PSdeG-PSOE Nogueira de Ramuín

PSdeG-PSOE Nogueira de Ramuín Agrupación Municipal PSdeG-PSOE e Independentes de Nogueira de Ramuín. Xuntos para Mellorar Noguei

Como se nota que veñen eleccións...Un gran proxecto, algún letreiro novo, dúas marquesinas e un par de farolas, e... a c...
02/11/2022

Como se nota que veñen eleccións...

Un gran proxecto, algún letreiro novo, dúas marquesinas e un par de farolas, e... a ch**ar outros cuatro anos.

Pero coma sempre chegan tarde. Xa o pedíamos nós no 2017 e rexeitárono en Pleno.

Eso si:

- Seguirán presionando a xente ao levalos nos seus coches, ou a entrada dos colexios electorais.

- As aldeas SEGUEN SEN LIMPAR, AS DEPURADORAS SEN FUNCIONAR, AS TUBERÍAS DE ABASTECEMENTO REVENTANDO A DIARIO,

- A XENTE DAS ESCOLAS DEPORTIVAS SEN LOCAIS AXEITADOS, PAGANDO ALQUILERES MENTRAS QUE POLO ANTIGUO MULTIUSOS (agora residencia de maiores), reciben 98€ MENSUAIS DE ALUGUEIRO.

- OS TURISTAS NON PARAN EN LUÍNTRA E VANSE A OUTROS DESTINOS SIN QUE FAGAN NADA POR RETEÑELOS...

E así poderíamos seguir, pero eles, coa foto, xa CUMPREN.

QUE TRISTE FUTURO PARA ESTE CONCELLO!!!

23/07/2022

Dende o Grupo Municipal Socialista queremos amosar a nosa preocupación polo secretismo co que se está a actuar no trenciño que se pretende poñer a funcionar dende o San Roque ata o mosteiro de Santo Estevo para baixar aos visitantes, iso si, previo pago.

Non sabemos que estudios de movemento de visitantes se fixo, nin de costes ou rendibilidade.

Non sabemos cómo se vai a licitar ou si como é costume nesta alcaldía, se lle dará a explotación a algún dos seus amigos (cousa mais que probable).

Non sabemos baixo que criterio se leva adiante. Ingresos para as arcas municipales?
Criterios medioambientais? Ou simplemente negocio para os amigos, e para que poidan colocar os seus gregarios?

Estaremos atentos e vixiantes ante calqueira maniobra caciquil das que acostumbran a facer dende sempre.

Temos o Concello paralizado por causa das leas internas do PP...a veciñanza merece moito máis!
02/03/2022

Temos o Concello paralizado por causa das leas internas do PP...a veciñanza merece moito máis!

O PSDEG-PSOE DE NOGUEIRA DE RAMUÍN DENUNCIA A PARÁLISE TOTAL QUE SOFRE O CONCELLO DA MAN DUN PP CENTRADO EN LEAS INTERNAS E  QUE DEIXA DE LADO OS INTERESES DA VECIÑANZA Os socialistas afirman …

16/11/2021

O Alcalde e o seu grupo queren finalizar o convenio con J. J. Consulting para o cobro do IBI e tributos municipais, para que pase a facelo a Deputación.

Con eso, vai pasar que SE ACABA o de que veñan polos pobos durante o periodo voluntario de cobro para que os veciños podamos recoller os recibos. A Deputación mandará unha carta de pago, e terase que facer efectiva na oficina bancaria, CAS CONSEGUINTES COLAS E INCOMODIDADES.

NON ESTAMOS DE ACORDO en que desvíen un traballo ben feito á Deputación, para seguir dándolle postos aos seus amigos.

Acude ao pleno mañá mércores ás 9:30 horas, para amosar o teu descontento!!!!😤😤😤

Consiguen 100.000€ para derrubar o antigo centro médico e facer unha praza.Que vergoña que en vez de reformalo e facer u...
19/10/2021

Consiguen 100.000€ para derrubar o antigo centro médico e facer unha praza.

Que vergoña que en vez de reformalo e facer un centro de actividades para os veciños, opten por desfacerse doutro inmoble municipal mais.

Seguimos sin ter un salón de actos, sin salas para cursos nin para calquera outra actividade, e o que é mais triste, DESFACERSE DOUTRA PROPIEDADE DO CONCELLO a cambio de nada.

Para que é necesaria unha praza?
Non é mellor rehabilitalo e deixar nel a oficina de Turismo?

Acaban con TODO. Primeiro as casas de Espartedo e agora o centro médico vello.

Eso sí, seguirán pagando alugueres mentras desmontan o patrimonio de todos!!

20/06/2021

Pleno do 9/6/2021.
O orden do día foi:
*Aprobación da acta anterior.
*Aprobación do plan de seguridade das presas do Concello, no que se nos comunica que se chamou a presidentes de AAVV, Protección Civil, empresarios, e varios colectivos mais, sin embargo a nos, non nos avisaron, e agora piden que o votemos, polo que nos ABSTEMOS.
*Plan de seca para o Concello.
Como tampouco participamos na redacción, ABSTEMONOS.
*Rogos e preguntas.
Cómo sempre, e eiqui onde lle pomos deberes e lle pedimos actuaciós.

Empezamos amosando a nosa decepción polo retraso que ten que "facer" a Xunta na solicitude de Patrimonio da Humanidade para a RIBEIRA SACRA, pola mala e erronea planificación.

Recordamoslle que en Casdecid, a TV sigue sin verse correctamente. Que as beirarruas siguen ca plaqueta levantada. Que a estrada se limpou 40 cm por cada lado, pero nunca por detrás da valla de protección, polo que quedou bastante deficiente. Que siguen sin poder conectarse a fibra óptica.

Preguntamos porque o noso concello non se sumou o acordo SEAGA_FRGAMP, cómo SI fixeron outros 42, para a limpeza de fincas a precio reducido. NON DIRON RESPOSTA.

Pedimos a limpeza de camiños nos pobos para poder ter acceso as fincas, xa que e todo maleza.

Reconocemos a envexa que nos producen os Concellos que compran propiedades para rehabilitar e traer poboacion, cando o noso, VENDE TODO. Contesta o Alcalde, que no último ano, somos 79 veciños mais, o que lle respondo, que e polo COVID, non porque eles fixeran nada. E xa que falamos de patrimonio, recordamoslle que tras "regalarlle", por 98€ o
mes o multicentro o seu amigo de COVIASTEC, non hai un local onde poder levar a cabo algunha actividade, polo que ESIXIMOS a rehabilitación da antiga casa dos médicos, antes de que se derrube, e se convirta no CENTRO SOCIAL do Concello.

Queixámonos que a fibra óptica quede a entrada dos pobos, e logo, si se quere instalar, hai que por mais postes e cableado, o que produce un FORTE impacto VISUAL, non sendo o mais adecuado para atraer turismo, polo que pedimos se teña un pouco de SENSIBILIDADE dende o Concello, e se soterre a maior cantidade posible de cableado.

Que se limpou de herba a entrada das aldeas, pero dentro delas, sigue sendo unha selva, polo que pedimos se limpe tamen.

Preguntamos polas axudas a Concellos de menos de 5000 habitantes para axuda de saneamento,xa que nalgun sitio non funciona, e noutros, ten que mellorar. Neste plan tamen se recolle o abastecemento, o cal e moi antigo e rompe por todolos sitios. En Requeixo de Armariz, en 89 metros, hai 8 buratos de reparación, e con unha reposición bastante deficiente. Contestaron que habían solicitado as dúas axudas as que poden aspirar.

Preguntamos cómo afecta o parque eólico programado a Cerreda, e contesta que solo pasará un cableado, que non hai previsto colocar aeroxeneradores.

Preguntamos pola limpeza dos laterais do regato dende o vello cuartel da Guardia Civil ata Baldomar, para o que eu trouxera impreso para solicitar permiso na CHMS. Non contestaron.

Volvemos a solicitar medicions de gas RADÓN no noso Concello, xa que somos de risco alto, e seguen sen facer nada.

Queixamonos do esperpento visual que se lle permitiu ao bar Cabanas na terraza que habilitou, xa que se lle deixou botar unha planchada de cemento,con plaqueta por enrriba, e pedra serrada ao redor. A parte que o toldo non sigue a estética dos outros 3 que xa había. Contesta o Alcalde, que xa saben que si ven a volta ciclista, ou algo así, que o teñen que levantar!!😨.

Recordamoslle que no pleno de 19/2/2021 se lle pediu que se buscaran, acondicionaran, e sinalaran as tomas de incendios nos pobos, e ainda non se fixo, cando o risco de incendios está a volta da esquina. RECOÑECEU QUE NON SE FIXERA NADA.

Tamén lles recordamos que hai algún pobo que está pagando saneamento, cando non se lle depuran as residuais.

E tamén, que está sin crear a comisión para cambiarlle o nome a rua Circunvalación por o de Roberto Soto, cómo propuxemos dende o PSOE.

A todo esto hai que sumar que non se nos contesta a ningún escrito dos que temos presentados, polo que lle advertimos que non se extrañe si en algún momento facemos algunha medida de presión ou reclamación xudicial.

Transmitímoslle que siguen sin traballar con ningún tipo de previsión nin planificación, que van parcheando o que vai aparecendo, pero sin facer nada mais. A o que contesta o Alcalde, que xa se farán cousas, que xa o veremos.
🙆‍♂🙆‍♂🙆‍♂ Boa maneira de levar un Concello.

Si se asombran por esto... se veñen a dar unha volta con nós, CHORAN!!!
06/05/2021

Si se asombran por esto... se veñen a dar unha volta con nós, CHORAN!!!

Agardamos que o alcalde se entere, para ter un saneamento decente!!
29/03/2021

Agardamos que o alcalde se entere, para ter un saneamento decente!!

A Xunta convoca axudas por importe de 4 M€ destinadas aos concellos de menos de 5.000 habitantes para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración

16/03/2021

Como non se lle da cobertura aos plenos, alomenos nós, vamos dar conta dos rogos e preguntas que facemos nos mesmos.

No que se celebrou o 19/02/21, preguntamos o seguinte:

1.Cando nos van a contestar os escritos que temos presentado, algún xa fai mais de un ano.

2. Revisar e reparar as bocas de incendios en tódalas aldeas e a súa sinalizacion.(Nesto están dacordo).

3. Qué axudas se deron aos negocios e autónomos do concello pola merma de ingresos pola COVID? A contestación foi que non se deu ningunha, só que non se lle cobrou aos bares a taxa de terrazas.

4. Retirar os postes de madeira nos sitios onde se puxeron de cemento e non os retiraron no seu día. (Está petición é a terceira vez que a facemos).

5. Arranxo das plaquetas soltas nas beirarrúas de Casdecid, e a limpeza das mimosas nos laterais da estrada. (A Xunta limpou ata Melias, e ali parou). Eiqui pediu o Alcalde que o acompañase a reclamar, ao que se lle dixo, que non ten mais que dicilo e non hai ningún problema.

6. Axeitado tratamento das augas do saneamento das aldeas.

7. Si teñen previsto algunha promoción municipal de vivendas para atraer veciños e aumentar poboacion. Contestación: Non hai terreos onde facer unha urbanización,e mercalos, costaría cartos. Nós nunca falamos de urbanización, si non, de facelo nas aldeas, para que estas non queden valeiras.

8. Cómo está a fibra óptica no Concello? Según contestación do Alcalde, xa está instalada, e pronto viran os comerciales da empresa a ofertar o servicio). A día de hoxe, 16/3/21, seguimos sin dispoñer do servizo. Ainda que o Concello non foi quen fixo a instalación, senón o Goberno Central, ten que ser quen esixa se cumpran os prazos e se poña en funcionamento.

9. Vai instalar o Concello Wifi nas zonas mais turísticas para atraer un turismo de calidade? Respostan que xa están contactando con operadoras para ver as posibilidades.

10. Postura da Alcaldía ante a instalación de aeroxeneradores do parque eólico proxectado no monte comunal Chao de Ramiscas, en Cerreda. Respostan que non tiñan nin idea de que se fose a facer. Paseille o proxecto, pero a día de hoxe, seguimos sin saber a sua postura.

Como vedes, seguimos sin ter quen traballe polos veciños deste Concello!!!

Cómo temos o COVID no noso concello? Porque nunca hubo transparencia dende o comezo da pandemia?Nestes momentos (Domingo...
28/02/2021

Cómo temos o COVID no noso concello? Porque nunca hubo transparencia dende o comezo da pandemia?

Nestes momentos (Domingo 28 de febreiro) ningún, pero sería desexable que o Concello comunícase aos seus veciños esta información diariamente, sen ter que andar a buscalo noutras fontes.

Unha medida que se ven facendo noutros concellos e que consideramos de gran importancia para un coñecemento actualizado da situación.
..e cuarta noite sen luz pública en Armariz...

Tres noites sen luz pública en Armariz!Xoves, venres e hoxe sábado, levamos sin luz pública na parroquia de Armariz. Seg...
27/02/2021

Tres noites sen luz pública en Armariz!

Xoves, venres e hoxe sábado, levamos sin luz pública na parroquia de Armariz. Según o Alcalde, é un problema de Naturgy (Fenosa), que xa coñecían onte pola tarde.

Parece que só servimos para que nos enchan os ríos de encoros e os montes de aeroxeneradores, pero o servicio, segue a ser tercermundista. E sin que lle esixan responsabilidades quen o ten que facer!!

23/02/2021

Non vale a proposta do PSOE

No pleno do día 26/11/2020 tómase o acordo para porlle un novo nome a estrada que vai dende Taller Leites, pasando por diante do chalé Castelo, e chega ata a residencia de maiores, pois está con tres nomes diferentes. Acórdase chamarlle Circunvalación.

Dende o PSOE, pensamos que debía chamarse ROBERTO SOTO, na honra de quen puxo este concello no mapa, e xerou riqueza co Rally Ribeira Sacra. Falamos con un familiar, e non puxo impedimento, polo que o día 7/12/2020, presentamos un escrito para tratar esta Moción no próximo pleno, e aprobar o nome ROBERTO SOTO, en vez de Circunvalación.

Ese pleno celebrouse o pasado 19/2/21, e o tratar dita Moción, o grupo popular argumenta, que lle queren facer unha homenaxe no próximo Rally, e colocar un monolito ou estatua na praza do afiador.

Nos, estamos de acordo con todo eso, pero que non e un impedimento para porlle o nome a rúa. Exemplos de sobra hai en Ourense: Otero Pedrayo, Blanco Amor, Ramón Cabanillas e Valle Inclán, Padre Feijoo....Cerraronse en banda de que non e o momento nin o sitio, e o único que conseguimos, foi crear unha comisión para traballar nelo, pero pensando noutra rúa.

Que pena que non sirva a proposta ca que están de acordo moitos veciños, solamente por presentala o Grupo Municipal SOCIALISTA.
Cómo sempre,desprecian as ideas dos demais, ainda que sexan boas, porque miran os seus intereses e non os dos veciños.

Nos,como sempre, seguiremos defendendo as nosas ideas e os intereses dos veciños e veciñas deste concello.

Dirección

Nogueira De Ramuin
32160

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Nogueira de Ramuín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir