Partido Popular Ourense ciudad

Partido Popular Ourense ciudad Facebook oficial Populares Ourense Cidade

09/09/2026

📢 Hoxe na rolda de prensa deixamos claro que os provedores teñen que cobrar e que o Partido Popular non se opón a que se paguen as facturas

O que esiximos é que se faga con planificación, información e todas as garantías

Por iso valoramos que os expedientes volvan á Comisión de Pleno, tal e como reclamamos, para poder revisar a documentación e pedir as explicacións necesarias

No PP facemos o que nos corresponde: fiscalizar e garantir que as cousas se fagan correctamente

08/09/2026

🌳 Hoxe estivemos no parque do interior de A Carballeira e o que nos atopamos é un espazo nun evidente estado de abandono

Bancos deteriorados, falta de mantemento, escaleiras en mal estado, lixo e inseguridade ❌

Por iso temos claro que, cando o Partido Popular goberne Ourense, a recuperación integral deste parque será unha das primeiras actuacións que impulsaremos 💪🏻

07/09/2026

No Pleno conseguimos sacar adiante a nosa moción para revisar de forma integral todas as liñas do autobús urbano e adaptalas ás necesidades reais dos usuarios 🚌

As liñas non se poden deseñar nun despacho de maneira improvisada. Precísanse informes técnicos, datos de uso e contar cos profesionais e cos propios usuarios

Levamos case un ano de cambios, probas e problemas 👉 Ourense necesita un transporte público planificado, estable e pensado para as persoas

Tivemos a oportunidade de acompañar a Asociación  na súa segunda gala solidaria en Ourense, unha iniciativa para dar vis...
05/09/2026

Tivemos a oportunidade de acompañar a Asociación na súa segunda gala solidaria en Ourense, unha iniciativa para dar visibilidade ao cancro infantil e, sobre todo, para apoiar ás familias que afrontan esta realidade

O seu labor, acompañando, axudando e dando apoio ás familias durante o proceso, é un exemplo de solidariedade e compromiso

Grazas💙

04/09/2026

O PP quere que os provedores cobren, pero que o expediente volva ao Pleno sen deficiencias e con todas as garantías

O que vimos hoxe unha vez máis foi ➡️ O método Jácome para xestionar o Concello:

1. Primeiro: gastar
2. Despois: deixar que o problema medre
3. Logo: buscar os cartos
4. E finalmente: traer o problema ao Pleno para que o resolvamos os demais

11,47 millóns de euros en facturas pendentes aos provedores como consecuencia desta nefasta xestión

03/09/2026

🚌 O transporte público de Ourense necesita solucións reais, non máis parches

Mañá levamos ao Pleno unha moción para esixir unha revisión integral de todas as liñas do autobús urbano, adaptada ás necesidades reais dos usuarios

E queremos que se faga contando con quen coñece o servizo de primeira man: condutores, empresa, asociacións veciñais e persoas afectadas

03/09/2026
02/09/2026

🚨 Os veciños de O Vinteún e A Ponte teñen medo. E o Goberno local ten que actuar

Desde o Partido Popular volvemos reclamar ao alcalde medidas urxentes para acabar coa inseguridade nos barrios

Estivemos na rúa cos veciños, escoitando as súas preocupacións e comprobando de primeira man unha realidade que non se pode ignorar

Queremos que a xente poda vivir tranquila!

02/09/2026

Acabamos de dar unha rolda de prensa na que puxemos sobre a mesa que o cabreo da veciñanza de Ourense é maiúsculo:

🚧 Avenida de Portugal: as obras seguen sen rematar

🚌 Transporte público: un auténtico caos

🔐 Seguridade: os problemas continúan

💶 E ademais van a pleno 11,4 millóns de euros en facturas pendentes de pago aos provedores

📢 Ourense necesita menos anuncios e máis xestión. Menos improvisación e máis solucións

Dirección

Avenida De Buenos Aires, 33 Bajo
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34988210790

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular Ourense ciudad publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Partido Popular Ourense ciudad:

Atajos

Compartir