Concello de Oleiros

Concello de Oleiros Páxina oficial de facebook do Concello de Oleiros

📗📙 Programa de reforzo e apoio educativo (PRAEMO) para alumnado de primaria e secundaria 👉👉👉O programa de reforzo e apoi...
08/09/2026

📗📙 Programa de reforzo e apoio educativo (PRAEMO) para alumnado de primaria e secundaria

👉👉👉O programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros (PRAEMO) volverá comezar a finais de outubro. Estas clases ofértanse para o alumnado de 4º de primaria en diante e de toda secundaria.

As sesións comezan a semana do 19 de outubro e prolónganse ata a do 14 de xuño do ano próximo. Terán lugar en Santa Cruz, Nós, Mera e Perillo, aínda que se nalgunha das ubicacións non se acada un mínimo de alumnado poderanse reagrupar sedes.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do 30 de setembro cubrindo a ficha de inscrición na web e enviándoa por correo a [email protected] ou presencialmente na Fábrica.

Esta oferta de aulas de reforzo procuran que aumente o éxito académico no colexio ou instituto, que o estudantado se sinta máis interesado polas clases, que as persoas que acudan poidan incorporar na súa vida hábitos e técnicas de estudo, así como reforzar as aprendizaxes na aula.

🥈David Rama, subcampión de Europa de patinaxe artística. Parabéns 👏👏👏👏
08/09/2026

🥈David Rama, subcampión de Europa de patinaxe artística. Parabéns 👏👏👏👏

🥇🎾 Paula García Tenorio, campioa galega de tenis en +35. Parabéns 👏👏👏👏👏
08/09/2026

🥇🎾 Paula García Tenorio, campioa galega de tenis en +35. Parabéns 👏👏👏👏👏

📚🗣 O Concello organiza tertulias litearias nas bibliotecas de Rialeda, Santa Cruz, Oleiros e Mera👉👉👉O Concello de Oleiro...
08/09/2026

📚🗣 O Concello organiza tertulias litearias nas bibliotecas de Rialeda, Santa Cruz, Oleiros e Mera

👉👉👉O Concello de Oleiros retoma a organización das tertulias literarias nas bibliotecas. En total serán 8 grupos cun total de 140 prazas, nas bibliotecas Central (Rialeda), Santa Cruz, Mera e Oleiros. As persoas interesadas poden inscribirse entre o luns 21 e o venres 25 de setembro.

Nestas tertulias coméntanse obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado no período que abarca desde outubro ata xuño. O programa ofrece sesións quincenais, na Central Rialeda e Santa Cruz, ou mensuais, en Santa Cruz, Mera e Oleiros. Hai horarios de mañás ou tardes para adaptarse a todo tipo de público. A actividade diríxese a persoas maiores de 18 anos.

Poden realizarse as inscricións a través da web municipal e recibir máis información nas propias bibliotecas públicas da rede municipal. As persoas solicitantes que non obteñan praza inicialmente pasarán a formar parte dunha lista de agarda por se existen renuncias ou vacantes posteriores.

🥉 Manu Taibo, bronce no Campionato de España de patinaxe de velocidade en 10.000 puntos. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏
07/09/2026

🥉 Manu Taibo, bronce no Campionato de España de patinaxe de velocidade en 10.000 puntos. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏

🥉Andrea Boedo, bronce no Campionato de España de patinaxe de velocidade en 300 metros. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏
07/09/2026

🥉Andrea Boedo, bronce no Campionato de España de patinaxe de velocidade en 300 metros. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏

🥾 ANDARES POR GALICIA || Ruta de pena Guímara na Fonsagrada📆 26 de setembro✍️  Preinscricións: a partir do luns 14 de se...
07/09/2026

🥾 ANDARES POR GALICIA || Ruta de pena Guímara na Fonsagrada

📆 26 de setembro

✍️ Preinscricións: a partir do luns 14 de setembro ás 10.00 horas na Sede Electrónica

O vindeiro sábado 26 de setembro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, cunha ruta pola Fonsagrada.

A ruta discorre por camiños e antigas corredoiras, algunhas á beira do río, que retornan ao pasado amosando mostras etnográficas e culturais abondosas: muíños, corripas, carboeiras, algunha serraría... e paisaxes de montaña formadas por bosque autóctono e coloristas uceiras. Iníciase na aldea de Vilardíaz, punto máis elevado do percorrido e desde aquí a ruta descende cara ao val do río Logares envolto na espesura do bosque caducifolio, pasando pola aldea de San Martiño de Robledo, aldea abandonada de Romeán, senda a carón do río para g***r finalmente da montaña e das boas panorámicas do val do río Veiga de Logares e os bosques de Carballido. A ruta finaliza cunha visita cultural ao Museo da Fonsagrada.

👉 Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

📲 As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do a partir do luns 14 de setembro ás 10.00 horas.No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

https://www.oleiros.org/es/actividades-culturales/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/2730539

No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 14 de setembro ás 10.00 horas e o mércores 16 ás 14.00 horas.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico [email protected].

🥈 Raul Couto, subcampión España de patinaxe de velocidade en 10.000 puntos. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏
07/09/2026

🥈 Raul Couto, subcampión España de patinaxe de velocidade en 10.000 puntos. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏

🥉 Raul Couto, medalla de bronce no Campionato de España de patinaxe de velocidade en 15.000 eliminación. Parabéns 👏 👏 👏 ...
06/09/2026

🥉 Raul Couto, medalla de bronce no Campionato de España de patinaxe de velocidade en 15.000 eliminación. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏

🏆⚽️ Atlético San Pedro, campioas da Copa Deputación. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏
06/09/2026

🏆⚽️ Atlético San Pedro, campioas da Copa Deputación. Parabéns 👏 👏 👏 👏 👏

Dirección

Praza De Galicia, 1
Oleiros
15173

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Oleiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría