11/09/2026
ABERTAS AS DE INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR NA RUTA DE SENDEIRISMO DAS “TORRENTES DE MÁCARA” DO PROGRAMA GOZA DO ULLA
O sábado 19 de setembro Palas de Rei acolle a ruta de sendeirismo “Torrentes de Mácara” do programa Goza do Ulla.
Goza do Ulla, trátase dunha iniciativa mediante a cal, se organizan andainas en todos os municipios polos que atravesa o río Ulla, con case unha veintena de recorridos dende o seu nacemento ata a súa desembocadura.
A ruta das “Torrentes de Mácara” en Palas de Rei, percorrerá o río Ulla polo tramo das Torrentes de Mácara, iniciándose no antigo Balneario de Frádegas e chegando ata a desembocadura do río Pambre no Ulla. Neste tramo hai un pequeño canón entre granito con moitos rápidos e pequenas fervenzas, Atópanse árbores de formas irregulares e grandes rochas que se deben atravesar. Posteriormente visitarase o Castelo de Pambre.
Máis información e inscricións nas dependencias do Concello de Palas de Rei ou a través do teléfono 982380001.