Socialistas de Poio

Socialistas de Poio SOCIALISTAS DE POIO

𝐒𝐀𝐌𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀, 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐃𝐎𝐍𝐀𝐃𝐀❌Pasarelas podres, ocos perigosos nas táboas, varandas deterioradas, mallas soltas e un dos accesos ...
10/07/2026

𝐒𝐀𝐌𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀, 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐃𝐎𝐍𝐀𝐃𝐀
❌Pasarelas podres, ocos perigosos nas táboas, varandas deterioradas, mallas soltas e un dos accesos principais tan mal que tivo que ser precintado. Os socialistas xa avisamos antes da Semana Santa, e así está hoxe a Ruta dos Muíños de Samieira co goberno de Ángel Moldes: 𝐮𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐳𝐨 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐞 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐯𝐞𝐫𝐭𝐢𝐝𝐨 𝐧𝐮𝐧 𝐫𝐢𝐬𝐜o para a veciñanza e para quen nos visita.

❌O precinto caeu e a xente segue pasando por un tramo sen seguridade. Non é unha cuestión estética, esta rutaé frecuentada por veciños e veciñas para desfrutar da contorna, acceder á praia do Laño e conectar co paseo costeiro. En pleno xullo, cando máis se visitan os espazos naturais, o goberno de 𝐌𝐨𝐥𝐝𝐞𝐬 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞 𝐝𝐞𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚𝐫 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐨𝐧 𝐡𝐚𝐢 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨, nin planificación, nin resposta.

👉𝐏𝐨𝐢𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐩𝐫𝐨𝐩𝐚𝐠𝐚𝐧𝐝𝐚. Hai que actuar: reparar, limpar, desbrozar e revisar os espazos públicos. A veciñanza de Samieira merece unha Ruta dos Muíños segura, digna e en condicións. E o goberno de Moldes debe deixar de mirar para outro lado. Moldes ten dúas opcións: seguir facendo propaganda ou poñerse dunha vez a gobernar.

𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐈𝐗𝐈𝐌𝐎𝐒 𝐐𝐔𝐄 𝐒𝐄 𝐂𝐔𝐌𝐏𝐑𝐀 𝐂𝐎𝐍 𝐒𝐀𝐌𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀Covelo agarda o proxecto integral comprometido.Moldes non pode convert...
09/07/2026

𝐎𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐋𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐈𝐗𝐈𝐌𝐎𝐒 𝐐𝐔𝐄 𝐒𝐄 𝐂𝐔𝐌𝐏𝐑𝐀 𝐂𝐎𝐍 𝐒𝐀𝐌𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀
Covelo agarda o proxecto integral comprometido.
Moldes non pode converter unha demanda histórica nun parche.
Samieira non é de segunda.

🔴 𝐏𝐎𝐈𝐎 𝐍𝐄𝐂𝐄𝐒𝐈𝐓𝐀 𝐕𝐈𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐀, 𝐍𝐎𝐍 𝐏𝐑𝐎𝐏𝐀𝐆𝐀𝐍𝐃𝐀En decembro de 2024, o PSdeG-PSOE propuxo ceder á Xunta unha parcela muni...
04/07/2026

🔴 𝐏𝐎𝐈𝐎 𝐍𝐄𝐂𝐄𝐒𝐈𝐓𝐀 𝐕𝐈𝐕𝐄𝐍𝐃𝐀 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐀, 𝐍𝐎𝐍 𝐏𝐑𝐎𝐏𝐀𝐆𝐀𝐍𝐃𝐀
En decembro de 2024, o PSdeG-PSOE propuxo ceder á Xunta unha parcela municipal na Rúa Valiña para construír vivenda pública en Poio.

O PP votou en contra dicindo que tiña unha iniciativa semellante.

Pasou ano e medio e non hai parcela cedida, nin convenio, nin proxecto, nin prazos, nin unha soa vivenda pública anunciada. Mentres outros concellos avanzan, Poio queda atrás.

❌Vender como mérito municipal pisos privados de máis de 300.000 euros non é política pública de vivenda. É propaganda.

A vivenda resólvese con solo público, colaboración entre administracións e vontade política.

🔴 𝐁𝐀𝐋𝐀𝐍𝐂𝐄 𝐃𝐎 𝐌𝐀𝐍𝐃𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐌𝐎𝐋𝐃𝐄𝐒: 𝐌𝐎𝐈𝐓𝐀 𝐏𝐑𝐎𝐏𝐀𝐆𝐀𝐍𝐃𝐀, 𝐏𝐎𝐔𝐂𝐀 𝐗𝐄𝐒𝐓𝐈Ó𝐍  Tres anos despois, o balance do goberno de Ángel Moldes...
16/06/2026

🔴 𝐁𝐀𝐋𝐀𝐍𝐂𝐄 𝐃𝐎 𝐌𝐀𝐍𝐃𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐌𝐎𝐋𝐃𝐄𝐒: 𝐌𝐎𝐈𝐓𝐀 𝐏𝐑𝐎𝐏𝐀𝐆𝐀𝐍𝐃𝐀, 𝐏𝐎𝐔𝐂𝐀 𝐗𝐄𝐒𝐓𝐈Ó𝐍

Tres anos despois, o balance do goberno de Ángel Moldes é claro: demasiados titulares, demasiadas fotos, demasiado autobombo e escasos resultados reais.

Poio non se goberna cunha publicación diaria dicindo que todo vai ben. Poio góbérnase resolvendo problemas, cumprindo compromisos e executando investimentos.

Moldes confunde gobernar con anunciar, xestionar con posar e transformar Poio con fabricar relatos.

Pero a realidade é terca: parroquias abandonadas, proxectos atrasados, servizos deteriorados e promesas que seguen sen cumprirse.

Por moito que o alcalde intente tapalo con propaganda, Poio necesita feitos, non fotos. Necesita xestión, non titulares. Necesita un goberno serio, esixente e capaz.

Tres anos despois, o balance é evidente: moito ruído e pouca xestión.

🔴 𝐎 𝐂𝐎𝐕𝐄𝐋𝐎: 𝐌𝐎𝐋𝐃𝐄𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐈𝐑𝐓𝐄 𝐔𝐍 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐑𝐎𝐌𝐈𝐒𝐎 𝐇𝐈𝐒𝐓Ó𝐑𝐈𝐂𝐎 𝐍𝐔𝐍 𝐏𝐀𝐑𝐂𝐇𝐄Samieira levaba anos agardando polo proxecto integral comp...
13/06/2026

🔴 𝐎 𝐂𝐎𝐕𝐄𝐋𝐎: 𝐌𝐎𝐋𝐃𝐄𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐈𝐑𝐓𝐄 𝐔𝐍 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐑𝐎𝐌𝐈𝐒𝐎 𝐇𝐈𝐒𝐓Ó𝐑𝐈𝐂𝐎 𝐍𝐔𝐍 𝐏𝐀𝐑𝐂𝐇𝐄

Samieira levaba anos agardando polo proxecto integral comprometido para o Porto do Covelo.

Unha actuación ambiciosa.
Unha transformación real do entorno.
Unha intervención no espigón, no muro perimetral e nos servizos.

Pero o convenio confirma outra cousa: o proxecto desaparece e queda reducido a unha actuación menor de 243.000 euros. O que debía ser unha transformación integral convértese nun parche.

Despois de Raxó, Samieira tiña que ser a seguinte. Ese era o compromiso. E ese compromiso está sendo rebaixado polo goberno de Ángel Moldes coa complicidade da Xunta.

Non se pode vender como gran obra o abandono dun proxecto comprometido durante anos.

Samieira merece respecto. Covelo merece o proxecto integral prometido.

🔴 𝐏𝐎𝐈𝐎 𝐐𝐔𝐄𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐍 𝐀𝐓𝐄𝐍𝐂𝐈Ó𝐍 𝐎𝐒 𝐒Á𝐁𝐀𝐃𝐎𝐒 𝐄𝐍 𝐀𝐍𝐀𝐅Á𝐍𝐒O Sergas elimina a atención médica os sábados pola mañá no Centro de Saúd...
10/06/2026

🔴 𝐏𝐎𝐈𝐎 𝐐𝐔𝐄𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐍 𝐀𝐓𝐄𝐍𝐂𝐈Ó𝐍 𝐎𝐒 𝐒Á𝐁𝐀𝐃𝐎𝐒 𝐄𝐍 𝐀𝐍𝐀𝐅Á𝐍𝐒

O Sergas elimina a atención médica os sábados pola mañá no Centro de Saúde de Anafáns e obriga á veciñanza a desprazarse ao PAC da Parda, en Pontevedra.

Non é unha reorganización.
É un recorte.

A Xunta prometeu un novo centro de saúde para Poio, pero non o constrúe. Agora, ademais, recorta servizos no centro que xa temos.

E mentres tanto, Ángel Moldes mira para outro lado e non defende os intereses dos veciños e veciñas de Poio. Esta decisión prexudica especialmente ás persoas maiores, ás familias con nenos pequenos, ás persoas dependentes e á veciñanza sen vehículo propio.

Cando se pechan urxencias en Anafáns, a presión trasládase á Parda e a Montecelo: máis desprazamentos, máis esperas e peor atención.

Desde o Grupo Municipal Socialista esiximos:

✔ Recuperar a atención médica os sábados en Anafáns.
✔ Reforzar o persoal sanitario.
✔ Construír dunha vez o novo centro de saúde de Poio.

A sanidade pública é un dereito.
Poio merece servizos dignos, próximos e suficientes.

A PO-308 volve poñer enriba da mesa unha realidade que Poio leva anos sufrindo: unha estrada autonómica saturada, insegu...
02/06/2026

A PO-308 volve poñer enriba da mesa unha realidade que Poio leva anos sufrindo: unha estrada autonómica saturada, insegura e abandonada pola Xunta.

Segundo publica Atlántico, rexistra arredor de 200 accidentes ao ano, unha media de dous por semana, nun vial que soporta ata 20.000 vehículos diarios.

Poio non pode seguir sendo tratado como un concello de segunda. Esiximos á Xunta e ao PP o mesmo compromiso e o mesmo trato que con Sanxenxo. A seguridade viaria na PO-308 non pode esperar máis.

Seguiremos reclamando feitos, investimentos e solucións reais.

La carretera de Pontevedra a Sanxenxo por la costa lidera la siniestralidad vial en la comarca con 200 colisiones en el último año, en un tramo que alcanza los 20.000 vehículos diarios

𝐌𝐨𝐥𝐝𝐞𝐬 𝐧𝐨𝐧 𝐪𝐮𝐞𝐫𝐞 𝐜𝐫í𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬. 𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞 𝐬𝐢𝐥𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨.En Poio está pasando algo preocupante: a voz da veciñanza desaparece dos pleno...
28/05/2026

𝐌𝐨𝐥𝐝𝐞𝐬 𝐧𝐨𝐧 𝐪𝐮𝐞𝐫𝐞 𝐜𝐫í𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬. 𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞 𝐬𝐢𝐥𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨.
En Poio está pasando algo preocupante: a voz da veciñanza desaparece dos plenos. No de maio interviron dous veciños. Pero non aparecen nin na gravación oficial nin na acta da sesión. É dicir: os veciños falan, pero o goberno borra a súa participación da memoria oficial.
Así entende Ángel Moldes o Concello: menos transparencia, menos debate e menos respecto por quen discrepa.
𝐎𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐥𝐞𝐦𝐚𝐬 𝐬𝐢𝐠𝐮𝐞𝐧 𝐬𝐞𝐧 𝐬𝐨𝐥𝐮𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐬𝐞.
O PP negouse a debater no pleno o problema do transporte público, xusto cando Poio queda fóra de novos servizos cara a Montecelo que si benefician a outros concellos con alcaldes do PP.
Mentres outros avanzan, Poio queda atrás. E quen o paga son as persoas maiores, a mocidade, as familias e toda a veciñanza que necesita o autobús.
𝐂𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐬𝐞 𝐝𝐢𝐬𝐜𝐫𝐞𝐩𝐚, 𝐌𝐨𝐥𝐝𝐞𝐬 𝐬𝐢𝐧𝐚𝐥𝐚.
Veciños críticos, oposición ou colectivos que defenden a Illa de Tambo: para este goberno, parece que participar só se permite se é para aplaudir.
Pero Poio non é unha propiedade privada do alcalde nin do Partido Popular. Poio merece un Concello aberto, transparente e democrático. Merece un alcalde que escoite, respecte e dea a cara.
Non un alcalde que negue debates e trate a crítica como unha ameaza.

Deixámoslles feito o traballo: o convenio asinado, os cartos consignados e o proxecto preparado. E, aínda así, foron inc...
24/05/2026

Deixámoslles feito o traballo: o convenio asinado, os cartos consignados e o proxecto preparado. E, aínda así, foron incapaces de cumprir.
Deixaron caducar o convenio e manteñen a Casa Barroca do Ateneo de Combarro abandonada. Unha mostra evidente de deixadez e incapacidade de xestión.
𝐂𝐨𝐦𝐛𝐚𝐫𝐫𝐨 𝐭𝐞𝐧 𝐮𝐧 𝐞𝐝𝐢𝐟𝐢𝐜𝐢𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐭𝐞𝐱𝐢𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨, 𝐝𝐞𝐬𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐥𝐚𝐝𝐨 𝐞 á 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐦𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞.

A Casa Barroca do Ateneo leva máis dun ano cuberta de andamios, sen avances reais e deteriorándose no corazón do conxunto histórico.

Anunciaron unha obra de seis meses. Hoxe non chega nin ao 30% de execución e o convenio caducou sen que Concello nin Deputación actuasen a tempo.

✖ Moita foto.
✖ Moito anuncio.
✖ Pouca xestión.
✖ Un ben patrimonial abandonado.

Isto non é unha simple demora: é falta de control, improvisación e deixadez. Combarro merece explicacións, un calendario serio e garantías de protección para a Casa do Ateneo.

Menos propaganda e máis responsabilidade. 𝐎 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐢𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐩𝐨𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫 𝐩𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐢𝐧𝐜𝐚𝐩𝐚𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐥𝐝𝐞𝐬 e da Deputación.

O PP recoñece nunha pancarta o que leva facendo con Poio durante case tres décadas: nada.Levan máis de 28 anos gobernand...
19/05/2026

O PP recoñece nunha pancarta o que leva facendo con Poio durante case tres décadas: nada.

Levan máis de 28 anos gobernando a Xunta, teñen as competencias en sanidade a través do Sergas, e Poio segue sen un centro de saúde digno e acorde ás necesidades da poboación.

E agora, con Moldes na Alcaldía, a situación non mellora. Vai a peor:

✖ Non impulsan o proxecto.
✖ Non conseguen avances reais para Poio.
✖ Non reclaman nin defenden os dereitos da veciñanza.
✖ Limitanse á propaganda e aos titulares.

O seu modelo é o mesmo de sempre: moita foto, moito anuncio e cero solucións.

Mentres, Poio continúa esperando por unha atención sanitaria digna, con máis medios, máis profesionais e un centro de saúde que leva demasiados anos de atraso.

Porque coa sanidade pública non se xoga. E as burlas do PP á veciñanza de Poio non teñen ningunha graza.

Dirección

POIO
Pontevedra
36995

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas de Poio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir