Concello de O Irixo

Concello de O Irixo Benvidos o Concello de O Irixo, onde a natureza é arte. Atopa mais información do noso concello na web: www.irixo.gal

📢 AVISO IMPORTANTE Á VECIÑANZA: SUSPENSIÓN DE QUEIMASinformamos que quedan SUSPENDIDAS todas as comunicacións e autoriza...
27/05/2026

📢 AVISO IMPORTANTE Á VECIÑANZA: SUSPENSIÓN DE QUEIMAS

informamos que quedan SUSPENDIDAS todas as comunicacións e autorizacións de queimas no noso municipio.

🗓️ Data de inicio: 29 de maio de 2026 (incluído).

⏳ Duración: Ata novo aviso.

Pregamos a máxima colaboración de todos os veciños e veciñas para respectar esta medida e extremar as precaucións para evitar lumes forestais.

Grazas pola vosa colaboración.

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO ⚠️Dende o Concello do Irixo informamos de que a Dirección Xeral de Emerxencias e o 112 Galicia ac...
23/05/2026

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO ⚠️
Dende o Concello do Irixo informamos de que a Dirección Xeral de Emerxencias e o 112 Galicia activaron a ALERTA AMARELA por choivas e tormentas que afectará a toda a provincia de Ourense.

🌧️ Cando? A partir do mediodía de mañá, domingo 24 de maio.

⛈️ Que se agarda? Precipitacións que poderían superar os 15 litros/m² nunha hora, acompañadas de posible sarabia e refachos de vento moi fortes.
(Nota: Na imaxe adxunta detállase tamén unha alerta laranxa, pero esta afecta exclusivamente á zona centro de Lugo).
Dende o concello rogamos a toda a veciñanza que extreme as precaucións:

✅ Evitade desprazamentos innecesarios e tende especial coidado na estrada.

✅ Asegurade obxectos en balcóns, terrazas e xanelas que poidan caer á vía pública por mor do vento.

✅ Revisade que os sumidoiros e desaugadoiros estean limpos.

📞 Ante calquera incidencia ou emerxencia, chamade sempre ao 112.

🌿 Atención, veciños e veciñas da parroquia de San Cosmede de Cusanca, esta parroquia foi considerada Parroquia Priorizad...
20/05/2026

🌿 Atención, veciños e veciñas da parroquia de San Cosmede de Cusanca, esta parroquia foi considerada Parroquia Priorizada.📍

Dende o Concello, en colaboración con SEAGA, poñemos en marcha un servizo voluntario para a xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas nas faixas secundarias de protección (50 metros).

📝 Como formalizar o teu contrato?
Se estás interesado/a, achégate ao Concello coa seguinte documentación:

🔹 DNI da persoa titular.
🔹 Referencia catastral da finca (ou ben, indicar polígono e parcela).

No propio Concello prepararemos o contrato para a súa sinatura. Unha vez revisado por SEAGA, avisarémosvos para realizar o pagamento.

💶 Tarifa: 420 €/hectárea.

⚠️ Lembra: Despois de facer o pagamento, é imprescindible entregar o xustificante no Concello.

ℹ️ Tes dúbidas? Diríxete ás oficinas municipais para máis información.

19/05/2026

Alcaldes da comarca do Carballiño e do Ribeiro estudian a posta en marcha dunha comunidade enerxética para reducir o gasto enerxético a través de instalacións fotovoltaicas compartidas.

Alcaldes e alcaldesas dos municipios da comarca do Carballiño e do Ribeiro déronse cita na Casa Consitorial do Carballiño para coñecer o proxecto europeo Comenerg, financiado pola Deputación de Ourense, que impulsa comunidades enerxéticas locais renovables na fronteira Galicia-Norte de Portugal.

Na reunión estiveron presentes o alcalde en funcións do Carballiño, José Castro-Gil; o rexedor de Maside, José Manuel Iglesias; o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez; a alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama; Rebeca Sotelo, rexedora de Cenlle; José Luis Valladares, alcalde de Cea; José Dalama, teniente de alcalde de Cea; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o rexedor de Piñor, José Luis González; Antonio Montero, alcalde de Avión; Manuel Prado, rexedor de Beariz e Víctor González, teniente alcalde de Cortegada. Tamén houbo rexidores conectados á reunión de xeito telemático, como o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o rexedor de Beade, Fernando Taboada; o alcalde de Melón, Emilio Luis Díaz; Patricia Torres, alcaldesa de Boborás, Rodrigo Aparicio, alcalde de Arnoia, Fernando Rodríguez, rexedor de San Amaro, Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia, e Avelino Pazos, rexedor de Castrelo de Miño.

No encontro, os responsables de Sertogal, a empresa que xestiona Comenerg, deron conta das posibilidades e beneficios das comunidades enerxéticas, tanto para as administracións locais como para os veciños e veciñas con exemplos reais de facturas eléctricas. Tamén se abordaron as posibles vías e fórmulas de financiamento, unha das principais preocupacións das entidades locais.

Pola súa parte, os rexedores interesáronse pola posibilidade de crear unha comunidade enerxética que agrupe a todos os concellos das dúas comarcas (Carballiño e O Ribeiro), o que permitiría abaratar custos e reducir o gasto público en enerxía a través de instalacións fotovoltaicas.

O proxecto Comenerg está financiado pola Unión Europea a través do fondo Feder (75%) dentro do programa INTERREG VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. Conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros para impulsar comunidades enerxéticas en Galicia e no norte de Portugal.

🥇 ORGULLO DO IRIXO! Roi Freixedo proclámase Campión de España Sub-23 de Tiro Olímpico.Dende o Concello do Irixo queremos...
18/05/2026

🥇 ORGULLO DO IRIXO! Roi Freixedo proclámase Campión de España Sub-23 de Tiro Olímpico.

Dende o Concello do Irixo queremos dar a nosa máis sincera noraboa ao noso veciño Roi Freixedo pola súa espectacular vitoria no Campionato de España de Novas Promesas, celebrado esta fin de semana en Murcia. 🎯👏

Roi demostrou que co esforzo e a perseveranza todo é posible. A pesar de sufrir problemas técnicos na fase de clasificación, asinou unha remontada histórica na gran final dominical, colgándose a medalla de OURO cunha puntuación de 216,0 puntos. 💪✨

Es un exemplo de superación para toda a mocidade do noso municipio e un embaixador de luxo para O Irixo alá onde vas.
Parabéns, campión! Estamos moi orgullosos de ti. 🏆

Hoxe, 17 de maio, celebramos o orgullo da nosa lingua no Día das Letras Galegas! 📚✨Dende o Concello de O Irixo queremos ...
17/05/2026

Hoxe, 17 de maio, celebramos o orgullo da nosa lingua no Día das Letras Galegas! 📚✨
Dende o Concello de O Irixo queremos dedicarlle esta xornada a Begoña Caamaño Rascado: escritora, xornalista, tradutora, docente e un referente imprescindible do pensamento feminista galego.
Quedámonos coas súas sabias palabras: “A lingua é o que somos, o que fomos e o que seremos.” 🖋️ Hoxe recoñecemos o seu legado e celebramos o inmenso poder que teñen as palabras para construír país e transformar a sociedade.
Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas! 💙

🎶 O Irixo énchese de música e tradición! 🎶A .irixo26 continúa traballando e trae unha nova cita imprescindible:👉 II Cant...
12/05/2026

🎶 O Irixo énchese de música e tradición! 🎶

A .irixo26 continúa traballando e trae unha nova cita imprescindible:
👉 II Cantos de Taberna

📍 Lugar: Parrillada Abanico
📅 Data: Sábado 16 de maio de 2026
🕣 Hora: 20:30 h

Ven g***r dunha xornada única con grupos tradicionais, canto, baile e moito ambiente! 💃🕺

🎟️ Reserva xa o teu ticket e non perdas esta festa!

💬 Eu Campo, e ti?

GaliciaEnFesta ViveOIrixo MúsicaTradicional TurismoOurense

📍 FESTIVO LOCAL EN O IRIXOO vindeiro mércores, 13 de maio, celebrarase na Capela da Virxe de Fátima, en Ponte, a misa na...
11/05/2026

📍 FESTIVO LOCAL EN O IRIXO
O vindeiro mércores, 13 de maio, celebrarase na Capela da Virxe de Fátima, en Ponte, a misa na honra da Virxe de Fátima e San Isidro.
🕧 12:30 h · Procesión
⛪ 13:00 h · Misa solemne
🎹 A celebración contará coa actuación musical de Lorena e María – Piano e Voz durante a misa.
Un día sinalado para a parroquia e para todo o concello de O Irixo.

ConcelloDeOIrixo

📡 Foron moitas as persoas que o pasado venres se achegaron á Casa do Concello para informarse sobre a cobertura de telef...
11/05/2026

📡 Foron moitas as persoas que o pasado venres se achegaron á Casa do Concello para informarse sobre a cobertura de telefonía e internet no noso municipio.

Desde o Concello de O Irixo queremos agradecer a todas elas o seu interese e participación nesta charla informativa impartida por Enrique San Martín, Xefe Provincial de Inspección de Telecomunicacións, na que se abordaron diferentes opcións para mellorar a conectividade no rural.

🤝 Así mesmo, queremos agradecer unha vez máis a Enrique San Martín a súa asistencia ao Concello de O Irixo e a súa colaboración durante todo o ano neste importante tema para a veciñanza.

ℹ️ Ademais, informouse da posibilidade de acceder a internet vía satélite por 35 € ao mes en todo o territorio español, grazas á iniciativa de Hispasat para levar conexión ao mundo rural.

✅ A instalación está subvencionada ao 100 %.

🌐 Máis información e contratación en:
https://www.conectate35.es/

🎶 Tecendo redes no Irixo 🎶O vindeiro 15 de maio convidámosvos a vivir unha mañá moi especial: un encontro entre maiores ...
07/05/2026

🎶 Tecendo redes no Irixo 🎶

O vindeiro 15 de maio convidámosvos a vivir unha mañá moi especial: un encontro entre maiores e cativos ao son da música tradicional galega.

✨ A Cruz Vermella, o Colexio Virxe da Pena da Sela e o Concello de O Irixo unimos as mans para celebrar a amizade e a solidariedade entre veciños e veciñas de todas as idades.

🎵 Concierto didáctico e foliada
📅 Venres 15 de maio
🕙 De 10:00 a 13:30 h

Veciños e veciñas: este día a música nos une. Porque non hai mellor maneira de coidarnos que estar xuntos.

Vide, participade, compartide.

Dirección

Praza Manuel Penedo 10
Orense
32530

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de O Irixo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir