17/06/2026
🛣️🚵🏻♀️🚶🏼♀️ O TRABALLO DO BNG SEGUE A DAR FROITOS: NOVO SENDEIRO PEONIL E CICLABLE ENTRE A SERRA E ROO (AC-550)
✍🏼O BNG leva anos propoñendo, nos orzamentos da Xunta, a creación dun sendeiro peonil e ciclable ao longo da estrada xeral: dende a ponte de Seilán ate o Freixo pasando pola Serra e Roo. O obxectivo é dotar dun servizo básico de mobilidade peonil e ciclable que conecte os núcleos urbanos e aumente a seguridade vial na AC-550.
✅ Mentres estivemos no goberno, elevámolo en reunións e diversas conversas ao departamento da Xunta responsable e agora vense de anunciar a contratación dunha primeira fase que conectará A Serra co Cruceiro de Roo.
➕ O noso traballo propositivo segue a dar froitos e no BNG queremos aínda máis: seguiremos insistindo para que esta rede de mobilidade peonil e ciclable chegue ao Freixo, Seilán e á Ponte Nafonso pola AC-196.