07/03/2026
Poio dá un paso máis cara a un urbanismo “útil, accesible e transparente” co primeiro Inventario de Camiños.
👉O Concello de Poio recibe a versión provisional desta ferramenta, que permitirá identificar con claridade os viais públicos do municipio, con información completa de cada vial para técnicos e veciñanza.
👉O documento, froito de varios meses de traballo técnico e de campo, será presentado á aprobación inicial do Pleno nas próximas semanas e someterase a exposición pública para que a veciñanza poida revisalo e presentar alegacións .
🗣 Ángel Moldes expresa a satisfacción de poder comezar a traballar con documento “tremendamente útil para todos: administracións e particulares, técnicos e veciños” , e destaca que o inventario de camiños enlaza coa estratexia de modernizar e facer máis accesible un área complexa como o urbanismo e “poñelo ao servizo da xente”.
🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade