BNG A Pobra

BNG A Pobra Descobre o traballo que realizamos para a veciñanza da Pobra do Caramiñal e para Galiza!

10/04/2026
20/03/2026

𝗣𝗥𝗢𝗡Ú𝗡𝗖𝗜𝗔𝗧𝗘! 🩵

Agora cambiar o teu nome ou apelidos é fácil!

🗣️Así nolo conta hoxe Xose Manuel ‘Manel’ da Pobra do Caramiñal, que mudou o seu nome da forma castelá á forma galega.

✍🏻Cada nome e cada apelido deturpado é un rastro desa política de imposición que pretendía desligar o pobo galego da súa lingua. Recuperar a forma galega dos nomes e apelidos é un acto político de afirmación da identidade e da dignidade do pobo galego.

👉🏻É restituír dignidade, corrixir unha inxustiza histórica e reverter unha agresión que contribuíu ao desprazamento do galego. Ao recuperar o noso nome galego ou corrixir á forma galega o noso apelido, reafirmamos a existencia da nación galega e amosamos que non renunciamos a vivirmos plenamente na nosa lingua propia.

🔗Máis info: https://www.bng.gal/estaticas/pronunciate.html

𝗣𝗿𝗼𝗻ú𝗻𝗰𝗶𝗮𝘁𝗲!
𝗖𝗼𝗻 𝗻𝗼𝗺𝗲 𝗲 𝗮𝗽𝗲𝗹𝗶𝗱𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼.
𝗔𝗴𝗼𝗿𝗮, é 𝗳á𝗰𝗶𝗹.

11/03/2026

𝗡𝗢𝗡 Á 𝗚𝗨𝗘𝗥𝗥𝗔 𝗜𝗠𝗣𝗘𝗥𝗜𝗔𝗟𝗜𝗦𝗧𝗔! 📢

🚨O vindeiro luns 16 saímos ás rúas para dar unha resposta galega en defensa da paz fronte a escalada imperialista e o discurso belicista que a apoia. Por unha paz con xustiza socia e soberanía para os pobos, sen xenocidios, sen agresións e sen que o único que sirva sexa para a lei do máis forte. Non á súa guerra!

23/02/2026

O BNG demanda melloras no transporte do Barbanza, non só no referente ás liñas senón tamén ás infraestruturas. Refírense á estación de autobuses da Pobra, con instalacións pechadas e sen apenas mantemento.

21/02/2026

📝 𝐈𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞𝐟𝐢𝐧𝐢𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐝𝐚 𝐑𝐢𝐛𝐞𝐢𝐫𝐢ñ𝐚

🌊 Achegámonos ata a contorna da Ribeiriña para esixir solucións para rematar o proceso de recuperación definitiva do litoral, así como tamén frear os vertidos de hidrocarburos que se veñen denunciando dende comezos de 2025.

👉🏻 Porén, presentamos no Parlamento de Galicia unha iniciativa para:

✔️ Reclamar ao Goberno do Estado que axilice o proxecto de recuperación do litoral e poña fin á contaminación.

✔️ Impulsar, ao abeiro da Lei 4/2023 do litoral, a rexeneración definitiva da zona.

✔️ Adquirir e derrubar a antiga nave de HADASA para evitar que continúe a degradación.

✔️ Garantir a colaboración entre administracións e devolver estes terreos ao uso público.

❌No pasado mes de novembro, presentamos emendas aos orzamentos da Xunta na que contemplábamos un custe de 1.200.000€ para o derrubo da antiga nave de HADASA. O Partido Popular voltou a votar en contra desta iniciativa deixando á veciñanza de lado.

🏭 A Ribeiriña merece un litoral limpo, seguro e que de uso e servizo á veciñanza. Seguimos traballando por unha solución real e duradeira.

20/02/2026

✌️ A mobilización masiva da sociedade galega tumba o proxecto espoliador de ALTRI. Unha clara derrota de Rueda. GALIZA DIXO NON AO ESPOLIO. Merecemos un modelo de desenvolvemento industrial propio, forte e sustentábel e podemos telo, poñendo os recursos galegos ao servizo de Galiza.

Hoxe mobilizámonos coa xente do Barbanza e con miles de galegos e galegas! 🏥Contra o desmantelamento planificado do PP n...
01/02/2026

Hoxe mobilizámonos coa xente do Barbanza e con miles de galegos e galegas!

🏥Contra o desmantelamento planificado do PP na nosa sanidade pública.

✂️Contra os recortes que exerce o PP quitando millóns de euros na Atención Primaria para desvialos á privada.

📋⏳Contra as listas de agarda e a precariedade do persoal sanitario.

👉Un exemplo é o PAC do noso concello, un “servizo de urxencias” sen horario de tarde, que traslada a todos os seus pacientes ao PAC de Ribeira.

𝐎 𝐏𝐏 𝐞𝐬𝐭á 𝐚𝐜𝐚𝐛𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐚 𝐬𝐚𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚‼️

𝐒𝐀𝐋𝐕𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐀 𝐒𝐀𝐍𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐀 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀 🩺📍 Este vindeiro xoves 29, ás 20:00h, teremos un acto público no Salón de Actos da Bi...
26/01/2026

𝐒𝐀𝐋𝐕𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐀 𝐒𝐀𝐍𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐏Ú𝐁𝐋𝐈𝐂𝐀 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀 🩺

📍 Este vindeiro xoves 29, ás 20:00h, teremos un acto público no Salón de Actos da Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal sobre a sanidade pública.

Contaremos coas intervencións de:
👉Amparo Cerecedo, Portavoz do BNG da Pobra.
👉Sandra Vicente, Enfermeira de atención primaria.
👉Rosana Pérez, Deputada e concelleira do BNG.

Vémonos!👀

Dirección

Rúa San Roque, 20
Puebla Del Caramiñal
15940

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG A Pobra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a BNG A Pobra:

Compartir