Centro Cultural A Fábrica

Centro Cultural A Fábrica Piscina Municipal - Auditorio - Escola de Musica - Cultura, Deportes, Ensino e Xuventude

05/01/2024

👑 Os Reis Magos en Perillo 🐪

02/01/2024

🐪👑 O vindeiro venres 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio.

Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

▪16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
▪16:45 H - Avenida Francisca Herrera
▪16:50 H - Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
▪17:00 H - Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
▪17:10 H - Rúa das Garridas
▪17:20 H - N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
▪17:25 H - Urbanización O Seixo
▪17:40 H - Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
▪17:55 H - Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós
▪18:05 H - Avenida Espoz y Mina
▪18:10 H - Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
▪18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
▪18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño
▪18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
▪18:50 H – Rúa Doutor Fleming
▪19:00 H – Paseo de Mera
▪19:05 H – Avenida María Pita
▪19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
▪19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
▪19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
▪19:35 H – Avenida Concepción Arenal
▪19:40 H – Avenida Che Guevara
▪19:50 H – Rúa Darwin
▪20:00 H – Avenida Santa Cristina
▪20:10 H – Rúa Miradoiro
▪20:15 H – Avenida da II República

Publicados os listados provisionais de preinscritos en Ocioleiros 2024.
29/12/2023

Publicados os listados provisionais de preinscritos en Ocioleiros 2024.

Programa de actividades de Ocio organizado polo Servizo Municipal de Educación, Departamento de Cultura, Servizo Municipal de Deportes e o Centro de Información Xuvenil. Do 11 á 8.00 h. ao...

12/11/2023

🏗🧱O Concello de Oleiros dedicará 150.000 euros para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria ao longo de todo o termo municipal.

En breve comezarán as obras, que durarán un tempo estimado de 6 meses e que consisten en elevar algúns pasos de peóns, dispoñer bandas horizontais de calmado de velocidade, instalar pavimento podotáctil para persoas con dificultades visuais ou mellorar algúns sinais verticais que se atopan deteriorados, entre outras medidas de mellora da mobilidade peonil.

As principais intervencións terán lugar nas rúas Barcala, Pilar Estévez, Arillo, Jiménez Herrero, Corredoira das Viñas, Cormorán, Águia, Concepción Arenal, Souto, Helios e Valle Inclán.

12/11/2023

❄️ VIAXE Á NEVE 2024: CAMPAÑA INVERNO/NEVE DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Os nenas e nenos de 11 a 15 anos empadroados en concellos da provincia da Coruña son os destinatarios deste programa deportivo da Deputación Provincial. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

📆 A viaxe á neve prevista para o 2024 transcorrerá entres os días 12 e 15 de xaneiro.

🕣 O prazo para facer as inscricións das persoas interesadas é do 9 de novembro ao 1 de decembro de 2023 no rexistro do Centro Cultural A Fábrica (Perillo) ou a través da Sede Electrónica

A viaxe inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

ℹ️ Máis información no Departamento de Deportes (A Fábrica) e en https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024

12/11/2023
03/11/2023

Enlace do canal de Whatsapp do Centro Cultural A Fábrica

03/11/2023
31/10/2023

🐝🌼 Este domingo 5 de novembro, en horario de 10.00 a 15.00 horas, celébrase a ###IV edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República. Un total de 40 apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos.

As persoas que se acheguen a esta feira poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata produtos de beleza e coidado corporal. Ademais, a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros (ás 12:30 horas) amenizará a xornada coa súa música. esta feira, única en toda Galicia, o Concello de Oleiros pretende apoiar a un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.

16/10/2023

📽 O Voluntariado de Oleiros organiza proxeccións de películas e documentais de temática medioambiental os terceiros domingos de cada mes. A primeira das xornadas será o domingo 22 de outubro na Casa do pobo de Nós.

Dirección

Rua Do Inglés 13
Perillo
15172

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Cultural A Fábrica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Centro Cultural A Fábrica:

Compartir