compromiso Muros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir