Vilameixide Villameijide

Vilameixide Villameijide Aldea a 3 Km de Navia de Suarna en la Provincia de Lugo, 6 Habitantes permanentes, 21 en total.

Grazas, La Voz de Galicia Lugo/María M. Guntín/Laura López!
12/06/2024

Grazas, La Voz de Galicia Lugo/María M. Guntín/Laura López!

O mestre presentará a súa obra este xoves no IES Lucus Augusti

Por pedir que non quede...  Dende eilí, dende as raíces, que o 2021 veña xeneroso e nos traia saúde e amizade. Algo de a...
23/12/2020

Por pedir que non quede... Dende eilí, dende as raíces, que o 2021 veña xeneroso e nos traia saúde e amizade. Algo de amor tamén se agradecería... De cuartos xa non falo...

As imaxes que aparecen neste videopoema son case todas obtidas en Vilameixide.
04/05/2020

As imaxes que aparecen neste videopoema son case todas obtidas en Vilameixide.

Meu pai é comunista, videopoema incluído no libro+audiovisual Poemas de amor en Outono de Toño Núñez. Ano 2015. Voz: Toño Núñez. Música orixinal: Carlos Díaz...

Catro fotografías de Vilameixide e unha do cemiterio parroquial de Freixís.
17/04/2020

Catro fotografías de Vilameixide e unha do cemiterio parroquial de Freixís.

Un poema dedicado a Vilameixide... "La infancia es la patria del hombre" (Rainer Maria Rilke) . Futuro imperfecto es un ...
13/04/2020

Un poema dedicado a Vilameixide... "La infancia es la patria del hombre" (Rainer Maria Rilke) . Futuro imperfecto es un poema incluido en mi libro Poemas de amor en outono.

Toño Núñez recita o poema "Futuro imperfecto" do libro -Poemas de amor en outono-

SALVEMOS O CASTELO, NAVIEGAS E NAVIEGOS!Dirixido a todas as persoas (especialmente ás naviegas e naviegos, descendentes ...
05/09/2019

SALVEMOS O CASTELO, NAVIEGAS E NAVIEGOS!

Dirixido a todas as persoas (especialmente ás naviegas e naviegos, descendentes ou amantes de Navia, polas razois que sexan) que entendan que a recuperación do castelo é un obxectivo prioritario ie esencial pre nosoutras/os.

Pra presentación do I Encoro Poético e Musical de Navia (11/8/2019) escribín un texto do que entresaco os seguintes parágrafos:

“Con esa idea tamén inventei un nome ficticio dunha posible asociación cultural: IRMANDIÑOS NAVIEGOS AMIGOS DO CASTELO. Quero aproveitar a ocasión pre facer un chamamento a toda a veciñanza que teña unha faragulliña de sensibilidade cara á nosa cultura, cara ó noso patrimonio; que teña un case nada de interese polo que fomos ie polo que somos, ie polo que poderiamos ser, que se sume a unha riada conxunta que esixa que alguén poña remedio a tan tremenda desfeita... Ie tamén se agradecerá muito, claro, todo o apoio que chegue de fóra…

Pobre castelo! Habémolo permitir? Habemos permitir que o noso castelo morra de desleixo? Este castelo non ol fixo ningún conde de Altamira… Non! Ese tal señor mandaría erguelo. Pro, quen de verdade ol fixeron, foron os nosos devanceiros coa súa suor ie, seguro, sangue… Porque, seguramente, custou vidas… Pois… xa é hora de que o castelo, que xunto ca ponte, o riu, a paisaxe, e a nosa fala, constitúen os nosos símbolos máis esenciais, os que mellor nos identifican; xa é hora, dicía, de que este monumento, feito polo pobo, volva ao pobo. E volva cheo de vida. Algún outro edificio podería albergar mellor a nosa Casa do Concello? Algún outro edificio podería albergar mellor un museín etnográfico que guardase o que foi o noso ser, a nosa memoria? Menos mal que Mabel e Javier van por diante… Manaia sexades Javier e Mabel! … Dicía… Algún outro edificio podería albergar mellor unha biblioteca e sala de exposiciois? Algún outro edificio podería albergar mellor un auditorio ou sala multiusos acorde ás necesidades desta comunidade?...?”

Pois ben, dadas as circunstancias ie en chegados a este punto, opino que hai que facer algo xa. Se as autoridades por si soas non se moven, haberá que facelas mover. Polo tanto, todas as naviegas ie naviegos, amantes de Navia, ou calquera persoa que entenda que a recuperación do castelo é unha prioridade pre Navia, que se sume á causa ie que aporte as ideas ou o que sexa pre acadar este obxectivo esencial. Seguramente, a creación dunha asociación de veciñas/os, será imprescindible; o do nome será cuestión de valorar propostas.

En consecuencia, quen sexa partícipe desta idea, que ol faga constar publicamente (vía redes sociais, vía correo electrónico, teléfono, oralmente…) para ver como ir dándolle forma ao proxecto. Quizais sería mui acaído facer algún tipo de xuntanza para falar do asunto aproveitando que van ser as festas patronais.

Nin que dicir ten que, ao meu entender, esta asociación debería ser plural e aberta a toda persoa que quixese participar e colaborar.

Salvemos o castelo, naviegas e naviegos!

6/9/2019

Toño Núñez (Toño do Muxo de Navia)

Tel.: 664 333 496

[email protected]

*** Foto cedida por Isabel Cadenas Pérez
La imagen puede contener: cielo, noche y exterior
2

Los colores de Navia. No es un espejo, es el Río Navia.
23/07/2019

Los colores de Navia. No es un espejo, es el Río Navia.

Freixis
08/07/2019

Freixis

Dirección

A Praza, 1. A Proba, Lugo
Navia De Suarna
27650

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vilameixide Villameijide publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir