BNG Xunqueira de Ambía

BNG Xunqueira de Ambía Facebook do BNG de Xunqueira de Ambía. Entra, síguenos e coñécenos!

🌿 Sabías que os liques que vemos nas árbores, nas pedras ou nos muros son moito máis importantes do que parece?Nesta Sem...
05/06/2026

🌿 Sabías que os liques que vemos nas árbores, nas pedras ou nos muros son moito máis importantes do que parece?

Nesta Semana do Medio Ambiente recuperamos un artigo sobre os liques de Xunqueira de Ambía, uns pequenos seres vivos que nos axudan a coñecer mellor o estado da natureza que nos rodea.

Moitas veces pasan desapercibidos, pero están aí, formando parte da paisaxe que vemos cada día. Son unha mostra máis da riqueza natural que temos no noso concello e da importancia de coidala.

Porque non fai falta ir moi lonxe para atopar tesouros naturais: están nos nosos camiños, nos montes, nas aldeas e mesmo nas paredes de pedra que forman parte da nosa historia.

Botádelle unha ollada ao artigo e descubrídeos! 🌱


Viejas corredoiras forradas de musgo y flanqueadas por túneles de castaños y carballos cubiertos de liquen blanco. Así arranca la primavera en A Farria, en Xunqueira de Ambía, tierras donde se desenterró el hórreo más antiguo.

📢 Incendios: a veciñanza ten obrigas. O Concello tamén debería ter planificación.O Concello de Xunqueira de Ambía public...
04/06/2026

📢 Incendios: a veciñanza ten obrigas. O Concello tamén debería ter planificación.

O Concello de Xunqueira de Ambía publicou un bando lembrando a obriga de manter limpas e desbrozadas as parcelas próximas aos núcleos de poboación para previr incendios forestais.

É unha responsabilidade que todos coñecemos e que contribúe á seguridade colectiva.

Pero a prevención dos incendios non pode limitarse a lembrar obrigas á veciñanza cada primavera.

👉 Que actuacións de prevención realizou o Concello este ano?
👉 En que estado se atopan as faixas de protección dos núcleos?
👉 Existe planificación municipal para reducir o risco de incendios nas parroquias?
👉 Que seguimento se está facendo das zonas con maior perigo?

A seguridade fronte aos incendios require corresponsabilidade: dos propietarios, si, pero tamén das administracións públicas.

Informar das obrigas é importante. Informar das actuacións realizadas e dos resultados acadados tamén debería selo.

🌲 A prevención non se constrúe só con bandos. Constrúese con planificación, mantemento e transparencia.

📢 Sobre o "en breves" e a “transparencia” da que ninguén sabe nada. O Concello respondeu nas redes afirmando que “está t...
03/06/2026

📢 Sobre o "en breves" e a “transparencia” da que ninguén sabe nada.

O Concello respondeu nas redes afirmando que “está todo tramitado” e que se publicará “en breves”, engadindo ademais que o proceso foi “transparente”, tan transparente que ninguén sabe nada!

O problema non é se a tramitación está máis avanzada ou menos avanzada.

O problema é outro:

📅 As clases rematan o 19 de xuño
👧👦 As familias seguen sen información concreta
⏳ O tempo de organización xa se está a esgotar

Porque a transparencia non é dicir que algo se está a facer, cando xa está feito.
A transparencia é informar a tempo para que a veciñanza poida planificar.
Non falamos xa ... da igualdade de oportunidades e o "concurso ou convocatoria" de tal programa.

Nos últimos días, moitas familias preguntan o mesmo:
❓ Cando se abre inscrición?
❓ Dende que día a que día, xuño incluído?
❓ Cantas prazas?
❓ Con que criterios?

E ata agora, esas respostas non chegaron cando eran necesarias e siguen sen chegar.

Mentres noutros concellos os programas están pechados e en marcha, aquí seguimos esperando anuncios de última hora.

📌 A conciliación non funciona con “breves”.

📢 1 de xuño e as familias de Xunqueira seguen sen saber que pasará este verán.O curso escolar remata o próximo 19 de xuñ...
01/06/2026

📢 1 de xuño e as familias de Xunqueira seguen sen saber que pasará este verán.

O curso escolar remata o próximo 19 de xuño. Quedan apenas uns días para que os nenos e nenas comecen as vacacións e, a día de hoxe, o Concello aínda non informou de ningún programa de conciliación, campamento de verán ou actividade municipal para as familias.

Mentres tanto, nos concellos da contorna os programas xa foron anunciados, as inscricións xa se realizaron e, en moitos casos, as prazas están completas.

A conciliación non é un luxo. É unha necesidade para as familias que teñen que organizar horarios laborais, vacacións e coidado dos seus fillos e fillas con antelación.

📅 Faltan menos de tres semanas para rematar as clases.

Vai haber campamento municipal? ❓
Haberá algún programa de conciliación? ❓
Cando pensa informar o Concello ás familias? ❓

As familias merecen planificación, información e tempo para organizarse.

Aquí está o EVENTO DO VERÁN en Xunqueira de Ambía!
01/06/2026

Aquí está o EVENTO DO VERÁN en Xunqueira de Ambía!

Boas amig@s👋:

Por fin queremos anunciar o noso evento deste ano. Como xa se comentou en grupos mais reducidos, este ano non haberá proba de trail, o motivo é que non se dan as circunstancias necesarias para levalo a cabo co mesmo nivel de calidade que mantivemos estes anos, os cales foron maravillosos. Unha proba que comezou no ano 2017 con 92 participantes e que en pouco tempo conseguiu chegar a ser unha referencia en toda Galicia, pasando dun percorrido único de 21kms a chegar a ter 3 distancias diferentes e ata un Ultra de 50kms no ano 2022. Polo momento imos aparcar a proba competitiva este ano, o tempo dirá se volverán tempos mellores e poder retomalo.

Pero o que sempre tivemos claro é que non ibamos abandonar a laboura de investigación e limpeza de camiños tradicionais . A nosa andaina, sempre multitudinaria, volverá a celebrarse o día *9 de agosto de 2026*, cunha distancia total de 15kms pero con varias saídas (3kms e 8kms) para que todo o mundo poda participar e completar o seu reto. Un percorrido moi traballado cunha beleza paisaxística impresionante, con sendeiros moi antigos, tramos de monte a través, sorteando algún obstáculo ... o que non ides ver vai ser asfalto. Este ano temos varios tramos inéditos e pasaredes por lugares que quedarán grabados na vosa memoria.
E por suposto que teremos a nosa carreira de rapaces 🏃‍♀️🏃‍♂️, que sempre emociona tanto. E tamén teremos o noso estupendo avituallamento final 🥖🍻, ... resumindo, que a festa será a mesma de sempre.

Queremos invitar tamén aos nosos fieis amigos corredores a participar, non será unha proba competitiva, pero o percorrido é digno de calquera trail galego e estará perfectamente balizado como sempre, pode ser un bo entreno veraniego e un punto de encontro para disfrutar dunha maneira mais relaxada do monte galego.

A incrición abrirá o luns 1 de xuño de 2026 e pódese facer no seguinte enlace:

https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/viii-andaina-asaltamontes

Sigue o evento "𝐕𝐈𝐈𝐈 𝐀𝐍𝐃𝐀𝐈𝐍𝐀 𝐀𝐒𝐀𝐋𝐓𝐀𝐌𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒" https://www.facebook.com/events/1719532639410512 para estar o día de todas as novidades

Se tedes algunha dúbida ou problema, podedes contactar con nos no email 𝒐𝒔𝒂𝒔𝒂𝒍𝒕𝒂𝒎𝒐𝒏𝒕𝒆𝒔@𝒈𝒎𝒂𝒊𝒍.𝒄𝒐𝒎 é tamén no Wasap 𝟲𝟬𝟳𝟴𝟴𝟰𝟴𝟬𝟲

Moitas grazas a todos polo interese que estades demostrando, preguntando polo evento e dando ánimos.
Vémonos o 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 en Xunqueira !!!

𝐋𝐨𝐧𝐠𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐚𝐨 𝐀𝐬𝐚𝐥𝐭𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬 ❗❗❗

📢 O Concello de Xunqueira de Ambía anuncia a contratación da explotación do bar das piscinas municipais para o verán de ...
01/06/2026

📢 O Concello de Xunqueira de Ambía anuncia a contratación da explotación do bar das piscinas municipais para o verán de 2026

O alcalde vén de facer público o bando polo que se abre o prazo para que as persoas interesadas poidan optar á explotación do bar das piscinas municipais durante a tempada de verán deste ano.

👉 Unha novidade destacable é que, despois de varios anos nos que esta contratación non saía a convocatoria pública, o Concello decide agora abrir novamente este proceso de maneira pública.

📅 As persoas interesadas poden presentar o seu interese ata o vindeiro 5 de xuño, dirixíndose ás oficinas municipais.

📌 Contrato de 3 meses e só 2 días para anotarse: así se xestiona en Xunqueira?No BOP de hoxe publícase a contratación de...
29/05/2026

📌 Contrato de 3 meses e só 2 días para anotarse: así se xestiona en Xunqueira?

No BOP de hoxe publícase a contratación de persoal de mantemento da piscina municipal do Concello de Xunqueira de Ambía.

Ata aquí, algo normal: a piscina abre todos os veráns e necesita persoal.

Pero hai preguntas que merecen resposta:
➡️ Contrato de só 3 meses
➡️ Sistema de selección: oposición–concurso de méritos
➡️ Prazo para presentar solicitudes: só 2 días hábiles

E a pregunta é inevitable:

❓ Como é posible que algo que pasa todos os veráns se convoque con tanta présa?

Porque abrir a piscina en verán non é unha urxencia inesperada. É algo totalmente previsible.

Cando se dan só dous días para anotarse, moita xente nin sequera chega a enterarse, nin ten tempo real para preparar documentación, moito menos a fase de OPOSICIÓN

Desde o goberno local deberían explicar:
🔹 Por que non se planificou antes
🔹 Por que un prazo tan reducido
🔹 Que garantías reais hai de igualdade de oportunidades

Porque a transparencia non é só cumprir o mínimo legal.
Tamén é facer procesos abertos, claros e accesibles para toda a veciñanza.

📌 Aprobacióm dun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros.Agora toca facer as preguntas importantes.➡️ Onde se vai inve...
28/05/2026

📌 Aprobacióm dun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros.

Agora toca facer as preguntas importantes.
➡️ Onde se vai investir?
➡️ Que parroquias van ser prioridade?
➡️ Hai planificación real para pistas, auga e servizos?

No papel aparecen máis de 800.000 € para investimentos.
Pero a veciñanza non vive do papel.

A veciñanza vive de:
🛣️ pistas transitables
💧 abastecementos seguros
🏘️ servizos dignos no rural
👵 atención ás persoas

Desde o facemos unha pregunta moi simple:
Cal é o mapa real das actuacións?
Que se vai facer? Onde? E cando?

Porque gobernar non é só aprobar números.

Gobernar é resolver problemas e mellorar a vida da xente, en todas as parroquias.

❌️❌️Dende mañá, mércores 27 e ata novo aviso: SUSPENSIÓN DOS PERMISOS PARA QUEIMAS.
26/05/2026

❌️❌️Dende mañá, mércores 27 e ata novo aviso: SUSPENSIÓN DOS PERMISOS PARA QUEIMAS.

🔥 Dende este sábado 25 volven permitirse as queimas agrícolas e forestais.

Se tes algunha pendente, aproveita agora para facela.

⚠️ Iso si: con autorización e moita precaución.

26/05/2026

Dirección

Rúa Concepción Arenal 1, 1º
Orense
32670

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Xunqueira de Ambía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir