17/06/2026
Dende Conecta Ourense convidamos ás interesadas a participar na Presentación de Resultados e Experiencias sobre o Programa Pegada de Carbono, unha sesión presencial na que se darán a coñecer os principais resultados acadados polas empresas participantes na súa 3ª edición.
Durante a xornada abordaranse experiencias empresariais vinculadas ao cálculo da pegada de carbono, á elaboración de plans de e ao rexistro oficial, ferramentas cada vez máis relevantes para mellorar a competitividade e avanzar cara a modelos empresariais máis sostibles.
A sesión contará cunha mesa de experiencias con empresas participantes e coa entrega de diplomas ás entidades que completaron con éxito o proceso: Bodegas Campante, Eleko Tecnoloxía e Innovación, Gómez y Crespo, Granitos del Val, Grupo Tecnogap Atlántico e Maderas Rubén Galicia.
📅 23 de xuño de 2026
🕛 12:00 h
📍 Confederación Empresarial de Ourense
📝 Inscrición: https://forms.gle/hE6hUHf8sDDSvrV69
Desde a CEO seguimos impulsando iniciativas que axudan ás empresas ourensás a prepararse para os novos retos do mercado e a incorporar a sostibilidade como unha ferramenta práctica de futuro.