10/11/2021
https://www.facebook.com/1095672303831620/posts/4624397770959038/
🤬🤬 INDIGNANTES e IMCOMPRENSIBLES
Así son as propostas levadas polos alcaldes e alcaldesas e a propia Fegamp na representación dos concellos, tanto da que sexan do Partido Popular de Galicia , Partido Socialista de Galicia , BNG - Bloque Nacionalista Galego e outros grupos políticos.
En 1º lugar xa deixan patente que a súa visión dun servizo esencial de emerxencias solo o queren para facer labouras de outros departamentos municipais como é o de limpeza, iso si! cos cartos de tódolos galegos destinados ás emerxencias, importandolle NADA a natureza do servizo e a seguirdade dos veciños e veciñas, xa que, mentres os bombeiros e bombeiras dos GES están a facer as changanadas dos alcaldes e no caso de que se produza unha situación de emerxencia, esta non poderá ser atendida a tempo debido a que o persoal non estará dispoñible para actuar nas isocronas marcadas.
Ademais os veciños perxudicados por estas prácticas non solo serán os do concello sede, se non que debido os tempos de resposta serán os concellos limítrofes os máis afectados, os cales presta servizo os GES, que recordemos teñen carácter SUPRAMUNICIPAL.
Noutro punto, no cal se refire a eliminación das quendas das 24 horas, este punto non deixa claro as pretensión dos alcaldes e alcadesas, xa que, non se sabe se o que pretenden é que un departamento o cal ten establecido un horario de 24 horas de traballo continuo, sendo un estandar nacional nos servizos de bombeiros poloa súa efectividade, pretenden que pase a ser en quendas de 8 ou 12 horas, quen sabe para que... ¿será unha medida de represalia contra os traballadores e traballadoras dos GES que gañaron os seus dereitos nos xulgados contra os diferentes concellos? ¿Ou acaso a súa pretensión é a de eliminar a quenda de noite? Claro.... como as emerxencias solo se poden dar de día....
Cabe destacar que, dende esta asociación presentouse unha serie de propostas no seu día, debidamente rexistras tanto as 4 deputacións galegas, como a FEGAMP e Xunta de Galicia, ademais de haber mantido diversas reunións cos representantes dos antes nomeados, onde se lles comunicou as deficiencias que está a sufrir o colectivos en gran medida o por de estas prácticas caciquiles dos alcaldes e alcaldesas dos concellos sede dos GES, ademais de advirtir o RISCO real que supón para os cidadáns galegos e visitantes así como para os traballadores do propio colectivo o facer funcións incompatibles con un servizo de prevención, protección civil, extinción e salvamento e ademais o por en grave risco continuo aos traballadores e traballadoras.
Destaca tamén que estas propostas feitas pola FEGAMP en representación dos concellos sede, non estan xustificadas de ningunha maneira, mentres que dende esta asociación xustificouse o porqué das revindicacións que se propuxeron.
Así con este plantexamento é a importancia que lles da a vida e as propiedades dos veciños e veciñas os alcalde e alcaldesas, así como os representantes das deputacións.
Esperemos polo ben nos solo do coelctivo do GES, se non polo ben de tódolos galegos que na vindeira reunión para o convenio colectivo de funcionamento dos GES non se teña presente este escrito, e as negociación sexan en pro dun servizo rápido e eficaz e tan necesesario no rural é o servizo de emerxencias GES.🔈🔈