BNG A Pobra do Brollón

BNG A Pobra do Brollón Páxina oficial do BNG A Pobra do Brollón

📝 Non esquezas asinar!O SERGAS segue sen escoitar as demandas da veciñanza e segue sen cubrir a segunda praza de médico ...
08/09/2026

📝 Non esquezas asinar!

O SERGAS segue sen escoitar as demandas da veciñanza e segue sen cubrir a segunda praza de médico que nos corresponde e a vacante de pediatría.

A folla de sinaturas está dispoñible no centro médico, o concello e as dúas farmacias da Pobra.

Non é ningún agasallo, son os nosos dereitos e imos seguir reclamándoos!

🔊 E VENRES ÁS 12H NOVA CONCENTRACIÓN!

A NOSA VECIÑANZA NON MINTE. A nosa veciñanza sofre os seus recortes e as súas consecuencias. O Sergas asegura que a pobo...
25/08/2026

A NOSA VECIÑANZA NON MINTE.
A nosa veciñanza sofre os seus recortes e as súas consecuencias.

O Sergas asegura que a poboación da Pobra do Brollón, que hoxe saiu á rúa para dicir que coa súa saúde non se xoga, está enganada... convidamos aos responsables da Área Sanitaria a comprobar os seus propios datos pero, por se non teñen descargada a aplicación do Sergas, deixámoslles un vídeo intentando pedir cita hoxe 25 de agosto. Isto sen ter en conta ás veces que tendo cita, esta se cancela pola ausencia do facultativo.

Unha veciñanza orgullosa e digna que non vai deixar de saír á rúa e alzar a voz ante os recortes e despropósitos do Part...
25/08/2026

Unha veciñanza orgullosa e digna que non vai deixar de saír á rúa e alzar a voz ante os recortes e despropósitos do Partido Popular que dende a Xunta de Galicia ataca e desmantela a sanidade pública poñendo en perigo a saúde de todos e todas nós.

Grazas por demostrar unha vez máis que somos un pobo unido e disposto a loitar e pelexar nunha única dirección polo que sabemos que é noso.

Dende o grupo municipal do BNG da Pobra do Brollón queremos animar a toda a veciñanza a participar na mobilización que t...
24/08/2026

Dende o grupo municipal do BNG da Pobra do Brollón queremos animar a toda a veciñanza a participar na mobilización que terá lugar mañá ás 12h dende o colexio ata o centro médico.

Así mesmo, queremos dar os parabéns as veciñas e veciños que deron un paso á fronte e convocaron esta mobilización tan necesaria, porque xa o dixemos e repetirémolo cantas veces faga falta e ata que nos escoiten: coa saúde non se xoga.

Hoxe Iria Castro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo visitou a área recreativa de Samugueiros para presentar o cart...
18/08/2026

Hoxe Iria Castro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo visitou a área recreativa de Samugueiros para presentar o cartel da XII edición das Cores de Outono que terá lugar entre o 11 e o 12 de setembro.

Este festival, referente na contorna, contará este ano coa presenza de IALMA, Balteira e Sociedade Galega de bailables sábado á noite e Alba de Vales co espectáculo "Unha xograría de aldea" o venres.

Dende o BNG agradecemos a colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo que permite que ano tras ano sigamos mantendo esta aposta pola cultura e música en vivo no rural.

31/07/2026

🩺 Hai un par de días dende o grupo municipal do BNG denunciamos a situación que estamos a vivir como veciños e veciñas pola ausencia de médicos no centro de saúde.

Non inventamos nada. Recollemos as queixas e demandas da veciñanza, ademais das vividas en primeira persoa como usuarios deste servizo, e expuxemos unha realidade que é mais que evidente para todos... ou para case todos.

O PP da Pobra do Brollón non só non quere ver como o goberno da Xunta de Galicia pretende desmantelar servizos no rural, agora é a sanidade pero ben sabemos que non é só iso, senón que ademais acusannos de crear unha alarma innecesaria e de estar en contra dos dereitos laborais do persoal sanitario.

Como xa explicamos na nosa denuncia o problema non son as baixas, é que o SERGAS decide non cubrir estas ausencias: nin as xubilacións, que se cobren con máis xubilacións inminentes, nin as baixas temporais de médicos e pediatra.

Somos totalmente conscientes de que se o centro médico sigue funcionando é grazas ao sacrificio persoal e a entrega das profesionais sanitarias que nos atenden cada día e coas que, por certo, levamos meses en contacto para saber como está a situación e cales son as súas necesidades.

Xa o dixemos en abril: uns servizos sanitarios dignos parten das boas condicións do persoal e non imos tolerar nin o maltrato a elas, nin a falta de servizos para a nosa veciñanza. Non somos un concello de segunda e non imos deixar que recorten o que é noso.

Para rematar o partido popular debe ter en conta que, de momento, a única persoa que mostrou o seu desacordo coas baixas laborais foi o seu secretario xeral o Señor Núñez Feijoo. Nós, pola nosa parte: seguiremos denunciando unha realidade que é innegable, só hai que pasar un día polo centro médico e ver que ter ou non ter médico e pura cuestión de sorte. Iso se es unha persoa adulta, os nenos e nenas nin con sorte van ter pediatra.

Volvémolo repetir: A SAÚDE NON É UN XOGO, MOITO MENOS DE AZAR.

O grupo municipal do BNG denuncia que malia as promesas de cubrir a praza do médico xubilado o pasado setembro, o SERGAS...
28/07/2026

O grupo municipal do BNG denuncia que malia as promesas de cubrir a praza do médico xubilado o pasado setembro, o SERGAS fixo un apaño parcial substituíndo a este por unha persoa que sabían de antemán que tamén se xubilaría nuns meses, deixando a praza novamente vacante. Ademais, a día de hoxe, en pleno verán e coa poboación do concello duplicada, cobre a ausencia da outra facultativa do centro médico mediante días soltos, obrigando a veciñanza a demorar as súas citas médicas máis dunha semana. E se a situación para as persoas adultas é complexa, moito peor é para os nenos e nenas xa que a ausencia de pediatra aínda se demora máis no tempo, con derivacións a Monforte, como mínimo, dende o mes de maio.

Así, un adulto que precise unha consulta hoxe, 28 de xullo, tería que agardar ata o 6 ou 7 de agosto, onde só restan dúas horas vacantes en cada un dos días, e unha crianza tería que agardar ata o día 5 coa posterior derivación a Monforte onde o servizo está, xa de por si, saturado.

Ante esta situación reiteramos o que xa dixemos o pasado 24 de abril na moción presentada no pleno mais ímolo seguir repetindo: coa saúde da nosa veciñanza NON SE XOGA.

✊🩵🤍Neste 25 de xullo queremos reivindicar un rural vivo e con recursos nun país no que todas e todas teñamos un espazo.🌱...
25/07/2026

✊🩵🤍
Neste 25 de xullo queremos reivindicar un rural vivo e con recursos nun país no que todas e todas teñamos un espazo.

🌱Un país para medrar e ser nós.

Savia Nova edita este manual cidadán de autoprotección con moitos consellos a ter en conta en caso de lume.Agradacemos o...
19/07/2026

Savia Nova edita este manual cidadán de autoprotección con moitos consellos a ter en conta en caso de lume.
Agradacemos o seu traballo e recorda: preparar, prever e protexer.

🏳️‍🌈 28 de xuño | Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+Hoxe reivindicamos o dereito de todas as persoas a vivir con liber...
28/06/2026

🏳️‍🌈 28 de xuño | Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
Hoxe reivindicamos o dereito de todas as persoas a vivir con liberdade, dignidade e sen medo.
Lesbianas, gais, bisexuais, persoas trans, intersexuais, q***r e todas as identidades e orientacións que enriquecen a nosa sociedade merecen respecto, igualdade e os mesmos dereitos.
Desde o BNG seguiremos defendendo os dereitos das persoas LGTBIQ+ e traballando por unha sociedade libre de discriminación.

Porque a diversidade non ten límites. Fronte ao odio e aos retrocesos, máis dereitos, máis liberdade e máis orgullo. Porque unha Galiza máis xusta tamén é unha Galiza onde todas as persoas poidan ser e vivir como son.

Dirección

Rúa Samoeiro
Puebla De Brollón
27330

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG A Pobra do Brollón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG A Pobra do Brollón:

Atajos

Compartir

Categoría