08/06/2026
Día Mundial de los Océanos.
Esta mañá Tuto Fernández Rosende y Nazaret Cendán acompañaron á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, na súa visita aos voluntarios que participaron na iniciativa A Gran Corrente, organizada por We Sustainability e Mar de Fábula para conmemorar o Día Mundial dos Océanos.
Unha gran acción de limpeza colectiva, de gran valor educativo, e de concienciación ambiental e sensibilización social nas praias da Coruña.
O futuro dos océanos pasa por loitar contra a contaminación e promover o respecto e a conservación do medio mariño entre todos, unha responsabilidade que require do compromiso activo de administracións públicas, empresas, entidades sociais e cidadanía.