20/05/2026
Este é só un exemplo do traballo do BNG no Pleno municipal de Oleiros: propostas, demandas veciñais, consultas sobre o funcionamento de servizos... Facemos un traballo rigoroso e en positivo, mentres o goberno municipal desacredita o labor da oposición e fai populismo co diñeiro que cobran os concelleiros e concelleiras (a oposición cobra 1000 euros en total cada pleno, fronte aos moitos miles que reciben os membros do goberno, o inxente gasto en publicidade política pagado por toda a veciñanza, ou o desproporcionado investimento do auditorio).
Fronte á demagoxia, traballo e propostas!