17/06/2026
O traballo no Parlamento de Galicia ten un obxectivo claro: facer que a nosa terra siga avanzando. E desde o PPdeOU asegurámonos de que a voz de Ourense conte con forza en cada debate, en cada lei e en cada investimento. 💼✨
Co Goberno de Alfonso Rueda, Galicia demostra estabilidade, sentidiño e xestión. Un traballo rigoroso desde o Parlamento que se traduce en mellores servizos, máis apoio ao rural e novas oportunidades para os ourensáns.
Seguimos a traballar por e para Ourense, porque defender a nosa provincia é a mellor forma de facer máis grande a Galicia. 📈💙