29/05/2026
🎨 O Concello de Silleda recibiu ao artista venezolano Armando Zullo, que mantén unha especial vinculación co noso municipio ao contar con familia residente en Silleda.
A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura, Mónica González, compartiron con el un encontro no que puideron coñecer máis de preto a súa traxectoria no ámbito das artes plásticas e escénicas.
Nado en Caracas, Armando Zullo desenvolveu unha carreira ligada á pintura, á escenografía, ao deseño de vestiario, á produción teatral e á fotografía.
Desde o Concello agradecemos a súa visita e celebramos estes encontros que reforzan os lazos culturais e persoais de Silleda con creadoras e creadores de diferentes lugares do mundo.