Deputación Pontevedra

Deputación Pontevedra Deputación de Pontevedra
Gran Vía de Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra
www.depo.gal

SmartPeme+ organiza este mes de xuño tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica para o tecido empresarial da prov...
07/06/2026

SmartPeme+ organiza este mes de xuño tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica para o tecido empresarial da provincia

Son accións telemáticas sobre Whatsapp Business, Intelixencia Artificial e copywriting para web e tendas en liña

Esta semana arranca a campaña de publicidade exterior do destino Rías Baixas no mercado nacional de proximidadeA campaña...
07/06/2026

Esta semana arranca a campaña de publicidade exterior do destino Rías Baixas no mercado nacional de proximidade

A campaña A túa meta, o teu destino estará presente ata finais de xuño en pantallas e mupis de Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana e Madrid

Con esta acción prevense alcanzar os dez millóns de impactos

Areeiro constata o bo momento das viñas da provincia, sen síntomas preocupantes das principais enfermidades e fungos que...
07/06/2026

Areeiro constata o bo momento das viñas da provincia, sen síntomas preocupantes das principais enfermidades e fungos que as afectan

O persoal da Estación Fitopatolóxica sinala que as previsións meteorolóxicas non son favorables para o mildio, o oídio, a botrite ou o black rot, polo que simplemente recomenda manter a vixilancia

🐦 O luns abrimos o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando nas Rías Baixas na praia da Lanzada  O percorrid...
06/06/2026

🐦 O luns abrimos o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando nas Rías Baixas na praia da Lanzada

O percorrido polos concellos do Grove e Sanxenxo realizarase o domingo 21 de xuño con persoal experto de SEO/BirdLife

Lanzamos un pioneiro programa provincial para difundir a regueifa entre a mocidadeDirixido a centros de secundaria, incl...
06/06/2026

Lanzamos un pioneiro programa provincial para difundir a regueifa entre a mocidade

Dirixido a centros de secundaria, inclúe a difusión do documental “Ao son da nova regueifa” sobre o papel fundamental desta forma de expresión oral improvisada para a lingua

06/06/2026

Aproveitade as últimas semanas de visitas guiadas gratuítas ao Teatro Cine Fraga antes do inicio da rehabilitación integral do inmoble!!

Luisa Sánchez destaca que máis de 2.600 persoas se adentraron nesta importante peza da historia moderna de Vigo a través dos percorridos guiados.

A recuperación do Teatro Cine Fraga como emblema cultural é un proxecto estratéxico impulsado pola Deputación Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Reservas ☎️ 986 118 227

A súa transformación está a piques de comenzar!!

Aprobamos máis de 250.000 euros para impulsar reformas nas rúas de Cuntis e MarínOs recursos do Plan +Provincia destinar...
06/06/2026

Aprobamos máis de 250.000 euros para impulsar reformas nas rúas de Cuntis e Marín

Os recursos do Plan +Provincia destinaranse a mellorar a mobilidade peonil en Cuntis e renovar a pavimentación da rúa Aniñada de Marín

Dirección

Gran Vía De Montero Ríos, S/n
Pontevedra
36071

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 20:00
Martes 08:00 - 20:00
Miércoles 08:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 20:00

Teléfono

+34986804100

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Deputación Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir