CIM Negreira

CIM Negreira Páxina oficial do CIM do Concello de Negreira. Benvidas e benvidos á páxina oficial do CIM do Concello de Negreira.

Estes son os labores que realizamos desde o CIM:

Asesoramento xurídico e atención psicolóxica coa máxima confianza e confidencialidade. Atención a mulleres vítimas de violencia de xénero, informándoas sobre os recursos de Galicia. Comunicación entre as usuarias e os organismos con competencias en materias de muller. Difusión e sensibilización cidadá sobre a igualdade entre homes e mulleres e en

contra da violencia de xénero. Recepción de denuncias e queixas por discriminación de xénero nos ámbitos da publicidade e da comunicación e traslado ao órgano competente. Promoción das actividades e servizos que ofrece a Secretaría Xeral de Igualdade. Se precisas máis información podes contactar connosco a través do teléfono 981 88 63 20 ou no enderezo electrónico [email protected].

✨📘 'Mulleres que viven xuntas', da escritora coruñesa Abril Camino, foi o libro galardoado co Premio Xerais de Novela 20...
05/06/2026

✨📘 'Mulleres que viven xuntas', da escritora coruñesa Abril Camino, foi o libro galardoado co Premio Xerais de Novela 2025.

✈️ A historia arrinca en 1955, cando Isabel, unha nena de menos de dez anos, debe emigrar a Londres tras a morte do seu pai. En 1968 regresa á súa aldea preto de Santiago de Compostela e coñece a Chus, a mestra que coidou da súa nai.

💭 A novela, categorizada como drama e de temática LGTBIQ+, reflexiona sobre as dificultades da orientación sexual nesa época e o peso do silencio a través de diferentes tempos e voces narrativas.

👉 Podes conseguir o libro na Biblioteca Pública Municipal de Negreira.

✨👥 Creadores que sitúan as marxes no centro do relato e fan da cultura un espazo máis libre:✍️ Alana S. Portero🎬 Lola Ro...
03/06/2026

✨👥 Creadores que sitúan as marxes no centro do relato e fan da cultura un espazo máis libre:

✍️ Alana S. Portero
🎬 Lola Rodríguez
🎭 Nando López
📺 Bob Pop

🗣️ Grazas ás súas voces, o imaxinario colectivo faise máis diverso, máis xusto e, sobre todo, moito máis real.

🗣️ 'Actitudes con estereotipo' no transporte público.Cando unha condutora colle o volante dun 🚍 autobús, o que leva é un...
01/06/2026

🗣️ 'Actitudes con estereotipo' no transporte público.

Cando unha condutora colle o volante dun 🚍 autobús, o que leva é unha responsabilidade enorme e unha profesionalidade que non se mide no seu xénero.

Ademais, aproveitar as inercias do bus ou a proximidade da cabina para pegarse excesivamente a alguén buscando un contacto físico 👉 é acoso.

💟 Máis espazo, máis civismo e máis respecto.

💫📖 Venres de recomendación literaria: 'As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936)' da escritora...
29/05/2026

💫📖 Venres de recomendación literaria: 'As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936)' da escritora e investigadora Carmen V. Valiña.

✍️ O libro é un ensaio que rescata do esquecemento as historias das mulleres ingresadas no Sanatorio de Conxo durante cinco décadas. Estas mulleres adoitaban ser vítimas de estigmas sociais por seren pobres, analfabetas ou simplemente por non cumprir coas normas morais da época.

💭💜 A obra inclúe relatos baseados en investigacións reais que dan voz a figuras como as de Amalia, María ou Elena, mulleres que foron silenciadas e cuxas vidas reflicten a subversión e a coraxe ante a marxinación.

👉 Podes conseguir o libro na Biblioteca Pública Municipal de Negreira.

'20.000 especies de abejas' é unha viaxe ao corazón da identidade. 🐝✨As claves para entender o filme:🍯 A colmea como met...
27/05/2026

'20.000 especies de abejas' é unha viaxe ao corazón da identidade. 🐝✨

As claves para entender o filme:
🍯 A colmea como metáfora de coidados.
🏳️‍⚧️ A vivencia como base da identidade.
💗 O matriarcado como eixo da infancia.

Unha historia imprescindible sobre a diversidade e o amor que rompe moldes. 💫🎬

☀️📢 Desde mañá, martes 26 de maio, e ata o 1 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Urbano Respira!📍  E...
25/05/2026

☀️📢 Desde mañá, martes 26 de maio, e ata o 1 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Urbano Respira!

📍 Este desenvolverase nas instalacións do CEIP O Coto e está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 👦👧

📆 Desenvolverase en 6 quendas entre o 22 de xuño e 8 de setembro, en horario de 🕕 8.00 a 15.00 horas.

ℹ️ Toda a información: https://concellodenegreira.gal/es/noticias/inscripciones-en-el-campamento-urbano-respira

🫂 A serie 'Ni una más' rompe co mito do agresor descoñecido e fala sobre a sororidade, o consentimento e a forza de non ...
24/05/2026

🫂 A serie 'Ni una más' rompe co mito do agresor descoñecido e fala sobre a sororidade, o consentimento e a forza de non calar.

As claves da serie son:
👤 A visibilización da violencia sexual en espazos de confianza.
♀️ A sororidade e as redes de apoio.
📱 O impacto das redes sociais.

💜 Unha viaxe cruenta pero imprescindible coa que aprender a cuestionar o sistema.

📕🗣️ Unha nova proposta de venres: '¡Hola, consentimiento!', unha guía inclusiva e directa deseñada principalmente para p...
22/05/2026

📕🗣️ Unha nova proposta de venres: '¡Hola, consentimiento!', unha guía inclusiva e directa deseñada principalmente para preadolescentes e adolescentes.

👉 O libro utiliza un ton distendido e honesto para explorar as "regras invisibles" do consentimento nas relacións e a amizade. Ensina aos mozos que o consentimento non é só un "si" ou un "non", senón unha conversación continua sobre o respecto e a autonomía corporal, abordando situacións cotiás que van desde un abrazo ata a intimidade física. 🫂

💭 Inclúe anécdotas reais de adolescentes, consellos de expertos en saúde e seccións que axudan a identificar límites persoais.

👉 Podes conseguir o libro na Biblioteca Pública Municipal de Negreira.

👩📢 Últimos días para presentar candidaturas ao VIII Premio "Luísa Villalta", dotado con ata 12.500 € por proxecto para i...
21/05/2026

👩📢 Últimos días para presentar candidaturas ao VIII Premio "Luísa Villalta", dotado con ata 12.500 € por proxecto para impulsar a igualdade e a diversidade! 🙌

👉 A convocatoria está aberta a autónomos e empresas con proxectos sociais ou culturais ata o 📆 28 de maio de 2026 ás 🕕 14:00 horas.

ℹ️ Consulta as bases completas en: https://www.dacoruna.gal/igualdade-e-dereitos-civis/area-igualdade/premios-e-concursos/i-concurso-ideas-luisa-villalta-proxectos-culturais-pola-igualdade/

🗣️ No traballo podemos atopar moitas 'Actitudes con estereotipo'...👩‍💻 Cando se percibe a presenza feminina como unha si...
20/05/2026

🗣️ No traballo podemos atopar moitas 'Actitudes con estereotipo'...

👩‍💻 Cando se percibe a presenza feminina como unha simple estratexia de imaxe, 👉 deslexitímase a nosa autoridade e ponse en dúbida a nosa capacidade para afrontar desafíos complexos.

💟 A verdadeira igualdade non consiste en "encher ocos" para cumprir expectativas externas, senón en recoñecer o mérito real e a autonomía intelectual e executiva das mulleres.

Dirección

Rúa Carmen, 3, A Coruña
Negreira
15830

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 17:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981886320

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIM Negreira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a CIM Negreira:

Compartir