BNG O Condado - Paradanta

BNG O Condado - Paradanta Páxina oficial do BNG O Condado - A Paradanta.

06/06/2026

06/06/2026

Convidamos a toda a veciñanza de Valeixe a acompañarnos o vindeiro 12 de xuño ás 20:00 horas nun Encontro Aberto para falar do presente e do futuro desta parroquia. Queremos escoitar as vosas propostas, inquietudes e necesidades. Compartiremos tamén as nosas ideas e proxectos. Agardámosvos!

05/06/2026

Hai gobernos que deixan titulares. E hai gobernos que deixan proxectos.

Hai que recoñecelo: o goberno do BNG foi bo. Deixou tantos proxectos encamiñados que algúns aínda seguen vivindo deles: A Fábrica da Auga, o campo sintético da Lagoa, A Minada, a Senda do Laredo, a escola e centro de interpretación da cestería, o solo empresarial para atraer emprego e riqueza... e seguro que queda algún máis no tinteiro.

Polo visto, o segredo era traballar nos proxectos antes de facer as fotos. Porque pasan os anos, cambian os gobernos, cambian os protagonistas das inauguracións, pero os proxectos seguen sendo os mesmos.

E non pasa nada por dicilo. Ao contrario: é unha boa noticia para Mondariz que as iniciativas impulsadas durante o goberno do BNG continúen adiante e se convertan en realidade. Que ben traballaban aqueles do BNG. Aínda hoxe se segue notando.

Hoxe houbo reunión do Consello Comarcal e mañá verémonos nas concentracións en defensa da sanidade pública!Non deixemos ...
03/06/2026

Hoxe houbo reunión do Consello Comarcal e mañá verémonos nas concentracións en defensa da sanidade pública!
Non deixemos que o PP destrúa a nosa sanidade pública, defendámola!

03/06/2026

El BNG de Salvaterra reclama acciones para frenar el aumento del precio de la vivienda y alquileres tras un incremento del 10,7% en el primer trimestre de 2026.

02/06/2026

Con só 35 anos, natural de Barcela e veciño de Arbo desde a súa mocidade, Diego Prieto foi elixido recentemente como candidato do BNG ás eleccións municipais de 2027

02/06/2026

✅ O BNG logrou no Pleno o apoio unánime da Corporación para reclamar o 𝗿𝗲𝗳𝗼𝗿𝘇𝗼 𝗱𝗮 𝗨𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 de Ponteareas e impulsar medidas de prevención do suicidio.

🩺 A política sanitaria do PP na Xunta provoca esperas de sete meses para unha cita de psiquiaría e máis dun ano para unha cita de psicoloxía.

📰 Toda a información:
https://ponteareas.bng.gal/articulo/novas/bng-logra-unanimidade-do-pleno-esixir-melloras-saude-mental-ponteareas/20260601193848003192.html

02/06/2026

A mocidade da fainos chegar a necesidade dunha sala de estudo que cubra as súas necesidades, tanto de espazo como de horarios.

Como posible solución para este requerimento, poderíase crear unha aula con acceso autónomo, un servizo que xa existe noutras vilas da nosa comarca. O acceso autónomo consiste nunha tarxeta personalizada (como a chave dunha habitación de hotel) que facilita o acceso ás persoas usuarias, nun horario máis flexible e adaptado ás súas necesidades.

Por que é importante? Porque permitiríalle ás persoas que estan estudando fóra vir as fins de semana á casa compaxinando a visita á familia e o tempo para o estudo, mantendo deste modo o vínculo coa Caniza.

Dirección

Alfonso Vázquez Fraile 8
Puenteareas
36860

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG O Condado - Paradanta publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría