BNG Nigrán

BNG Nigrán Eis aquí a páxina do Bloque Nacionalista Galego en Nigrán. Local na Rúa dos Argonautas n°34, entrechán 2. A Ramallosa.

Xavier Rodríguez Fernández: “A Xunta abandonou a un dos concellos do país con máis dificultade de acceso á vivenda á súa...
02/06/2026

Xavier Rodríguez Fernández: “A Xunta abandonou a un dos concellos do país con máis dificultade de acceso á vivenda á súa sorte, pero ao mesmo tempo Nigrán non pode estar obtendo uns aproveitamentos urbanísticos, xa sexa en solo ou en fondos, sen facer nada ao respecto”.

{ size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent } a:link { color: #000080; so-language: zxx; t...

Milleiros de persoas non poden acceder a unha vivenda digna ou son expulsadas das súas casas e barrios. Queremos máis vi...
01/06/2026

Milleiros de persoas non poden acceder a unha vivenda digna ou son expulsadas das súas casas e barrios.
Queremos máis vivenda pública, alugueiros regulados e poñer freo á especulación. A vivenda é un dereito e os poderes públicos teñen que actuar para garantilo.

Hoxe estivemos en Vigo, xunto a milleiros de persoas na manifestación contra o desfile militar, o aumento do gasto e a p...
30/05/2026

Hoxe estivemos en Vigo, xunto a milleiros de persoas na manifestación contra o desfile militar, o aumento do gasto e a propaganda de guerra!

Este sábado Vigo ten unha cita coa paz e coa dignidade de Galiza. Frente á exaltación do militarismo, fronte ao aumento ...
28/05/2026

Este sábado Vigo ten unha cita coa paz e coa dignidade de Galiza. Frente á exaltación do militarismo, fronte ao aumento do gasto en armas mentres faltan recursos para a sanidade, a educación ou os servizos públicos, a veciñanza galega ten que responder nas rúas cunha mensaxe clara: queremos paz, soberanía e dereitos. Por iso chamamos a participar masivamente na manifestación convocada por Galiza pola Paz este sábado 30 de maio en Vigo. En defensa dunha Galiza de paz e non de guerra. Nin OTAN, nin gastos militares.

25/05/2026

🚨 MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O GASTO MILITAR E A EXHIBICIÓN MILITAR ESPAÑOLA:

Sábado 30. 12h. Saída Vía Norte (Vigo).

🕊️ NA GALIZA: PAZ, SOBERANÍA, DEREITOS.


25/05/2026

🚨 CO BNG, GALIZA GAÑA!

17/05/2026

Feliz día das Letras Galegas.

16/05/2026
15/05/2026

Para o BNG nunca será a mellor solución facer unha contratación externa para unha tarea que debería esrar reservada á función pública tal e coma dí o noso portavoz municipal, Xavier Rodríguez Fernández, neste video tamén queda demostrado a forma de gobernar do PSOE de Nigrán e do goberno municipal facendo o que se presenta nas mocións xusto antes de que estas cheguen ao pleno para así levar eles o mérito e rédito.

📢 O galego non se defende só: deféndese na rúa!Este domingo 17 de maio temos unha cita coa nosa lingua, coa nosa identid...
12/05/2026

📢 O galego non se defende só: deféndese na rúa!

Este domingo 17 de maio temos unha cita coa nosa lingua, coa nosa identidade e co futuro de Galiza. Dende o BNG de Nigrán animamos a toda a veciñanza a participar na manifestación en Santiago de Compostela baixo o lema “O galego, lingua vital”.

🗣️ Porque o galego é máis ca unha lingua: é cultura, é historia, é pobo.
🗣️ Porque cada paso que damos xuntas e xuntos é un paso contra a súa desaparición.
🗣️ Porque non imos permitir que nos rouben o que é noso.

🚍 Haberá autobuses desde o Val Miñor para facilitar a asistencia. É o momento de facer forza e de dicir alto e claro que queremos vivir en galego.

💥 Enchemos Santiago de dignidade e de futuro!

Dirección

Rua Dos Argonautas Nº34
Nigrán
36370

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Nigrán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir