Agarimo Servicios Socio- Sanitarios

Agarimo Servicios Socio- Sanitarios Axuda no fogar (SAF) e diversidade funcional
Coidado de menores
Servizo autorizado pola Xunta de Galicia · E-5806 Nuestra meta, su tranquilidad.

Dese un respiro y deje lo demás en nuestras manos. Ayuda a domicilio: limpieza, cuidado de mayores, etc.

Sabemos que un ingreso hospitalario non sempre é doado e que, ás veces, a familia non pode estar presente todo o tempo.E...
01/09/2026

Sabemos que un ingreso hospitalario non sempre é doado e que, ás veces, a familia non pode estar presente todo o tempo.

En Agarimo ofrecemos acompañamento no Hospital Universitario de Ourense para persoas de calquera idade, adaptándonos ás necesidades de cada familia.

📞 606 210 242
🌐 www.agarimo.org

RESPIRO FAMILIAR 2026 | COIDADO NO FOGARXa está aberta a convocatoria de axudas do programa Respiro Familiar 2026, dirix...
17/08/2026

RESPIRO FAMILIAR 2026 | COIDADO NO FOGAR

Xa está aberta a convocatoria de axudas do programa Respiro Familiar 2026, dirixida ás persoas coidadoras habituais non profesionais.

A modalidade de respiro no fogar permite recibir ata 1.000 € para contribuír ao pagamento dun servizo profesional de atención no domicilio. Un apoio pensado para que a persoa atendida permaneza na súa contorna habitual e para que quen coida poida descansar ou conciliar.

📅 Prazo de solicitude: ata o 15 de outubro de 2026.

💻 ONDE SE SOLICITA?

Preferentemente na Sede electrónica da Xunta de Galicia, buscando o procedemento BS614B:

🔗 sede.xunta.gal

Tamén pode presentarse presencialmente nas oficinas de atención á cidadanía e de rexistro da Xunta de Galicia ou nos demais rexistros públicos habilitados.

🤝 PRECISAS AXUDA COA SOLICITUDE?
En Agarimo ofrecemos información e asesoramento para axudarche a coñecer a convocatoria, revisar os requisitos e preparar a documentación necesaria.

🏡 O fogar, no centro dos coidados.A recente aprobación da reforma da Lei de Dependencia marca un novo impulso cara a un ...
15/07/2026

🏡 O fogar, no centro dos coidados.

A recente aprobación da reforma da Lei de Dependencia marca un novo impulso cara a un modelo de coidados máis centrado nas persoas, no que a atención no domicilio gaña protagonismo.

Entre as medidas previstas, búscase facilitar que as persoas poidan permanecer na súa contorna habitual sempre que sexa posible e contar cos apoios necesarios para facelo.

En Agarimo levamos tempo convencidos de que, cando as circunstancias o permiten, o mellor lugar para coidar, recuperarse e envellecer é a propia casa.

Por iso, seguiremos traballando como ata agora:
💙 Acompañando ás persoas.
🏠 Apoiando ás familias.
🤝 Ofrecendo unha atención profesional, próxima e de calidade.

O noso compromiso segue sendo o mesmo: ofrecer coidados de calidade que permitan ás persoas vivir con seguridade e benestar no seu entorno habitual. Os cambios normativos son importantes, pero a calidade dos coidados demóstrase no día a día.

A dependencia evoluciona. A forma de coidar, tamén.

🌐 agarimo.org
📞 606 210 242 // 988 686 011

☀️ O verán non trae máis horas ao día... pero si máis cousas que organizar. Cambian as rutinas, cambian os horarios... e...
07/07/2026

☀️ O verán non trae máis horas ao día... pero si máis cousas que organizar. Cambian as rutinas, cambian os horarios... e non sempre é doado chegar a todo.

Agarimo Servizos Socio-sanitarios
🌐 www.agarimo.org⁠

Ás veces, as situacións do día a día poden superarnos, pero non tes por que afrontalas en solitario. Estamos aquí para e...
25/06/2026

Ás veces, as situacións do día a día poden superarnos, pero non tes por que afrontalas en solitario. Estamos aquí para escoitarte, asesorarte e ofrecerte solucións á medida de cada necesidade. 🤝💙
Sexa cal sexa a túa dúbida, chámanos e axudarémoste a resolver problemas coa confianza e o apoio que buscas. O noso compromiso é o teu benestar.

O maltrato non sempre é visible, pero o silencio fano cómplice. Hoxe alzamos a voz para defender a dignidade e a segurid...
15/06/2026

O maltrato non sempre é visible, pero o silencio fano cómplice. Hoxe alzamos a voz para defender a dignidade e a seguridade dos nosos maiores.
A túa protección e o teu benestar son a nosa prioridade absoluta. Nin silencio, nin maltrato.

Hoxe celebramos o Día Mundial do Doante de Sangue. ❤️💉 Co teu pequeno xesto, podes salvar moitas vidas. Doar é dar agari...
14/06/2026

Hoxe celebramos o Día Mundial do Doante de Sangue. ❤️💉 Co teu pequeno xesto, podes salvar moitas vidas. Doar é dar agarimo, é dar esperanza. Desde Agarimo unímonos a esta celebración e animámoste a ser parte deste movemento de solidariedade.

Co noso servizo de libranza vinculada ao asistente persoal, aseguramos o benestar de quen máis queres e, sobre todo, a t...
04/06/2026

Co noso servizo de libranza vinculada ao asistente persoal, aseguramos o benestar de quen máis queres e, sobre todo, a túa tranquilidade. O asistente persoal é unha figura de apoio pensada para promover a autonomía, a inclusión e a vida independente, adaptándose ás necesidades e obxectivos de cada persoa.
Consúltanos sen compromiso na nosa oficina ou chamando ao teléfono. Estamos para axudarte.

A conciliación familiar non debería ser un malabarismo diario. ⚖️Cando o ritmo da vida se acelera e as obrigas se acumul...
19/05/2026

A conciliación familiar non debería ser un malabarismo diario. ⚖️
Cando o ritmo da vida se acelera e as obrigas se acumulan, contar cun apoio de confianza para o coidado dos máis pequenos marca a diferenza. Un fogar equilibrado constrúese con tempo de calidade, e ás veces, delegar é un paso para logralo.
A tranquilidade de saber que están en boas mans mentres ti afrontas o teu día a día non ten prezo.

A nosa lingua ten palabras que curan, que acompañan e que abrazan. Unha das máis bonitas é a que nos dá nome: Agarimo.Ho...
17/05/2026

A nosa lingua ten palabras que curan, que acompañan e que abrazan. Unha das máis bonitas é a que nos dá nome: Agarimo.
Hoxe, no Día das Letras Galegas, celebramos a riqueza da nosa cultura e o valor de comunicarnos dende a raíz. Porque escoitar, comprender e falar a nosa lingua coas persoas que nos rodean tamén é unha forma inmensa de coidar.
Feliz 17 de maio a todos e todas! 💙🤍

Dirección

Rúa Bedoya, N°7, 2°. Oficina 4. Ourense
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34988686011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agarimo Servicios Socio- Sanitarios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Agarimo Servicios Socio- Sanitarios:

Atajos

Compartir

Categoría