Concello de Poio

Concello de Poio Perfil Oficial do Concello de Poio

03/06/2026

Esta mañá recibimos a alumnado de Poio, Sevilla e Barcelona que participa no proxecto "Rede de centros pola convivencia positiva".

Un encontro que permite compartir experiencias, facer novas amizades e coñecer outras realidades educativas, promovendo valores como o respecto, a inclusión e a convivencia.

O Concello de Poio colabora nesta iniciativa xunto ao IES de Poio, apostando por proxectos que enriquecen a formación e as vivencias da nosa mocidade.

Grazas pola visita e que disfrutedes moito desta experiencia!

🚴‍♂ Poio converterase esta fin de semana no epicentro da BTT galega!Máis de 600 corredores de Galicia e Portugal daranse...
03/06/2026

🚴‍♂ Poio converterase esta fin de semana no epicentro da BTT galega!

Máis de 600 corredores de Galicia e Portugal daranse cita no Monte Castrove para participar na IV XCO Poio e na XI Mini BTT, dous eventos organizados polo Poio Bike Club.

📅 Sábado | IV XCO Poio
Desde as 15:00 h
Circuíto de 5 km con distintos obstáculos nunha contorna natural espectacular.

📅 Domingo | XI Mini BTT
Desde as 10:00 h
Proba para a base, con percorridos adaptados para as categorías de iniciación ao ciclismo.

👉 As inscricións permanecen abertas ata esta noite a través da web da Federación Galega de Ciclismo.

O Monte Castrove volverá encherse de bicicletas, competición e afección durante toda a fin de semana. Non o perdas!

A concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, e a Técnica de Emprego e Desenvolvemento Local, Sesé Suárez, par...
03/06/2026

A concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, e a Técnica de Emprego e Desenvolvemento Local, Sesé Suárez, participaron na xornada Talento +45, unha iniciativa impulsada polas Cámaras de Comercio de Vigo, Vilagarcía e Pontevedra para fomentar as oportunidades laborais das persoas maiores de 45 anos.

✅Durante o encontro, no que participaron administracións públicas, empresas e entidades de emprego, estableceuse contacto con distintas compañías co obxectivo de seguir reforzando e dinamizando o programa de Emprego de Poio, facilitando novas oportunidades laborais para a veciñanza.

✅A xornada contou ademais coa intervención de Fernando Romay, que compartiu a súa experiencia sobre o poder de reiventarse para abrirse novas oportunidades.

Un total de catro empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora do estacionamento público na co...
02/06/2026

Un total de catro empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca.

➡️A actuación contará cun investimento de case 230.000 €, ao abeiro do Plan Hurbe.

➡️Abordarase unha intervención de conservación e mellora no estacionamento e viarios adxacentes, para reforzar o papel deste espazo como nó de conexión comercial e urbano, mellorar a experiencia de uso da cidadanía e optimizar a capacidade dos pavimentos.

"Medrando en familia: como apoiar o desenvolvenento infantil"📅O I Congreso de Atención Temperá celébrase o sábado 20 de ...
02/06/2026

"Medrando en familia: como apoiar o desenvolvenento infantil"

📅O I Congreso de Atención Temperá celébrase o sábado 20 de xuño, en horario de mañá, no Pazo Besada.

Está dirixida principalmente ás familias, ás que se lles ofrecerán ferramentas prácticas para acompañar e favorecer o desenvolvemento infantil desde unha perspectiva próxima, accesible e multidisciplinar.

Profesionais de distintos ámbitos e familias usuarias do servizo compartirán coñecementos e experiencias arredor da atención temperá, abordando esta realidade desde os ámbitos sanitario, educativo, social e familiar.

✍️INSCRICIÓNS:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdspDhr6LPU77AM_AHXTNJyYnVGJ7A3xBx0CFqT52y_YxyMEw/viewform?pli=1

👧🏽Ofrecerase un servizo gratuíto de monitorado para o coidado dos menores.

⚽O XVII Torneo de Fútbol 8 Juan López-Concello de Poio reúne 800 nenos esta fin de semana na Seca É un dos campionatos m...
02/06/2026

⚽O XVII Torneo de Fútbol 8 Juan López-Concello de Poio reúne 800 nenos esta fin de semana na Seca

É un dos campionatos máis veteranos na comarca, e combina deporte con actividades lúdicas, con xogos e inchables.

Participan 48 equipos nas categorías benxamín e alevín.

🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade

Continúan as reunións informativas nas parroquias para achegar á veciñanza o Inventario de Camiños, recoller achegas e r...
02/06/2026

Continúan as reunións informativas nas parroquias para achegar á veciñanza o Inventario de Camiños, recoller achegas e resolver dúbidas.

📅 Venres 5 xuño en SAMIEIRA (Espazo Municipal Tarrío)

🕗De 10.00 a 13.00 horas

📄 O Inventario de Camiños estará dous meses en exposición pública tras a súa publicación no BOP. O documento foi aprobado inicialmente no pleno de abril e recolle de forma provisional 750 viais de titularidade municipal.

💻 Pode consultarse íntegramente na web municipal e a través dun visor web habilitado.

✅ O obxectivo é facilitar á veciñanza o acceso ao expediente, para que poidan revisalo, comprobar posibles omisións e facer achegas antes da súa aprobación definitiva

🛂Nova data en Poio para 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐞 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐃𝐍𝐈 𝐨𝐮 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞.O Vidoc da Policía Nacional estará na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐞𝐢...
02/06/2026

🛂Nova data en Poio para 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐞 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐃𝐍𝐈 𝐨𝐮 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞.

O Vidoc da Policía Nacional estará na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨 𝗼 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨.

Reserva a túa cita no📞986 770 001, extensión 1200.

➕Tamén podes renovar o teu certificado dixital e instalar o teu DNI no móbil.
➕No caso de que unha mesma persoa necesite renovar tanto o DNI como o pasaporte, será necesario solicitar dúas citas.

✅Este servizo permite achegar a administración e mellorar a accesibilidade da cidadanía.

A ilustradora de Poio, Sara Ramos, expón "Mitoxénese" no Casal de Ferreirós.📅 A inauguración será este xoves ás 19.00 ho...
01/06/2026

A ilustradora de Poio, Sara Ramos, expón "Mitoxénese" no Casal de Ferreirós.

📅 A inauguración será este xoves ás 19.00 horas.

Sara Ramos, artista residente en Poio, é graduada en Belas Artes e desenvolve o seu traballo principalmente arredor da ilustración e do concept art, cunha mirada multidisciplinar na que combina obra gráfica, enxeñaría de papel, collage, escultura e medios dixitais.

En Mitoxénese presenta unha colección de pezas nas que conviven a fantasía, o realismo máxico e a narración visual, con referencias á mitoloxía e á literatura, ademais da creación dun universo propio cheo de personaxes, mundos e historias. A mostra ofrece un percorrido pola súa obra desde 2023 ata a actualidade.

🕘Pode visitarse durante todo o mes de xuño no seguinte horario:
▪️ De luns a venres: de 09.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h
▪️ Sábados: de 10.30 a 13.00 h

Dirección

Praza Do Mosteiro, 1
Poyo

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Poio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría