Deputación de Ourense

Deputación de Ourense A Deputación de Ourense comparte boa parte da súa actividade institucional Luis Menor Pérez

Presidente da Deputación de Ourense

Como presidente da Deputación de Ourense é un inmenso orgullo saudar desde este espazo a cantas persoas accedan á páxina de facebook da nosa institución. Unha ferramenta que as novas tecnoloxías poñen ao noso alcance para colaborar e cooperar na resposta ás necesidades dos concellos da provincia e dos seus habitantes. Nun territorio como o noso, caracterizado pola elevada dispersión da súa poboaci

ón, a sede electrónica da Deputación (www.depourense.gal) transfórmase no medio perfecto para facilitar o acceso a cantos programas e servizos presta esta institución, xa sexa no ámbito social como económico, na promoción do emprego, a defensa e conservación do medio ambiente, as infraestruturas, a formación, a cultura ou o deporte. A dixitalización da administración é un dos obxectivos marcados en maiúsculas na axenda de traballo da Deputación de Ourense, pois sen dúbida axudaranos a ser máis eficientes e prestar máis e mellores servizos tanto aos concellos como á cidadanía. Ademais, é o medio perfecto para dar cumprida conta do exercicio de transparencia que máis que nunca esixe a sociedade a toda acción de goberno. Tampouco esquezamos que desde este espazo poñemos a provincia de Ourense a un “clic” para que calquera persoa, en calquera parte do mundo e en calquera momento poida facer unha aproximación aos nosos recursos únicos e singulares como medio de promoción do territorio. Todas estas son razóns máis que suficientes para seguir traballando e innovando todos os días para a mellora da nosa sede electrónica, grazas tamén á profesionalidade dos nosos técnicos e ás suxestións de todos os usuarios.

👩‍💼 O talento non ten idade. Ten experiencia, coñecemento e futuro.A Deputación de Ourense impulsa e financia unha nova ...
08/09/2026

👩‍💼 O talento non ten idade. Ten experiencia, coñecemento e futuro.

A Deputación de Ourense impulsa e financia unha nova edición de «Xerando Redes +45», o programa desenvolvido por Executivas de Galicia para mellorar as oportunidades laborais das mulleres maiores de 45 anos da provincia.

📚 Formación e novas ferramentas para a empregabilidade
🤝 Networking e creación de redes profesionais
💡 Intelixencia artificial, redes sociais, educación financeira e emprendemento
🎯 Acompañamento para a procura de emprego e a mellora profesional

Un programa 100 % gratuíto, que se desenvolverá durante outubro e novembro e que aposta por poñer en valor o talento senior e combater os prexuízos asociados á idade no mercado laboral.

Porque a experiencia tamén é talento. E Ourense non pode permitirse desaproveitalo.

👷‍♀️ 8M, mes a mes | Setembro🪨 Este mes poñemos o foco nas mulleres que traballan no sector da lousa, unha actividade es...
08/09/2026

👷‍♀️ 8M, mes a mes | Setembro

🪨 Este mes poñemos o foco nas mulleres que traballan no sector da lousa, unha actividade esencial para a economía e a vida de Valdeorras

Coñecemos a historia de Aquilina Prieto Robleda, veciña de Carballeda de Valdeorras, que traballou durante 8 anos na lousa e outros 20 nunha canteira

💬 “É un traballo moi duro, pero é do que vivimos, é o que nos dá sustento en Valdeorras”

Aquilina representa a tantas mulleres que atoparon neste sector un emprego, unha forma de gañar independencia económica e un futuro na súa terra

Hoxe, arredor do 25 % das persoas que traballan no sector son mulleres e a mecanización permitiu avanzar cara a unhas condicións de traballo menos duras

🟣 Desde a Área de Igualdade da Deputación de Ourense, que dirixe Teresa Barge, seguimos facendo visible, mes a mes, o traballo das mulleres da nosa provincia

O presidente da Deputación, Luis Menor, repasa na súa entrevista en “La Región” os piares do seu proxecto para a provinc...
06/09/2026

O presidente da Deputación, Luis Menor, repasa na súa entrevista en “La Región” os piares do seu proxecto para a provincia:

👉 Plan CooperOU: Máis liberdade de xestión, fondos garantidos a catro anos e planificación a longo prazo para todos os concellos.

👉 Orzamentos históricos: Previsión de un mínimo de 110 millóns de euros para o próximo orzamento provincial.

👉 Diálogo sen excepcións: Capacidade de acordo demostrada para sacar adiante proxectos cruciais fronte á mala xestión noutras administracións.

Traballamos cun único obxectivo: que os recursos cheguen aos veciños de cada un dos 92 concellos de Ourense. 📈

🔗 Le a entrevista completa no enlace: https://www.laregion.es/ourense/luis-menor-presidente-deputacion-mandato-persoal-renovar-necesario_1_20260906-4403824.html

05/09/2026

Hoxe acompañamos a Bicos de Papel na súa II Gala Solidaria. O traballo que fai o tecido asociativo é impagable: chegades onde as institucións moitas veces non podemos chegar, demostrando que cando poñemos o corazón, a forza multiplícase.

Aos nenos e nenas que loitan contra o cancro infantil e ás súas familias: non estades sós. Toda a nosa forza, agarimo e un abrazo enorme de parte da Deputación de Ourense.

O noso compromiso está ao voso lado. 🫂💪

🇪🇺🤝🇺🇦 Ourense, territorio de aprendizaxe e cooperación europea.A Deputación de Ourense foi seleccionada como entidade an...
05/09/2026

🇪🇺🤝🇺🇦 Ourense, territorio de aprendizaxe e cooperación europea.

A Deputación de Ourense foi seleccionada como entidade anfitrioa do programa europeo TIPS4UA, que permitirá recibir, do 21 de setembro ao 2 de outubro, unha delegación de oito representantes institucionais da rexión ucraína de Zakarpattia.

A través do Inorde, compartirase a experiencia da provincia en ámbitos como a xestión de fondos europeos, a modernización administrativa, a resiliencia enerxética, a protección ambiental, o turismo sostible e o desenvolvemento territorial.

Durante dúas semanas, a delegación coñecerá proxectos e boas prácticas desenvolvidas en Ourense e Galicia, nun intercambio que busca construír relacións institucionais duradeiras e abrir novas vías de colaboración.

🌍 Ourense reforza así a súa proxección europea e contribúe á preparación das administracións ucraínas para afrontar a reconstrución do país e o seu achegamento á Unión Europea.

📖 Recuperamos unha obra clave do Rexurdimento galego.Coincidindo co 120 aniversario do falecemento de Valentín Lamas Car...
04/09/2026

📖 Recuperamos unha obra clave do Rexurdimento galego.

Coincidindo co 120 aniversario do falecemento de Valentín Lamas Carvajal, a Deputación de Ourense publica unha edición facsimilar de Dez cartas escritas pr’os gallegos, o manifesto poético co que o autor reivindicou en 1875 a lingua, a identidade e o potencial de Galicia.

A edición reúne nun estoxo de colección:

🔹 A reprodución exacta da primeira edición histórica.
🔹 Un estudo de Afonso Vázquez-Monxardín e a adaptación da obra ao galego actual.

Unha homenaxe ao legado de Lamas Carvajal no ano no que tamén celebramos os 150 anos de O Tío Marcos d’a Portela, o primeiro periódico editado integramente en galego.

🛒 Á venda na web da Deputación https://publicacions.depourense.es/2026/09/01/2654/ e, nos próximos días, nas librarías.
💶 PVP: 9 euros.

🤝 Cooperación institucional para seguir avanzando en Viana do BoloLuis Menor recibiu no Pazo Provincial á nova alcaldesa...
02/09/2026

🤝 Cooperación institucional para seguir avanzando en Viana do Bolo

Luis Menor recibiu no Pazo Provincial á nova alcaldesa, Graciela Diéguez, para revisar os proxectos en marcha e analizar novas vías de colaboración entre a Deputación e o Concello

➡️ Neste mandato, a institución provincial achegou preto de 2 millóns de euros para diferentes actuacións no municipio, entre elas melloras viarias e o novo campo de fútbol, cun investimento próximo aos 400.000 euros

A reunión tamén permitiu abordar a recuperación dos núcleos afectados polas riadas e as necesidades existentes nas estradas provinciais e locais

🏛️ Diálogo, cooperación e compromiso con Viana do Bolo e coa súa veciñanza

01/09/2026

💶 Máis de 3 millóns de euros mobilizados en só tres Xuntas de Goberno.

Esta semana, a Deputación de Ourense destina preto de 1,5 millóns de euros a seguir facendo provincia:

🏘️ 1.181.628,07 € para cooperación cos concellos
🤝 313.451,99 € para apoiar o tecido social, cultural, deportivo e económico

E o balance desde que retomamos a actividade tralo parón estival fala por si só: 3.096.463,53 € mobilizados en apenas tres sesións.

➡️ Recursos que chegan ao territorio e se transforman en servizos, investimentos, actividade e oportunidades para Ourense

🏗️ Mellores infraestruturas para impulsar o futuro de Valdeorras.O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañou ao pr...
31/08/2026

🏗️ Mellores infraestruturas para impulsar o futuro de Valdeorras.

O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na visita á estrada entre Casoio e Riodolas, no Concello de Carballeda de Valdeorras, para comprobar o resultado das obras de mellora desta vía.

🛣️ Unha infraestrutura fundamental para a mobilidade da veciñanza e tamén para a actividade dun sector estratéxico para a economía e o emprego da provincia como é a lousa.

🤝 Xunta, Deputación e Concello, sumando esforzos para mellorar as comunicacións e apoiar o desenvolvemento económico e social de Valdeorras.

Dirección

Rua Do Progreso, 32
Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:30
Martes 08:30 - 15:30
Miércoles 08:30 - 15:30
Jueves 08:30 - 15:30
Viernes 08:30 - 15:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Deputación de Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Deputación de Ourense:

Atajos

Compartir