Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros

Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros Páxina dos Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros coa finalidade de informar, orientar e compartir contido de interese para as veciñas e veciños de Oleiros

🟣
10/06/2026

🟣

🟣 O Concello instalará o Punto Violeta nas Festas de Dexo

Con motivo da celebración esta fin de semana das festas de San Antón en Dexo, o Concello instalará Puntos Violeta as noites do venres 12 e sábado 13, de 23 a 3 horas; coa finalidade de seguir traballando activamente, como ata o de agora, na prevención e actuación fronte as violencias se***is, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que poidan darse.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.

09/06/2026

### MERENDIÑAS 2026

### anos de Merendiñas!!!Grazas a todas as persoas colaboradoras e moitas grazas a todos os veciños e veciñas que viñéch...
07/06/2026

### anos de Merendiñas!!!
Grazas a todas as persoas colaboradoras e moitas grazas a todos os veciños e veciñas que viñéchedes a disfrutar doutras Merendiñas máis... vémonos no 2027🥹😄

Infinitas GRAZAS 👏👏👏👏

👍👍👍 A Romaría das Merendiñas non tería sido posible sen as 100 persoas que colaboraron co Concello durante toda a xornada. A boa organización e a excelente predisposición das persoas voluntarias e dos traballadores e traballadoras municipais fixo posible servir a comida nun tempo récord e lograr que todo funcionase correctamente. Moitísimas grazas!

04/06/2026
02/06/2026

🟢🟢O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas

👍👍👍 Todas as persoas maiores de 65 anos están convidadas a participar na Romaría das Merendiñas que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 13:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Para poder acceder á festa é imprescindible presentar a invitación que recibiron ou recibirán estes días nos seus domicilios.

O menú será o tradicional composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira e queixo con marmelo. Antes e despois da comida haberá música e baile, coa Banda de música municipal, co dúo Xilo e Carlos e os solistas María José Pereira e Arturo.

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e no desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.

30/05/2026

🥾🥾 Máis dun centenar de veciños e veciñas participaron na ruta "Camiñando por Oleiros", a primeira das saídas de sendeirismo do programa municipal Ven e descubre. O percorrido, de 13 km de distancia polas parroquias de Iñás e Nós combinou envellecemento activo, patrimonio e natureza, unha actividade creada polo Goberno municipal para promover a saúde, a socialización e o coñecemento do patrimonio local.

Debido á grande acollida da iniciativa e para garantir a calidade e seguridade do percorrido, a ruta organizouse en tres xornadas os días 19, 26 e 27 de maio, distribuíndo aos participantes nun total de tres grupos. Esta estrutura permitiu que os maiores gozasen da experiencia de xeito cómodo e adaptado ao seu ritmo por camiños e paseos do municipio.

A ruta "Camiñando por Oleiros" centrouse nesta edición nun trazado de enorme riqueza arquitectónica, etnográfica e social . Ao longo do percorrido polo concello, os participantes transitaron por espazos públicos singulares como o paseo fluvial de Nós-Iñás, os bosques e fragas de Nós e Iñás, os xardíns da Finca Las Cadenas.... Durante as camiñadas, as persoas participantes tamén recibiron explicacións etnográficas e visitaron elementos clave do patrimonio hidráulico e preindustrial de Oleiros, como o histórico muíño de carbón e os lavadoiros tradicionais, esenciais para lembrar os oficios e a vida comunitaria de outrora.

As persoas participantes compartiron os seus recordos en primeira persoa e falaron da historia viva que experimentaron nos muíños, fontes e lavadoiros visitados. O intercambio de vivencias sirve como un exercicio fundamental para recuperar a memoria social e comunitaria de Oleiros, lembrando os antigos oficios e as relacións de convivencia de outrora.

Iniciativas como o programa Ven e descubre demostran que a recuperación deste patrimonio non consiste só en restaurar pedras, senón en escoitar os testemuños das persoas que os utilizaron. Cando os maiores de Oleiros lembran e relatan as historias vividas nesas contornas, reconectan á comunidade coas súas raíces. Salvagardar a memoria dos lavadoiros e das fontes é protexer a esencia da nosa solidariedade veciñal e da identidade comunitaria.

30/05/2026

💃 BAILE PARA MAIORES || Actividade 65+ en Nós

📅 Sábado 30 de maio

🕛 17:00-20:00 horas

📌 Casa do Pobo de Nós

https://share.google/igurhWHaghJAyg7MK
29/05/2026

https://share.google/igurhWHaghJAyg7MK

O próximo luns 1 de xuño ábrese o prazo de presentación das solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2026/2027. Unha vez rematados, os prazos, tanto de solicitude,...

22/05/2026

🎒🌠 Veciños e veciñas maiores de 65 anos das localidades de Perillo, Nós, Oleiros e Iñás participaron na ruta de excursionismo nocturno con paseo a pé de 5 km para ollar as estrelas na Illa de Sálvora.

A mesma excursión, prevista para mañá sábado para os veciños e veciñas de Dorneda, Santa Cruz, Montrove, Maianca, Serantes e Dexo tivo que ser adiada ante as adversas previsións meterolóxicas para contemplar o ceo.

Dirección

Praza De Galicia
Oleiros
15173

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir