PP A Pobra Do Brollón

PP A Pobra Do Brollón Organización política

O PP denuncia que o alcalde da Pobra do Brollón deixou perder unha achega de preto de 50.000 euros da Deputación para a ...
13/05/2026

O PP denuncia que o alcalde da Pobra do Brollón deixou perder unha achega de preto de 50.000 euros da Deputación para a humanización da rúa da Igrexa

A Pobra do Brollón, 13 de maio de 2026. O voceiro do PP de A Pobra do Brollón, Teddy López, advirte de que “a nefasta xestión do alcalde nacionalista levou ao Concello a renunciar a unha achega de preto de 50.000 euros da Deputación de Lugo correspondente ao Plan de Cooperación cos Concellos do ano 2024”.

O Concello solicitara esta subvención para executar a humanización do segundo tramo da rúa da Igrexa. “Con todo, e malia dispoñer de prazo ata finais do 2025 para executar a actuación, o proxecto non chegou a executarse”. Segundo recoñeceu o propio goberno local, a renuncia á axuda produciuse pola falta de empresas que concorresen ao proceso de licitación.

Neste sentido, Teddy López subliña que “o problema é aínda máis grave”, xa que esa falta de licitación “non é un feito illado nin alleo á xestión municipal, senón consecuencia de que o propio goberno local non é capaz de atopar empresas interesadas en executar este tipo de obras”. Para o voceiro popular, isto evidencia “un problema estrutural na maneira de planificar, dimensionar e xestionar os proxectos municipais”.

O PP advirte de que esta situación “pode repetirse noutras obras e subvencións futuras”, o que suporía “seguir perdendo financiamento doutras administracións e atrasando ou impedindo actuacións necesarias para mellorar o concello. Se non se corrixe esta dinámica, A Pobra do Brollón corre o risco de quedar atrás en investimentos fundamentais para os veciños”, alertou López.

Finalmente, o voceiro popular lamentou que esta renuncia implique “non só perder preto de 50.000 euros, senón tamén unha oportunidade real de mellorar unha rúa importante do municipio” e acusou ao goberno local de “encadear promesas incumpridas, perda de axudas públicas e unha xestión que acaban pagando os veciños e veciñas”.

🎄✨ BO NADAL dende o PP da Pobra do Brollón ✨🎄🌟 Que a luz do Nadal encha as vosas casas de alegría🤝 Que o novo ano traia ...
23/12/2025

🎄✨ BO NADAL dende o PP da Pobra do Brollón ✨🎄
🌟 Que a luz do Nadal encha as vosas casas de alegría
🤝 Que o novo ano traia unión e forza para seguir medrando
🏡 E que 2025 sexa un ano de oportunidades para todo o noso concello
💙 Seguiremos ao voso lado, traballando polo que de verdade importa: A Pobra do Brollón e a súa xente.
✨ Felices Festas e un próspero Aninovo! ✨

🗂️ Documentos municipais ao alcance de todosPara quen lle poida interesar, deixamos por aquí a ligazón á última copia pa...
04/12/2025

🗂️ Documentos municipais ao alcance de todos
Para quen lle poida interesar, deixamos por aquí a ligazón á última copia para publicar do borrador da acta da Xunta de Goberno do 13/11/2025.

📄 Aquí podedes ver de forma rápida a relación de gastos do Concello e outros puntos tratados, sen necesidade de entrar na Sede Electrónica.

🔗 https://drive.google.com/file/d/1FaZ5ubDeS2tnbUTj_qvzeRCKKxodixY1/view?usp=drivesdk

🎉 Boas novas para o noso concello!O Concello foi beneficiario dunha subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada pola UE...
28/11/2025

🎉 Boas novas para o noso concello!

O Concello foi beneficiario dunha subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada pola UE – Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para desenvolver programas de inclusión social entre 2025 e 2027.

💶 Importe total concedido: 89.040,96 €

Grazas a esta achega poderemos impulsar accións que favorezan a igualdade de oportunidades, a inclusión social e o apoio ás persoas e colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade.

🤝 Continuamos traballando por un concello máis xusto e inclusivo!

Desmontamos os supostos bulos do pleno de hoxeEn relación coa recente subida salarial, sufragada con parte da retribució...
12/11/2025

Desmontamos os supostos bulos do pleno de hoxe

En relación coa recente subida salarial, sufragada con parte da retribución que anteriormente percibía outro concelleiro, queremos deixar constancia das cifras exactas para evitar calquera tipo de dúbida ou malinterpretación.

Chama a atención que a xustificación ofrecida para este incremento se basee en que os actuais concelleiros asumirán tamén as funcións do compañeiro que xa non forma parte do equipo, todo iso mantendo a mesma dedicación horaria que viñan desempeñando ata o de agora.

Resulta, cando menos, contraditorio que, cunha dedicación idéntica, poidan asumir un maior número de competencias e responsabilidades.
Se isto é posible, cabería preguntarse se ata o momento non se estaba a traballar coa eficacia e produtividade que o cargo require, ou se, pola contra, esta explicación non reflicte a verdadeira razón deste aumento.

Por todo iso, esiximos unha aclaración pública e transparente sobre os criterios reais que motivaron esta decisión, así como unha xustificación detallada das novas funcións asumidas e do tempo que se dedicará ao seu desempeño. A cidadanía merece saber con claridade como se xestionan os recursos públicos e baixo que fundamentos se adoptan medidas que afectan directamente ao orzamento municipal.

En relación cos recentes incendios, puido verse a través das redes sociais unha fotografía e un comunicado dende o posto de mando, difundidos ao día seguinte do suceso, aparentemente co obxectivo de ofrecer unha imaxe pública de xestión e presenza institucional.

Sen embargo en ningún momento se emitiu un comunicado oficial que explicase a posible orixe dos incendios, nin se ofreceu axuda directa ás persoas afectadas ou apoio visible nas labores de extinción.

Resulta chamativo que, a pesar diso, si se difundise posteriormente outra fotografía xunto coa líder política do seu partido no Concello de Quiroga, propoñendo medidas para evitar que estes feitos se repitan. Pero para poder formular solucións reais, primeiro é necesario coñecer as causas que os provocaron.

Causas que, ata o de agora, nunca se fixeron públicas, e cuxa explicación a veciñanza segue agardando con total transparencia e responsabilidade institucional.

Por último, e non menos importante, en relación coa suba de impostos e o incremento en servizos como a auga, o lixo e outros, queremos lembrarlle outro dos compromisos incumpridos.

En varias ocasións, tras a insistencia dun concelleiro do noso grupo, vostede comprometeuse publicamente a aplicar un desconto nas facturas da auga como compensación polos continuos problemas de subministración e polos episodios de desabastecemento que se producen no noso concello.

Levan xa dous anos pasados desde entón e, lamentablemente, a veciñanza segue agardando a que cumpra coa súa palabra.

⚠️ Hoxe no pleno volvemos dicir as cousas claras.💶 Mentres moitos veciños e veciñas seguen facendo fronte á suba de prez...
18/10/2025

⚠️ Hoxe no pleno volvemos dicir as cousas claras.

💶 Mentres moitos veciños e veciñas seguen facendo fronte á suba de prezos e á falta de solucións reais, o alcalde e unha concelleira decidiron subirse o soldo, repartíndose o salario que antes cobraba outro edil.
Parécenos unha falta de sensibilidade e de prioridades, especialmente nos tempos que corren.

🔥 En relación coa resposta polos lumes que afectaron ao noso concello, tamén esiximos explicacións claras sobre un asunto do que aínda non se deron as respostas que a cidadanía merece. A transparencia non pode ser opcional.
🕵️‍♀️ Estamos pendentes do resultado da investigación para actuar de maneira oportuna.

📹 Aquí podes ver o pleno completo e sacar as túas propias conclusións 👇

🔗 https://videopleno-apobradobrollon.deputacionlugo.org/vod/apobradobrollon/archive/default/I00013PX-b0ec1692-mp4_h264_480p_aac_mono.mp4

📚 Galicia consolida un modelo único en España ➡️ *educación totalmente gratuíta desde os 0 anos ata a universidade*🙌 *Má...
01/07/2025

📚 Galicia consolida un modelo único en España ➡️ *educación totalmente gratuíta desde os 0 anos ata a universidade*

🙌 *Máis de 50.000 familias benefícianse xa desta medida* que garante igualdade de oportunidades desde a escola infantil ata os estudos superiores

Dirección

A Pobra Do Brollón
Puebla De Brollón

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PP A Pobra Do Brollón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir