11/11/2024
Quén é agresor? Que a vergoña cambie de lado traslada á campaña contra a violencia machista directamente ás rúas de Poio. É unha pregunta directa e clara que pon o foco non nas vítimas senón nos agresores. Directamente neles, os únicos responsables de calquera tipo de violencia sexual e machista contra as mulleres.
A referencia ao xogo que todas e todos coñecemos. o Quén é Quén? , ao que lle incorporamos de maneira manual e descoidada distintas fotografías de homes de aspecto e idades moi diferentes vai permitir que o receptor da campaña entenda de maneira inmediata o sentido da mesma: a realidade é tan terrible que descubrimos que calquera, calquera pode ser un agresor. Exemplos dabondo temos ultimamente e a eles vai referida á proposta escollida este ano.
Fuximos tamén dese cliche da vergoña, do agochado, do que non se debe contar. Son os agresores os que deben ser sinalados socialmente, son eles os que non deberían ir coa cabeza alta; nin na casa, nin na rúa, nin nos traballos ou institutos. A sociedade arroupa e coida ás vítimas, sempre. E condena os que maltratan física ou psiquicamente a través tamén por suposto das redes sociais xa plenamente instaladas na vida cotiá.
25 novembro Poio contra a violencia machista
🟣A campaña de Poio polo 25N pon o foco no agresor e convida a que a vergoña cambie de lado.
👉Ademais do parón institucional e lectura do manifesto, a programación céntrase en obradoiros, talleres e actividades para a rapazada, así como a andaina Camiño Violeta e proxección de documentais.
👉A andaina Camiño Violeta contra a violencia de xénero será o domingo 24 de novembro e está diririxida a toda a cidadanía. Sairá ás 10.00 horas do Porto de Covelo e transcorrerá pola Senda do Laño ata Raxó.
👉É imprescindible traballar de xeito conxunto coa comunidade educativa: “A prevención é fundamental”.
ℹConsulta toda a programación en:
Ademais do parón institucional e lectura do manifesto, a programación céntrase en obradoiros, talleres e actividades para a rapazada, así como a andaina