04/06/2026
📸 "O que Habito" — Paula Vázquez
Que permanece cando xa non estamos?
No seu proxecto "O que Habito", Paula Vázquez explora a relación íntima que construímos cos espazos que habitamos. A través dun apartamento que permaneceu intacto tras o falecemento da súa propietaria, a autora reflexiona sobre o tempo, a existencia e a permanencia.
Os obxectos, as pegadas e os silencios convértense en testemuñas dunha vida ausente, mentres o espazo continúa existindo, inmutable, á espera de novas historias. Unha investigación visual sobre a presenza e a ausencia, a pertenza, o abandono e a capacidade dos lugares para conservar a memoria.
✨ Proxecto realizado por Paula Vázquez, alumna do Ciclo Superior de Fotografía.
Se a fotografía é para ti unha forma de observar, interpretar e contar o mundo, o Ciclo Superior de Fotografía da EASD Antonio Faílde é un espazo para desenvolver a túa mirada, experimentar con linguaxes visuais e construír proxectos con identidade propia.
📍 Matrícula aberta.
CicloSuperiorDeFotografía