09/09/2026
𝟭𝟬𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗨𝗻𝗶𝘁𝗮𝗿𝗶𝗮 🏫
No día de onte celebrouse o centenario da creación da Escola Unitaria de Aro, financiada polos emigrantes da Unión Barcalesa de La Habana.
A pesar dos datos de baixa natalidade e despoboación das zona rurais, segue a funcionar con preto de2️⃣0️⃣ nenos e nenas 👧🧒.
Ao acto acudiron os concelleiros Mario Barreiro, Mar García, Teresa Duro e o alcalde Manuel Ángel Leis así como algunhas das mestras que deron clase nos últimos anos e a docente actual Sandra Albor.
O acto estivo dirixido polo historiador X. Amancio Liñares que abriu o turno de intervencións para despois facer o descubrimento dunha placa conmemorativa.
📸 Concello de Negreira