PSdeG-PSOE Punxín

PSdeG-PSOE Punxín PSdeG-PSOE de Punxín

14/05/2026

Para o Partido Popular - Concello de Punxín ainda non é mañá desde o luns 4 de maio de 2026, e o Ceip Punxín sigue sen limpar adecuadamente. E seguimos para bingo!
Badal Novas Radio Carballiño Cope Carballiño Televisión do Carballiño La Región Telecinco La Voz de Galicia. Edición Ourense Faro de Vigo

07/05/2026

PSdeG-PSOE de Punxín fixo pública a súa preocupación pola situación “moi grave” vivida no CEIP Punxín, onde apareceu unha infestación de carrachas que, segundo denuncian, estaría relacionada coa falta de limpeza e mantemento das instalacións e das zonas próximas ao centro escolar por parte do goberno local de PP e CxG.

Dende o grupo socialista critican que, mentres outros concellos da comarca están tomando medidas preventivas para garantir a limpeza de parcelas e evitar riscos ambientais e sanitarios, en Punxín o executivo municipal continúa “sen cumprir coas súas obrigas básicas” en materia de seguridade, hixiene e salubridade pública.

A voceira socialista, Lorena Peleteiro Vázquez, cualificou a situación de “totalmente inadmisible”, asegurando que “a falta de xestión e a pasividade do goberno municipal están poñendo en perigo a saúde da comunidade educativa e da veciñanza”. Ademais, sinalou que “é moi preocupante que nin sequera se garantan condicións mínimas de limpeza nun espazo tan sensible como un colexio”.

Segundo explican as e os socialistas, a comunidade educativa leva meses advertindo do estado de abandono da contorna do centro e reclamando actuacións de mantemento, sen recibir resposta do alcalde nin do seu equipo de goberno. “As demandas do colexio foron ignoradas de maneira continuada por un concello máis centrado en ocultar os problemas que en resolvelos”, denunciou Peleteiro.

O PSdeG-PSOE tamén asegura que a falta de actuación municipal provocou que varios nenos e nenas se visen afectados polas carrachas e que o problema chegase ao interior do propio edificio escolar. Ante esta situación, foi o CEIP quen tivo que solicitar servizos de limpeza, control de pragas e medidas sanitarias.

“É moi grave que o propio centro educativo tivese que asumir unhas tarefas que son responsabilidade directa do concello mentres o goberno municipal permanecía ausente”, criticou a voceira socialista, que considera que esta actitude evidencia “un abandono institucional sen precedentes”.

Para o PSdeG-PSOE de Punxín, este episodio é consecuencia “dun executivo esgotado e sen capacidade de xestión”, denunciando ademais que os problemas de abandono e sucidade tamén son visibles noutras zonas do municipio, incluídas as inmediacións do centro de saúde e diversos espazos públicos.

“PP e CxG non poden seguir instalados na inacción mentres os problemas afectan directamente á saúde pública. Punxín precisa un goberno responsable, que traballe pola veciñanza e deixe atrás a propaganda e a desidia”, concluíu Lorena Peleteiro.

07/05/2026

O PSdeG-PSOE de Punxín denuncia publicamente a “gravísima” situación provocada pola “deixadez e a falta de responsabilidade” do goberno municipal formado polo PP e CxG, despois de terse producido unha infestación de carrachas no recinto escolar do CEIP Punxín debido á falta de limpeza ...

🎄 Moi boas festas a tod@s 🎄
21/12/2025

🎄 Moi boas festas a tod@s 🎄

📅 Mañá, nova sesión de pleno ordinario no  🌹 Dende o   seguimos a traballar con propostas para mellorar a calidade de vi...
26/11/2025

📅 Mañá, nova sesión de pleno ordinario no

🌹 Dende o seguimos a traballar con propostas para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza.

😤 O goberno de Punxín están acostumados a mentir, pero a realidade é a que é, e fai solo 3 meses decían que a "estrada d...
31/10/2025

😤 O goberno de Punxín están acostumados a mentir, pero a realidade é a que é, e fai solo 3 meses decían que a "estrada de Figueiroa non estaba tan mal". Aquí a acta do pleno 👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻👇🏻

📅 Hoxe ás 12 h. nova sesión de pleno do  👉🏻 O que debería ser o pleno máis importante do ano será novamente un requisito...
30/10/2025

📅 Hoxe ás 12 h. nova sesión de pleno do

👉🏻 O que debería ser o pleno máis importante do ano será novamente un requisito que cumprir sen que o grupo de goberno teña a máis mínima idea do que van aprobar.

📢 Nova sesión de Pleno ordinario en PunxínUnha vez máis, o grupo de goberno chega sen presentar nin un só proxecto.💡 Den...
24/09/2025

📢 Nova sesión de Pleno ordinario en Punxín

Unha vez máis, o grupo de goberno chega sen presentar nin un só proxecto.

💡 Dende a oposición seguimos a traballar, achegando propostas reais para mellorar o noso concello e dar resposta ás necesidades das nosas veciñas e veciños.

🔵 1.000.000 € de inversión pública🗓️ 3 meses ao ano📆 4 días á semanaAsí é como se xestionan os recursos no noso concello...
05/08/2025

🔵 1.000.000 € de inversión pública
🗓️ 3 meses ao ano
📆 4 días á semana

Así é como se xestionan os recursos no noso concello. Un proxecto que custou unha auténtica fortuna… para estar pechado 9 meses ao ano e aberto só 4 días á semana e 3 meses ao ano.

A veciñanza merece transparencia, utilidade e responsabilidade no uso do diñeiro público.

Dirección

Punxín
Orense
32456

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Punxín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir