Alá polos finais dos anos vinte do pasado século, corría pola Vila de Noia unha copla que aínda hoxe é popular e por todos moi coñecida e cantada:
murmurando siempre del trabajador”
Parece ser que estes murmuradores dos que fala a popular copla noiesa, foron a semente do que é hoxe a nosa Sociedade Liceo. Así, o 28 de agosto do ano 1928 fundouse a Sociedade Liceo, sendo o seu primeiro presidente D. Luis Rivas Rego, instalándose no piso alto do que daquela era a ferraxería de Rivas, a carón do pazo dos Acosta, onde hoxe está a Armería Romaní, constando de 45 socios que aboaban unha cota de 2 pesetas mensuais, e coa que iniciaron a súa andadura.
A historia da Sociedade Liceo de Noia está intimamente ligada a agosto, un mes no que se produciron algúns dos acontecementos máis importantes da súa longa traxectoria. En 1961 comezaron as obras da súa sede no lugar que aínda ocupa na actualidade, logo de pasar moitísimos anos na histórica sede da Porta da Vila.
Máis de dúas décadas despois, en 1987, ese mesmo inmoble reabría as súas portas tras unha ambiciosa remodelación que dotou á entidade de «as instalacións máis completas e mellor dotadas da comarca», rezaba a crónica publicada en La Voz de Galicia entón.
Co paso dos anos a Sociedade Liceo foi medrando tanto en número de socios coma en repercusión e influencia na nosa comarca,chegando a ser un referente cultural, social e recreativo tanto da Vila de Noia coma da comarca, contando na actualidade con preto duns 3000 socios, ademáis dos beneficiarios, todos eles alma e corazón da entidade.
Nela teñen lugar dun xeito maís ou menos regular toda unha serie de actividades tanto deportivas coma culturais, de ocio, e tamén unha ambicios programación cultural adaptada aos diferentes sectores da masa social. Tamén dispón dunha área recreativa en Ceilán, no termo municipal de Outes, e a carón do río Tambre, un enclave natural maravilloso onde o socio atopa un espazo de lecer, de poder facer deporte ou simplemente pasar unha xornada familiar ou na compañía dos amigos.
O Liceo xa ten 91 anos, e ao longo da súa existencia superou vicisitudes e tempos difíciles como foron unha Gerra Civil, unha posguerra, unha dictadura...pero o Liceo sempre estivo en pé gracias á implicación e ao esforzo dos socios. Vivimos de novo tempos de incertidumbre por mor dun enemigo invisible, dun enemigo que se atopa na fronteira entre o ser vivo ou o ser inerte, e que seguro vai ter moitísima influencia no devir das nosas vidas, pero tamén seguro que o Liceo superará esta etapa coa axuda de todos os socios e socias que formane esta gran familia que é a nosa Sociedade Liceo de Noia
Noia, Abril de 2020, na pandemia do COVID-19
(de “Historia do Liceo” de R. Carredano e El Liceo de Noia sopla 91 velas con salud de hierro, artigo de M. Gómez en LA VOZ DE GALICIA do 27/08/2019)