Bng Outeiro

Bng Outeiro Somos un grupo de homes e mulleres traballando polo noso concello e polo noso país. Conseguir unha Galiza mellor e máis xusta é o que nos move.

Esta é a imaxe hoxe de Outeiro de Rei grazas ao goberno local.O mesmo Concello que leva anos ignorando as iniciativas do...
02/06/2026

Esta é a imaxe hoxe de Outeiro de Rei grazas ao goberno local.

O mesmo Concello que leva anos ignorando as iniciativas do noso Grupo e de colectivos en defensa do patrimonio, non ten vergonza en poñer a Torre de Sobrada no apartado de "turismo" da web.

Nós si cremos na posta en valor do noso e en que o Concello poida sacar peito de como defende o seu patrimonio.

https://www.elprogreso.es/articulo/comarcas/torre-outeiro-rei-pazo-ulloano-lista-roja-hispania-nostra/202606012029151974675.html?utm_campaign=mrf-facebook-elprogresodelugo&utm_source=facebook&utm_medium=social&mrfcid=202606016a1a99003e6f3e29b070380c&fbclid=IwY2xjawSLYkBleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeDVM25fgSy6bzDlDaCy2pxkydB2827P-pFu5e6VOIqvMGXVr33T89mtszRS4_aem_dxCiwFQkeM2Cu2GJo8Ggbg

El colectivo alerta que el "grave estado de deterioro" de ambas construcciones compromete su integridad

🚩🚩🚩A Torre de Sobrada de Aguiar ingresa na Lista Vermella de Patrimonio.Outeiro de Rei pasa a ser, xunto con Friol, o Co...
01/06/2026

🚩🚩🚩

A Torre de Sobrada de Aguiar ingresa na Lista Vermella de Patrimonio.

Outeiro de Rei pasa a ser, xunto con Friol, o Concello que máis bens ten nesta Lista en toda a Provincia de Lugo: a Torre de Taboi, a pontella da ínsua do Maiordomo e, agora, a Torre de Sobrada.

Nós cremos nun Concello vivo e que respecta o seu patrimonio cultural, facendo del un orgullo, unha fonte de aprendizaxes e tamén un atractivo para a súa posta en valor.

Dende o BNG levamos anos presentando iniciativas para a conservación, para a inversión e para o mantemento.

Outrxs... lembraranse da Torre cando caia.

Outeiro de Rei (Lugo). Torre defensiva del siglo XV construida en mampostería de pizarra con refuerzos en las esquinas y ventanas de bloques de granito.

Por qué compartimos unha nova de Ourense do ano 2022? Porque desvelaba unha das tramas de "mordidas" e financiamento ile...
28/05/2026

Por qué compartimos unha nova de Ourense do ano 2022?

Porque desvelaba unha das tramas de "mordidas" e financiamento ilegal máis escandalosas da familia Baltar na Deputación de Ourense.
Esa trama tiña como un dos seus elementos corruptores, a empresa Coviastec, S.L., propiedade dun ex-alcalde do PP.

E por qué mencionamos isto agora en 2026?
Porque o Concello de Outeiro de Rei vén de adxudicar a segunda fase do Centro de Día a Coviastec...
Por máis de 560.000€.

A unha empresa que ten estado no epicentro de varias tramas corruptas e coñecida por pagar comisións a cargos políticos.

Solicitamos a información completa do proceso de contratación, que analizaremos co máximo de cautela, si, pero tamén co máximo de exixencia.

La Presidencia de la Deputación de Ourense acaba de adjudicar ocho contratos menores a Coviastec S.L., constructora fundada por el que fuera acalde de Maside por el PP, Benigno Álvarez y que ...

O noso apoio á Asociación cultural de P***s de Rodas após os actos vandálicos sofridos no campo de Gaioso.Sumámonos á de...
27/05/2026

O noso apoio á Asociación cultural de P***s de Rodas após os actos vandálicos sofridos no campo de Gaioso.

Sumámonos á denuncia pública e ogallá as persoas culpábeis lle boten unha pensada antes de semellantes asaltos intolerábeis ao que é de todas as veciñas e veciños.

😡😡😡😡😡😡😡😡

Hoxe atopámonos con estas pintadas nas paredes dos vestiarios do campo de fútbol de Gaioso.

Que tristeza ver como estos actos vandálicos destrozan espazos públicos.

O BNG consegue fomentar un novo acordo en Madrid para a transferencia da AP-9.Unha iniciativa que tamén lideramos no Par...
26/05/2026

O BNG consegue fomentar un novo acordo en Madrid para a transferencia da AP-9.
Unha iniciativa que tamén lideramos no Parlamento galego e á que o PPdeG votou a favor.

Pois chega a Madrid e o PP, tamén os Deputados e Deputadas galegos, votan en contra.

Iso é o que lle preocupa a algúns e algunhas o que pase no noso país.

Tras a aprobación do relatorio, o texto pasará á Comisión de Transportes e despois ao pleno do Congreso, onde, ao tratarse dunha lei orgánica, require da mai...

En Compostela, na Coruña, en Vigo e en Lugo...O BNG é unha forza politica que consegue cada día maior confianza da cidad...
25/05/2026

En Compostela, na Coruña, en Vigo e en Lugo...

O BNG é unha forza politica que consegue cada día maior confianza da cidadanía, sobre a base do traballo ben feito, da oposición política onde non temos responsabilidade de goberno e con accións transformadoras alá onde gobernamos.

Fronte ao mesmo de sempre, o BNG é unha forza na que confiar, cun modo de noso de demostrar que si se pode facer política de xeitos diferentes e orientados á cidadanía.

ENQUISA SONDAXE. SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O BNG MEDRA.

A quen puidese interesar. Axudas da Vicepresidencia. Deputación de Lugo con relación a razas autóctonas.
24/05/2026

A quen puidese interesar.

Axudas da Vicepresidencia. Deputación de Lugo con relación a razas autóctonas.

Xa podes solicitar as axudas para a recría de razas autóctonas do programa Morenas! 🐮

🐐🐑 A convocatoria diríxese ás granxas que crían animais das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ou Vianesa, de Ovella Galega ou de Cabra Galega.

Consulta as condicións e completa o formulario aquí 👉 https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medio-rural/subvencions/morenas

Tamén levamos a pleno os danos ao noso patrimonio, denunciados por Mariña Patrimonio, e aparentemente causados por activ...
22/05/2026

Tamén levamos a pleno os danos ao noso patrimonio, denunciados por Mariña Patrimonio, e aparentemente causados por actividades de tala de madeira.

O Señor Alcalde? Di que si tiveron noticia do episodio, tamén a través da Xunta, pero non fixo nada nin sabía nada ao respecto.
(E o Pleno tivo lugar dúas semanas despois dos feitos).

Nós cremos nun Concello que protexe os nosos bens culturais, a nosa historia e non permite que se danen sen sequera investigar o sucedido.

No pleno de abril preguntamos ao Señor Alcalde polos orzamentos para este ano.Por qué o fixemos? Porque tiñan, por Lei, ...
20/05/2026

No pleno de abril preguntamos ao Señor Alcalde polos orzamentos para este ano.

Por qué o fixemos? Porque tiñan, por Lei, que estar presentados e aprobados, como moi tarde, en decembro de 2025.

A Xunta de Galiza tenos aprobados, tamén a Deputación; e tamén Lugo, Rábade, Cospeito, Guitiriz, Begonte, O Corgo...

A inmensa maioría dos Concellos da Provincia aproba orzamentos, mentras que o noso prorroga, tendo maioría absoluta, ano tras ano. Leva décadas sen sacar unhas contas a tempo.

Aprobar ou non os orzamentos non é un asunto cativo.
Se non se presentan, non temos maneira de saber en que se van a gastar os nosos cartos, non sabemos canto se ingresa, non sabemos cal é a débeda para este ano...

O Señor Alcalde e o equipo de goberno podían ter orzamentos e deciden non facelo.
A única explicación é a intención de ocultar as contas á cidadanía.

Nós cremos nunha Alcaldía que non teña nada que ocultar e que non minta á cidadanía cos cartos de todas e todos.

Dirección

Outeiro De Rei
Otero De Rey
27150

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bng Outeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Bng Outeiro:

Compartir