Asociación Avante

Asociación Avante Páxina de Facebook do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Avante, en Niveiro, Val do Dubra

Servizo sanitario inscrito có número C-15-003148

Avante nace en 1982 baixo o nome de "Asociación de Minusválidos Valle del Dubra". Posteriormente no 2007 pasou a chamarse Asociación de Persoas con Discapacidade Avante. Actualmente, a Asociación xestiona o Centro de Día, o Centro Ocupacional e a vivenda tutelada.

🎬🍿 Onte desfrutamos dunha fantástica mañá na Festa do Cine!Tivemos a oportunidade de asistir  á proxección de "Michael",...
10/06/2026

🎬🍿 Onte desfrutamos dunha fantástica mañá na Festa do Cine!

Tivemos a oportunidade de asistir á proxección de "Michael", mentres que outro viron "The Mandalorian".

Pero, se somos sinceros... 😜 o que máis nos gusta destas saídas é o momento da comida! Desfrutamos dunha deliciosa comida no restaurante Cambalache, compartindo conversas, risas e moi bos momentos arredor da mesa. 🍕🍝🥗

Foi unha xornada chea de diversión, convivencia e experiencias que nos permiten seguir creando recordos xuntos.



Seguimos formándonos para ofrecer unha atención de maior calidade.Na xornada de hoxe, o equipo do centro tivo a oportuni...
22/04/2026

Seguimos formándonos para ofrecer unha atención de maior calidade.
Na xornada de hoxe, o equipo do centro tivo a oportunidade de participar nunha formación especializada en dano cerebral adquirido, impartida por unha psicóloga experta neste ámbito en Santiago de Compostela.
Afondamos no coñecemento do antes, durante e despois de diferentes situacións como o ictus, o traumatismo cranioencefálico, os tumores cerebrais e outras causas que poden dar lugar a dano cerebral adquirido. Esta formación permitiunos comprender mellor os procesos, as necesidades das persoas usuarias e as ferramentas de intervención máis axeitadas en cada fase.
Queremos agradecer a Dano Cerebral Santiago de Compostela por compartir coñecementos e esta experiencia connosco. 🤝


Dirección

Costa Nariño S/n
Niveiro
15873

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 17:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Avante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir