Concello A Pobra Do Brollón

Concello A Pobra Do Brollón Páxina oficial do Concello A Pobra do Brollón

11/09/2026

📢📢 🩺 A concentración de hoxe en protesta pola falta de atención médica no Centro de Saúde da Pobra do Brollón, no Telexornal de TVE.

Dende o Goberno municipal compartimos e apoiamos as mobilizacións convocadas pola veciñanza debido á praza médica vacante non cuberta e á falta de pediatra no noso Centro de Saúde.

Médico xa!!

Enlace ao 🔗 Telexornal completo 👉 https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-11-09-2026/17221582/

🤝🏐 O Concello da Pobra do Brollón asina un convenio de colaboración co Clube de Voleibol Ribeira Sacra. O alcalde Xosé L...
11/09/2026

🤝🏐 O Concello da Pobra do Brollón asina un convenio de colaboración co Clube de Voleibol Ribeira Sacra.

O alcalde Xosé Lois Maceda e o director técnico do Clube, Manuel López, asinaron o convenio o pasado martes coa finalidade de promover a práctica deste deporte na Pobra do Brollón. 💪

Así, os nenos e nenas de Primaria van ter a oportunidade de recibir clases de voleibol dúas veces por semana no Pavillón municipal con persoal titulado e todos os equipamentos necesarios. 🌟

👀 Informaremos proximamente dos horarios e todos os detalles para a inscrición!

En outubro comezan as 🎨📕 Tardes de Ludoteca,  unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais para facilitar a conciliaci...
10/09/2026

En outubro comezan as 🎨📕 Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais para facilitar a conciliación despois do cole.

Os luns, mércores e xoves, tardes de lecer educativo para a cativada de 3 a 12 anos.

Os martes, tardes de apoio socio-educativo. A inscrición será valorada en función das necesidades dos nenos e nenas.

ℹ️ Información e inscricións en Servizos Sociais. 📍Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar. 📞 982430447 / 609004451 📧 [email protected]

👉 Actividades cofinanciadas pola Xunta e polo Ministerio de Igualdade (Goberno de España), no marco do Plan Corresponsables.

O alumnado do Obradoiro dual de Emprego está a poñer a punto a horta para o uso e desfrute do Centro de Día da Pobra do ...
10/09/2026

O alumnado do Obradoiro dual de Emprego está a poñer a punto a horta para o uso e desfrute do Centro de Día da Pobra do Brollón. 🌱🥬 👌

O Obradoiro de Emprego é financiado pola Consellería de Emprego, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública e interese social.

  🍁🎶🎊 O espazo mercado abrirá o sábado dende as 8 da tarde e mentres duren os concertos, con diversos postos de artesaní...
09/09/2026

🍁🎶🎊 O espazo mercado abrirá o sábado dende as 8 da tarde e mentres duren os concertos, con diversos postos de artesanía, comida e bebida.

Todos e cada un dos e das corredoras e camiñantes son a razón de ser do Trail e Andaina Capela do San Vitoiro! 🏃‍♀️🌟Aquí...
09/09/2026

Todos e cada un dos e das corredoras e camiñantes son a razón de ser do Trail e Andaina Capela do San Vitoiro! 🏃‍♀️🌟

Aquí unha pequena selección de fotos feitas por Secundino Villaumbrales Rodriguez das participantes nesta quinta edición.

Máis 📸 na páxina de San Vitoiro Capela.

Comeza un novo curso escolar no CEIP A Pobra do Brollón! ✨ Esta mañá achegáronse o alcalde Xosé Lois Maceda, a concellei...
09/09/2026

Comeza un novo curso escolar no CEIP A Pobra do Brollón! ✨ Esta mañá achegáronse o alcalde Xosé Lois Maceda, a concelleira Marián Martínez e a educadora familiar Mónica Carballo a dar a benvida aos nenos e nenas no seu primeiro día de cole.

Son en total 42 alumnos e alumnas matriculadas, incluíndo once novos estudantes que se incorporan neste 2026. 💪

Ademais de saudalas e desexarlles sorte, os representantes municipais entregaron a cada alumno unha axenda, para facilitar que se organicen durante o curso, co valor da igualdade sempre presente no seu día a día. ✏️💜

As axendas foron financiadas no marco do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.

CEIP P. da Pobra do Brollón

🎬Culminou esta fin de semana a edición 2026 do   con dez proxeccións en dez parroquias distintas da Pobra do Brollón. 🍿 ...
08/09/2026

🎬Culminou esta fin de semana a edición 2026 do con dez proxeccións en dez parroquias distintas da Pobra do Brollón.

🍿 Longas de ficción, curtas e documentais dos que desfrutaron máis de 270 veciñas e veciños entre xullo e setembro.

Agradecer ás parroquias que acolleron o ciclo nos seus locais sociais e espazos públicos: Pino, Pacios, Ferreiros, Cereixa, Canedo, Vilachá, Óutara, Salcedo e Eixón.

O Ciclo Mestre Mateo ten por obxectivo levar o mellor cine galego actual a vilas sen salas comerciais. ✨ É unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisuall co apoio da Vicepresidencia. Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.

V Trail Capela do San Vitoiro 🏆 Así quedou o podio 👇👇TRAIL 28kmCategoría feminina🥇Marta Rivera (3h 14min)🥈Uxía Fernández...
07/09/2026

V Trail Capela do San Vitoiro 🏆 Así quedou o podio 👇👇

TRAIL 28km

Categoría feminina
🥇Marta Rivera (3h 14min)
🥈Uxía Fernández (3h 17min)
🥉Nieves Rodríguez (3h 24min)

Categoría masculina
🥇Miguel Portal (2h 24min)
🥈Jose Manuel Pérez (2h 46min)
🥉Hugo Fernández (2h 54min)

Mellores atletas locais: Luis Vence e Marta Rivera
Mellor equipo: Condado Trail

MINITRAIL 14km

Categoría feminina
🥇Nía Franco (1h 20min)
🥈Nahir González (1h 25min)
🥉Almudena Sánchez (1h 27min)

Categoría masculina
🥇Miguel Goyanes (1h 13min)
🥈Gonzalo González (1h 14min)
🥉José Martínez (1h 14min)

Mellores atletas locais: Miguel Goyanes e Almudena Sánchez
Mellor equipo: Restaurante El Muli

👏👏 Moitísimos parabéns a todas e todos!

🔥 Arrancou nos Medos a nova tempada co CD Brollón en Primeira Futgal! Onte domingo o equipo disputou o primeiro partido ...
07/09/2026

🔥 Arrancou nos Medos a nova tempada co CD Brollón en Primeira Futgal!

Onte domingo o equipo disputou o primeiro partido da tempada. Foi contra a SD Monterroso, con vitoria para os guímaros. 💪

Desxámoslles moita sorte para os partidos vindeiros!

Dirección

A Pobra Do Brollón
Puebla De Brollón
27330

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34982430001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello A Pobra Do Brollón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello A Pobra Do Brollón:

Atajos

Compartir