CIM-Ourense

CIM-Ourense Equipo que tece Igualdade para a túa información, acompañamento e axuda
na rúa do Ensino, barrio do Couto (Ourense)

Hoxe celebramos o último obradoiro do proxecto Convívere, nesta ocasión da man de Berta Vega, Terapeuta do Reencontro.A ...
27/05/2026

Hoxe celebramos o último obradoiro do proxecto Convívere, nesta ocasión da man de Berta Vega, Terapeuta do Reencontro.

A sesión estivo dedicada a traballar a diversidade e a convivencia a través da narrativa e da fotografía, utilizando a creación e a mirada compartida como ferramentas para reflexionar, expresarnos e conectar coas demais persoas.

Con esta actividade pechamos unha nova etapa de Convívere, un espazo de aprendizaxe e acompañamento colectivo arredor dos vínculos, os coidados e as relacións humanas.

Pechamos o programa Nexos cun último obradoiro da man da bailarina .sotelo Un encontro no que dialogamos sobre a relació...
21/05/2026

Pechamos o programa Nexos cun último obradoiro da man da bailarina .sotelo

Un encontro no que dialogamos sobre a relación co noso corpo a través de todo aquilo que nos vai atravesando ao longo da vida: as experiencias, os cambios, as emocións e os lugares que habitamos.

En maio, o CIMM sae á rúa!Durante todo o mes, o Centro de Información Municipal ás Mulleres estará presente en distintos...
06/05/2026

En maio, o CIMM sae á rúa!

Durante todo o mes, o Centro de Información Municipal ás Mulleres estará presente en distintos puntos da cidade a través dos puntos violetas, espazos de información, atención e sensibilización.

Unha iniciativa para achegar recursos á cidadanía, resolver dúbidas e acompañar, con persoal especializado, para seguir construíndo unha cidade máis segura, igualitaria e consciente.

Porque a igualdade tamén se traballa no día a día… e preto de ti.

Hoxe celebrouse un novo obradoiro do programa Convívere, dentro da temática deste mes.Nesta ocasión, o encontro centrous...
29/04/2026

Hoxe celebrouse un novo obradoiro do programa Convívere, dentro da temática deste mes.

Nesta ocasión, o encontro centrouse en pensar na parella, da man de Beatriz Laranxeira e Mar Márquez, sexólogas do equipo Basira.

Un espazo para reflexionar sobre os vínculos, cuestionar modelos aprendidos e abrir a porta a relacións máis conscientes, respectuosas e saudables.





28/04/2026

Houbo un tempo no que unha muller ensinaba ciencia… e iso incomodaba.

Hipatia de Alexandría foi matemática, astrónoma e filósofa nun mundo que non estaba preparado para escoitar a súa voz.

A súa historia non fala só do que conseguiu, senón tamén do que se intentou silenciar.

Porque ao longo da historia, moitas mulleres foron invisibilizadas… pero non desapareceron.

Seguimos recuperando nomes, historias e referentes que tamén forman parte do noso presente.

Programa NexosCelebramos un novo obradoiro centrado no uso de herbas medicinais para o autocoidado, da man de María Fra....
23/04/2026

Programa Nexos

Celebramos un novo obradoiro centrado no uso de herbas medicinais para o autocoidado, da man de María Fra.

Un espazo para achegarnos aos saberes tradicionais desde unha mirada práctica e consciente, aprendendo a incorporar as plantas ao noso día a día como ferramenta de coidado, benestar e conexión coa natureza.

Obradoiros para mulleres | Habitar o cambioUn espazo centrado no benestar durante o climaterio e a menopausa, para compr...
16/04/2026

Obradoiros para mulleres | Habitar o cambio

Un espazo centrado no benestar durante o climaterio e a menopausa, para comprender os cambios que atravesamos e incorporar ferramentas que nos axuden a vivilos con máis equilibrio, conciencia e coidado.

Impartido por Leticia Porto Barral, profesora avanzada de ioga e meditación e especialista en medicina ayurvédica.

🗓️ Luns de maio
🕕 De 18:00 a 20:00 h
📍 CIMM Concello de Ourense
Rúa Vasco da Ponte, 1

✉️ Inscricións: [email protected]

📞 988 39 31 91
👶 Posibilidade de canguraxe

Programa Nexos | Abril: pensar os coidadosEste mes propoñemos parar e mirar cara a algo esencial que moitas veces damos ...
09/04/2026

Programa Nexos | Abril: pensar os coidados

Este mes propoñemos parar e mirar cara a algo esencial que moitas veces damos por feito: os coidados.

Quen coida?
Como coido?
Como me sinto coidada?
Como me coido?

Preguntas sinxelas que abren espazos profundos para revisarnos, escoitarnos e repensar as relacións que construímos cos demais… e con nós mesmas.

💜 Onte celebrouse na Sala Valente a entrega do XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, dentro da program...
26/03/2026

💜 Onte celebrouse na Sala Valente a entrega do XX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, dentro da programación do 8M.

Nesta edición, o recoñecemento foi para Marisol Nóvoa Rodríguez, a título póstumo, destacando unha traxectoria marcada polo compromiso, o liderado e a apertura de camiños para as mulleres en espazos tradicionalmente masculinizados.

Un acto emotivo no que tamén estivo presente a súa familia, encargada de recoller o premio, e no que se puxo en valor a importancia de seguir visibilizando referentes que contribuíron a avanzar cara a unha sociedade máis xusta.

Hoxe celebrouse o último dos obradoiros de empoderamento para mulleres, dentro da programación do 8M da Concellería de I...
24/03/2026

Hoxe celebrouse o último dos obradoiros de empoderamento para mulleres, dentro da programación do 8M da Concellería de Igualdade – CIMM do Concello de Ourense.

Nesta ocasión, compartimos o espazo con .ourense, creando un encontro de apoio, reflexión e fortalecemento colectivo.

Seguimos apostando por xerar espazos seguros onde compartir experiencias, recoñecer a propia forza e tecer redes que acompañen en diferentes momentos vitais.

Dirección

Calle Rúa Do Ensino, 24
Orense
32002

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIM-Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir