CGIFP Eduardo Barreiros

CGIFP Eduardo Barreiros Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros.

📚 O CGIFP Eduardo Barreiros estivo presente no encontro "O ensino galego ante o impacto da LOMLOE (2021-2026)", celebrad...
07/09/2026

📚 O CGIFP Eduardo Barreiros estivo presente no encontro "O ensino galego ante o impacto da LOMLOE (2021-2026)", celebrado en Santiago de Compostela.

Durante a xornada, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, analizou o impacto desta normativa estatal tras cinco anos da súa entrada en vigor, reivindicando a aposta de Galicia pola mellora educativa continua e polo reforzo dos aprendizaxes básicos.

Un espazo de reflexión e balance sobre o sistema educativo galego no que seguimos comprometidos coa innovación e a mellora continua da formación. 🎓

28/08/2026

🎥 Un último vistazo a Innovatech FP 2026... antes de volver empezar.

Durante estas semanas compartimos algúns dos momentos que nos deixou esta edición e as propostas coas que o alumnado deu resposta aos retos das empresas participantes.

Hoxe poñemos o punto final a este repaso... e comezamos a mirar cara ao que vén.

🔜 A próxima edición de Innovatech FP está a piques de comezar. Novos retos, novos equipos e moito por descubrir.

Preparados para Innovatech FP 2027?

18/08/2026

🎬 Seguimos poñéndolle imaxes a Innovatech FP 2026.

Nesta ocasión, o protagonismo é para as propostas que deron resposta aos retos de Fundación San Rosendo, EBA, Portomuiños e Grupo Cuevas.

Grazas por propoñer desafíos, escoitar as solucións dos equipos e formar parte desta experiencia.

▶️ Dálle ao play e descubre o que deu de si esta xornada!

10/08/2026

📽️ Chega a terceira entrega desta serie dedicada aos Elevator Pitch de Innovatech FP 2026.

Hoxe recuperamos as propostas presentadas para os retos de GRI Towers, CIE Galfor, Naturgy e FINSA. Grazas ás catro entidades por implicarse nesta iniciativa e por achegar retos que conectan a Formación Profesional coa realidade das empresas.

🎞️ Vota unha ollada! A ver se te atopas nalgún clip!

03/08/2026

📽️ Segundo capítulo desta viaxe de volta a Innovatech FP 2026.

Hoxe recuperamos os Elevator Pitch dos retos propostos por Gestán, , .services e Grupo Intaf. Grazas por poñer sobre a mesa desafíos reais e compartir esta experiencia coa FP galega!

🤔 Estás no vídeo? Dale ao play e comprobao

27/07/2026

☀️ O verán tamén é tempo de volver ás boas ideas. Así se defenderon as mellores propostas de Innovatech FP 2026!

Arrincamos hoxe unha serie de cinco vídeos para volver aos Elevator Pitch. Neste primeiro, repasamos as presentacións dos retos propostos por .lopez.auto, .es, Applus+ e , ás que agradecemos de novo a súa implicación e colaboración nesta edición.

👀 Estiveches alí? Búscate no vídeo!!

📰 «O noso obxectivo é anticiparnos aos cambios para impulsar a FP»Así o explica a nosa directora, María Jesús Carnero, n...
06/07/2026

📰 «O noso obxectivo é anticiparnos aos cambios para impulsar a FP»

Así o explica a nosa directora, María Jesús Carnero, na entrevista que lle dedica La Voz de Galicia, onde repasa catro anos de traballo á fronte do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros.

🔬 Actualmente o centro ten 14 proxectos de innovación en marcha, entre iniciativas aplicadas xunto a empresas e proxectos metodolóxicos, abranguendo áreas como Biotecnoloxía, Industria 5.0, Ciberseguridade, Fabricación Aditiva ou Realidade Virtual e Aumentada.

💡 Ademais, o programa Innovatech FP leva xa tres edicións conectando empresas con equipos de alumnado de FP para resolver retos reais... e o centro impulsou o que será a primeira patente xurdida da investigación en Formación Profesional en España.

🎯 «O centro adquiriu unha dinámica propia e a demanda non o deixa medrar» — unha frase que resume moi ben cara onde vai a FP galega.

💚 Dende o equipo do centro, queremos expresar o noso sincero agradecemento a Susi polo seu compromiso, dedicación e polo impulso constante que lle imprime ao CGIFP cada día!! 🤗🥰

Grazas a La Voz de Galicia por poñer en valor o traballo que facemos cada día para conectar a FP coas empresas e cos retos do futuro.

19/06/2026

💡 Que pasa cando máis de 1.000 estudantes traballan sobre problemas reais formulados por empresas?

InnovatechFP 2026 deixa unha resposta colectiva: 254 equipos, 20 retos empresariais e centos de propostas innovadoras desenvolvidas desde a Formación Profesional galega.

Hai unha semana celebrabamos a Gala Final. Hoxe compartimos un resumo dunha edición construída a base de ideas, colaboración e capacidade para converter coñecemento en solucións.

🎥 Aquí tedes o vídeo para revivir o instante no que tanto esforzo se converteu en celebración. Dádelle ao play!!

📍 Esta semana no CGIFP Eduardo Barreiros impartimos unha formación de alta especialización en Topografía con UAS (drones...
16/06/2026

📍 Esta semana no CGIFP Eduardo Barreiros impartimos unha formación de alta especialización en Topografía con UAS (drones), cun total de 30 horas presenciais, dirixida ao profesorado vinculado ao curso de especialización de Aeronaves Pilotadas de Forma Remota-Drons e ás familias profesionais de Edificación e Obra Civil, Transporte e Mantemento de Vehículos, Fabricación Mecánica, Electricidade e Electrónica e Enerxía e Auga.

🚁 Ao longo da formación, o profesorado actualiza as súas competencias en planificación e execución de medicións topográficas con dron, xestión de coordenadas xeográficas, procesamento de datos e modelado dixital de terreos e edificacións, así como no uso e interpretación de información obtida mediante cámaras multiespectrais.

Unha oportunidade para achegar as tecnoloxías máis avanzadas ás aulas e seguir impulsando unha FP conectada coa innovación e as necesidades dos sectores produtivos.

🚀

12/06/2026

🎥 Un escenario, moitas emocións e o recoñecemento a meses de traballo.
A gala final de foi o momento de poñer en valor o esforzo, a dedicación e a capacidade de superación de centos de estudantes que aceptaron o reto de buscar solucións para desafíos reais e transformalas en propostas con potencial.
🏆 Parabéns aos equipos gañadores e tamén a todas as persoas participantes, porque detrás de cada proxecto houbo aprendizaxe, compromiso e moitas horas de traballo compartido.
Este é só un breve adianto. Nos vindeiros días compartiremos un resumo máis completo da gala e comezaremos a escribir un novo capítulo. Porque mentres remata , xa empeza o camiño cara a . 🚀
FPgalega FormaciónProfesional InnovaciónNaFP

Dirección

Rúa Ermida 185
Orense
32005

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 16:00
Martes 08:00 - 16:00
Miércoles 08:00 - 16:00
Jueves 08:00 - 16:00
Viernes 08:00 - 16:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CGIFP Eduardo Barreiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría