Concello de Oroso

Concello de Oroso Benvidos á páxina oficial do Concello de Oroso. Aquí atoparás información sobre os nosos servizos e actividades. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur.

Estamos comprometidos co cambio e o avance.

¡Únete a nós neste emocionante camiño cara ao futuro! O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela. O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos. O monte Cos

ta, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo, o Ca**ón ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales. O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.

🐎 𝗫𝗜𝗜𝗜 𝗫𝗢𝗚𝗢𝗦 𝗘𝗖𝗨𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢Este sábado 12 de setembro, a Gándara acolle unha nova edición dos Xogos Ecuestres de Oro...
09/09/2026

🐎 𝗫𝗜𝗜𝗜 𝗫𝗢𝗚𝗢𝗦 𝗘𝗖𝗨𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢

Este sábado 12 de setembro, a Gándara acolle unha nova edición dos Xogos Ecuestres de Oroso, unha xornada aberta a toda a veciñanza para desfrutar dos cabalos, da música, da gastronomía e dun ambiente de festa.

📍 Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso
Piñeirón 23, A Gándara
🕛 A partir das 12:00 h

🐴 Exhibicións ecuestres e doma
🔥 Churrascada
🎸 Blues en directo con MISURIA
🎯 Potro mecánico e actividades para os máis pequenos
🎧 E pola noite, sesión con DJ Rubén Hierba Buena

🍽️ Para participar na churrascada é necesario anotarse previamente no 630 017 268.

Un sábado diferente para desfrutar en familia ou con amigos. Agardámosvos na Gándara!

🎶🐟 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗢 𝗣𝗦𝗜𝗖𝗢𝗧𝗥𝗢𝗜𝗧𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲Hoxe presentamos no Paseo do Carboeiro o cartel dunha nova edición de Psicotroita, que ...
09/09/2026

🎶🐟 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗢 𝗣𝗦𝗜𝗖𝗢𝗧𝗥𝗢𝗜𝗧𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲

Hoxe presentamos no Paseo do Carboeiro o cartel dunha nova edición de Psicotroita, que converterá Sigüeiro nun punto de encontro para a música e a cultura os días 26 e 27 de setembro.

Na presentación contamos coa presenza de Marcos Gómez, Comisario do Xacobeo, acompañándonos nunha cita que segue medrando e consolidándose dentro da programación cultural de Oroso.

📅 26 e 27 de setembro
📍 Paseo do Carboeiro · Sigüeiro

Dúas xornadas de música en directo nunha contorna privilexiada ás beiras do Carboeiro. 🎸🌳

🎒📚 𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔 𝗔𝗢 𝗖𝗢𝗟𝗘 𝗘𝗡 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢Hoxe comeza un novo curso para os 897 nenos e nenas do noso concello, e con el volven as aulas,...
09/09/2026

🎒📚 𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔 𝗔𝗢 𝗖𝗢𝗟𝗘 𝗘𝗡 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢

Hoxe comeza un novo curso para os 897 nenos e nenas do noso concello, e con el volven as aulas, os reencontros, as aprendizaxes e tamén eses madrugóns que ninguén botaba especialmente de menos. 😅

Dende o Concello de Oroso queremos desexar unha boa volta ao cole a todo o alumnado, ás familias, ao profesorado e ao persoal dos centros educativos.

Que sexa un curso cheo de aprendizaxe, ilusión e bos momentos. 💙

🎉 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗚𝗔́𝗡𝗗𝗔𝗥𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲A Gándara prepárase para varias xornadas de festa, música e tradición durante este mes de setem...
08/09/2026

🎉 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗚𝗔́𝗡𝗗𝗔𝗥𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲

A Gándara prepárase para varias xornadas de festa, música e tradición durante este mes de setembro.

📅 Domingo 13 de setembro
⛪ Festa na honra a Santa Bárbara, con misa solemne ás 13:00 h
🎶 Tania Veiras e Los Cumbia Pop
🎈 Inchables gratuítos para os máis pequenos
🎆 Fogos de artificio ao remate da xornada

📅 Sábado 26 de setembro
⛪ Misa solemne ás 13:00 h na honra a San Miguel

📅 Domingo 27 de setembro
⛪ Festa na honra ao Santísimo Sacramento
🎶 Aires de Broña
🎈 Inchables gratuítos durante a sesión vermú
🌸 Alfombra floral

Dende o Concello de Oroso animamos á veciñanza a achegarse e desfrutar das festas da Gándara, e agradecemos o traballo de todas as persoas e da comisión que fan posible manter vivas estas celebracións. 💙

🚴‍♀️🚴 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗦 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗗𝗘𝗦𝗖𝗨𝗕𝗥𝗜𝗥 𝗢 𝗖𝗜𝗖𝗟𝗜𝗦𝗠𝗢 𝗘𝗡 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢O Oroso Club Ciclista celebra unha xornada de portas a...
07/09/2026

🚴‍♀️🚴 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗦 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗗𝗘𝗦𝗖𝗨𝗕𝗥𝗜𝗥 𝗢 𝗖𝗜𝗖𝗟𝗜𝗦𝗠𝗢 𝗘𝗡 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢

O Oroso Club Ciclista celebra unha xornada de portas abertas pensada para que os máis pequenos poidan achegarse ao ciclismo, probar a actividade e pasar unha mañá diferente sobre dúas rodas.

📅 Sábado, 26 de setembro
🕚 11:00 h
📍 Parque do Carboeiro

Unha oportunidade para coñecer de preto o club, pedalear e descubrir este deporte nun ambiente divertido e familiar.

📞 Máis información: 639 15 87 50
📲 Instagram:

Animamos ás familias a achegarse e probar. 🚲

♟️🌍 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢 𝗩𝗜𝗩𝗜𝗨 𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗧𝗔𝗥𝗗𝗘 𝗢 𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗡𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗫𝗔𝗗𝗥𝗘𝗭O Pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro acolleu esta tarde a ...
06/09/2026

♟️🌍 𝗢𝗥𝗢𝗦𝗢 𝗩𝗜𝗩𝗜𝗨 𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗧𝗔𝗥𝗗𝗘 𝗢 𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗜𝗡𝗧𝗘𝗥𝗡𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗫𝗔𝗗𝗥𝗘𝗭

O Pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro acolleu esta tarde a segunda edición do Torneo Internacional de Xadrez Concello de Oroso, unha cita que volveu reunir xogadores e afeccionados arredor deste deporte.

Unha tarde de competición, concentración e bo ambiente, nun torneo puntuable para o Circuíto Galego e para o Circuíto da Deputación da Coruña.

Dende o Concello de Oroso queremos agradecer a participación de todas as persoas inscritas, así como o traballo da organización e das entidades colaboradoras que fixeron posible esta nova edición.

Grazas por seguir facendo do xadrez unha actividade que une e move Oroso. ♟️💙

🩸 𝗗𝗢𝗔𝗭𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗡𝗚𝗨𝗘 𝗘𝗡 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Sigüeiro o vindeiro m...
04/09/2026

🩸 𝗗𝗢𝗔𝗭𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗡𝗚𝗨𝗘 𝗘𝗡 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Sigüeiro o vindeiro martes 15 de setembro. Un pequeno xesto que pode axudar a salvar vidas.

📅 Martes, 15 de setembro
📍 Detrás do antigo Centro de Saúde, actual Centro Cívico e Policía Local
🕘 De 09:45 a 14:30 h e de 16:00 a 21:00 h

Antes de doar lembra:
🥪 É necesario almorzar e, despois de xantar, agardar 2 horas.
🪪 Trae a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
💊 Informa ao persoal médico se estás tomando algún medicamento.
🍽️ Evita unha comida copiosa antes da doazón.

Dende o Concello de Oroso animamos á veciñanza que poida doar a participar. Doar sangue é doar vida. ❤️

🪑🗑️ 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗔 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗨𝗥𝗕𝗔𝗡𝗢O Concello de Oroso completou a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro, ...
03/09/2026

🪑🗑️ 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗔 𝗡𝗢𝗩𝗢 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗨𝗥𝗕𝗔𝗡𝗢

O Concello de Oroso completou a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro, substituíndo practicamente a totalidade dos bancos e papeleiras do casco urbano.

✅ Máis de 50 novos bancos
✅ Preto de 100 papeleiras
💶 Investimento de máis de 30.000 euros

A actuación permite retirar elementos deteriorados polo uso e mellorar a comodidade, a imaxe e o coidado dos espazos públicos que utilizamos cada día.

O proxecto foi posible grazas ao cofinanciamento da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, da Xunta de Galicia e do Concello de Oroso.

Seguimos renovando e mantendo os equipamentos de Sigüeiro para contar cun espazo urbano máis coidado e funcional.

🎉 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗡𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗕𝗔𝗡𝗫𝗔A Grabanxa celebra os días 8 e 9 de setembro as súas festas, con dúas xornadas de tradición, música ...
03/09/2026

🎉 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗡𝗔 𝗚𝗥𝗔𝗕𝗔𝗡𝗫𝗔

A Grabanxa celebra os días 8 e 9 de setembro as súas festas, con dúas xornadas de tradición, música e encontro veciñal.

📅 Martes 8 de setembro
⛪ Festa na honra á Virxe das Mercedes
🎶 Alborada
🎧 DJ Carnota

📅 Mércores 9 de setembro
⛪ Festa na honra a San Ramón
🎶 Reflejos
🎶 Los Satélites

Dende o Concello de Oroso animamos á veciñanza a achegarse e desfrutar das festas da Grabanxa.

Grazas á organización e a todas as persoas e entidades que colaboran para manter vivas as celebracións das nosas parroquias. 💙

👩‍🍳🍽️ 𝗢 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗣𝗟𝗨𝗥𝗜𝗟𝗜𝗡𝗚𝗨̈𝗘 𝗗𝗘 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗕𝗨𝗦𝗖𝗔 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗟 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔𝗗𝗢𝗥 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗢𝗥 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗥Dende o Concello de Oroso colabor...
03/09/2026

👩‍🍳🍽️ 𝗢 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗣𝗟𝗨𝗥𝗜𝗟𝗜𝗡𝗚𝗨̈𝗘 𝗗𝗘 𝗦𝗜𝗚𝗨̈𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗕𝗨𝗦𝗖𝗔 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗟 𝗖𝗢𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗔𝗗𝗢𝗥 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗢𝗥 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗥

Dende o Concello de Oroso colaboramos na difusión desta chamada do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro para incorporar persoal de apoio na atención e vixilancia do alumnado durante o servizo de comedor.

🕐 Horario: de 13:20 a 15:45 h
🍴 Comida gratuíta: a mesma que o alumnado
💶 Retribución: 12,50 € por día traballado, con pagamento ao final de cada trimestre

Entre as funcións estarán a atención e coidado do alumnado, a vixilancia antes e despois do xantar, o apoio durante a comida e o aseo e o fomento de hábitos de alimentación, hixiene e convivencia.

📞 Persoas interesadas: 881 866 204
📧 [email protected]

Agradecemos a difusión para axudar ao centro a completar o persoal necesario para este servizo.

Dirección

Praza Isaac Díaz Pardo, Nº1
Oroso
15888

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:00
Martes 08:30 - 14:00
Miércoles 08:30 - 14:00
Jueves 08:30 - 14:00
Viernes 08:30 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Oroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Oroso:

Atajos

Compartir