29/05/2026
𝗥𝗲-𝗿𝗲-𝗿𝗲 𝗶𝗻𝗮𝘂𝗴𝘂𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗔𝗹𝗯𝗲𝗿𝗴𝘂𝗲 𝗱𝗲 𝗡𝗼𝗶𝗮
🎉 Hoxe asistimos á terceira ou cuarta inauguración que o Bipartito de fai do “Portus Apostoli de Noia”… o que vén ser o albergue de peregrinos da Chaínza de toda a vida. Debe ser que dende o Concello pensan que, como lle cambiaron o nome, xa o poden re-re-re inaugurar.
📸 A foto que acompaña a esta mensaxe, de 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟱, é a imaxe da inauguración real do albergue por parte da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, a directora xeral do , Paz Rodríguez, a delegada da Xunta de Galicia, Belén Do Campo Piñeiro, e o alcalde Santi Freire. Un proxecto impulsado polo Goberno do Partido Popular de Noia xunto ao GDR Deloa, ao abeiro da intervención .
🔌O inmoble estaba listo, só á espera da súa conexión aos servizos básicos. Unha conexión que o desgoberno de Noia atrasou case un ano. Pero, tras a visita do Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago, o colleulle o gusto á e vendeu en menos dun mes: a cesión do albergue, a firma da cesión, a apertura das instalacións e a chegada dos primeiros peregrinos… E hoxe, volven “inaugurar” o albergue porque decide chamalo “Portus Apostoli”...
🥳Semella que ao final lle colleron o gusto a un proxecto que rexeitaban cando estaban na oposición. Agora, estarán xa pendentes da chegada do peregrino número 100 e do 500... e do 1.000 para facer máis celebracións. Non en van levan meses sen facer nada... e os proxectos xestionados polo comezan a acabarse, por moito que dilaten no tempo a súa execución para que pareza que foron actuacións súas. 🎊
👏 Parabéns á Fraternidad Internacional del Camino de Santiago - FICS e á Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia polo seu labor promocional da nosa vila e do noso ..