CCD Ortigueira

CCD Ortigueira Página oficial de Centristas Ortigueira que da a conocer esta nueva organización política. Un esp

Unha vez máis: boas noites, veciños! 🍏Rematamos este longo día cun sorriso na boca. Estamos moi orgullosos dos 269 valen...
26/05/2019

Unha vez máis: boas noites, veciños! 🍏

Rematamos este longo día cun sorriso na boca. Estamos moi orgullosos dos 269 valentes que confiáchedes no noso grupo e neste proxecto. Queda demostrado que as persoas somos as que podemos cambiar as cousas.

Por quen apostáchedes por nós e por toda Ortigueira temos por diante 4 anos de traballo e esforzo.
Outra maneira de facer política é posible.

Gracias, veciños!

24/05/2019

Boas noites! 🍏
Fixemos un vídeo resumo do que foi para nós esta campaña electoral. Votádelle un ollo ás fotos de algunha das parroquias que visitamos.
Este video é un agradecemento a todos os que vos acercáchedes a dialogar con nosco e tamén a cada un dos integrantes do noso grupo.
Estamos moi contentos co vivido nestes días!
Empezamos este proxecto con valentía e iso é o que vos pedimos a vós: valentía.

Vémonos nas urnas!

24/05/2019

Vémonos hoxe ás 9 no Centro Social de Loiba? 🍏

Comeza a conta atrás!Ainda estades a tempo de vir a escoitarnos. Hoxe estaremos no Baleo e na Aldea (Espasante) ás 7 da ...
23/05/2019

Comeza a conta atrás!
Ainda estades a tempo de vir a escoitarnos. Hoxe estaremos no Baleo e na Aldea (Espasante) ás 7 da tarde e 9 da noite respectivamente. Vémonos?

Mañá terá lugar o último mitin: o mitin de peche. Nós escollimos Loiba xa que garda unha forte vinculación con varias de nós, incluida a nosa representante Isabel (De Loiba de sempre)

Partimos de cero! 🍏

Boas tardes!Vémonos nun anaco na Perla.E ás 9 no Centro Social do Porto!Partimos de cero! 🍏
22/05/2019

Boas tardes!
Vémonos nun anaco na Perla.
E ás 9 no Centro Social do Porto!

Partimos de cero! 🍏

Boas días, veciños!🍏Xa presentamos ás persoas que forman parte do noso grupo e, por outro lado, as nosas propostas para ...
21/05/2019

Boas días, veciños!🍏
Xa presentamos ás persoas que forman parte do noso grupo e, por outro lado, as nosas propostas para dotar a Ortigueira do cambio que necesita. Agora queremos insistir no seguinte:
1) Temos a preparación suficiente para abordar calquera modificación que precise o concello.
2) Podedes consultar a nosa candidatura na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/pg/CentristasOrtigueira/photos/?tab=album&album_id=441249533107032
3) Podedes revisar as nosas principais ideas nesta outra ligazón: https://www.facebook.com/pg/CentristasOrtigueira/photos/?tab=album&album_id=441858226379496
4) Ainda estades a tempo de vir a algún dos nosos mitins. Consultade o noso calendario nesta ligazón:
https://www.facebook.com/CentristasOrtigueira/photos/a.423784151520237/441482293083756/?type=3&theater
Gracias polo apoio, veciños!🍏

Boas noites! 🍏Xa estamos en Mera de Riba! É o momento do noso compañeiro Víctor, máis coñecido coma o veterinario. Sempr...
20/05/2019

Boas noites! 🍏
Xa estamos en Mera de Riba!
É o momento do noso compañeiro Víctor, máis coñecido coma o veterinario. Sempre disposto a axudar e a facer cousas polos demais.
Non podemos decir que é o último compañeiro do grupo xa que detrás de estas 14 persoas hai moitas que tamén están a arrimar o ombreiro. Cada día somos máis as que apostamos por este proxecto e non sabedes o orgullosos que estamos de iso!

20/05/2019

Bos días! 🍏
Xa estamos a rematar ca presentación vía Facebook dos nosos integrantes. Hoxe tócalle a Milo: unha fichaxe do outro lado do charco.
Poderíamos falar moito de el e do valioso que resulta para o grupo pero mellor que volo conte el. Votádelle unha ollada ao vídeo que grabou dende Brasil para presentarse, falar do que pode aportar e abrir líneas de debate de como mellorar esta situación.
Qué vos parece?

Boas noites! 🍏Que tal de domingo?Nós estamos a organizar o grupo para rematar esta etapa 0. Estamos traballando para con...
19/05/2019

Boas noites! 🍏
Que tal de domingo?
Nós estamos a organizar o grupo para rematar esta etapa 0. Estamos traballando para conseguir un novo camiño para o concello: un camiño que comeza na campaña electoral pero que, se confiades en nós, durará, como mínimo, catro anos.
Formar parte do equipo de goberno é o primeiro obxetivo. Temos moitas ideas para mellorar esta situación. Non podemos prometer grandes obras mais si, seguir traballando, ca mesma tenacidade, despois do 26 de maio.
Pero, como decíamos, primeiro tedes que confiar. Que mellor maneira que dialogando con nós?
Animádevos a vir a algún dos mitins da vindeira semana e falemos! Votadélle un ollo ó noso calendario.
E, se non, vémonos na rúa!

Bos días! 🍏Hoxe, domingo, é día de descansar. Se ben nós seguiremos traballando duramente, non vos saturaremos hoxe con ...
19/05/2019

Bos días! 🍏
Hoxe, domingo, é día de descansar. Se ben nós seguiremos traballando duramente, non vos saturaremos hoxe con mitins.
Aproveitamos para falarvos da nosa compañeira Mary. É unha nai orgullosa de Loiba que se adica ao coidado dos maiores. Cremos que con esa breve descripción queda claro a bondade que ten. Sempre disposta a votar unha man, estamos encantados de contar con ela en Centristas Ortigueira!

Ao longo do día publicaremos o calendario da vindeira semana.
Desfrutade do domingo!!

Bos días!🍏Vémonos hoxe en Mera de Abaixo e San Adrián ás 7 da tarde e 9 da noite respectivamente? ☺️
18/05/2019

Bos días!🍏
Vémonos hoxe en Mera de Abaixo e San Adrián ás 7 da tarde e 9 da noite respectivamente? ☺️

Feliz día das Letras Galegas!Para celebrar este día deixámosvos unhas "letras" para ler: o noso programa electoral.É un ...
17/05/2019

Feliz día das Letras Galegas!
Para celebrar este día deixámosvos unhas "letras" para ler: o noso programa electoral.
É un programa humilde, xa que non podemos prometer grandes obras ou proxectos. Está baseado na promesa de traballo e tenacidade. O noso programa consiste en petar en todas as portas que faga falla, en reclamar o noso e loitar polo que nos pertence. O noso programa é o reflexo do sentido común que predicamos e consideramos tan necesario.
Se vos xurde algunha dúbida, recordade que vémonos hoxe ás 20:30h no Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
Mañá estaremos en Mera de Abaixo e en San Adrián.
O domingo, para deixar de saturarvos con tanto verde, compartiremos con todos vós o calendario completo da vindeira semana.
Vémonos hoxe no Teatro?

Dirección

Ortigueira
15330

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CCD Ortigueira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a CCD Ortigueira:

Compartir