PSdeG-PSOE Ponteareas

PSdeG-PSOE Ponteareas Páxina oficial da Agrupación Municipal Socialista de Ponteareas.

03/06/2026
Mañá a nosa vila vive un dos seus actos máis emotivos co nomeamento de Alfonso Pexegueiro e Borja Gómez Méndez como Fill...
30/05/2026

Mañá a nosa vila vive un dos seus actos máis emotivos co nomeamento de Alfonso Pexegueiro e Borja Gómez Méndez como Fillos Predilectos de Ponteareas, a máxima distinción honorífica do noso concello.

Dende o PSdeG-PSOE de Ponteareas queremos celebrar este recoñecemento a dúas traxectorias exemplares que encarnan os mellores valores:

✍️ Alfonso Pexegueiro, fillo de Angoares é unha das voces máis insignes e renovadoras da literatura galega contemporánea. Con obras fundamentais como Seraogna, leva décadas sementando cultura e levando a identidade ponteareá e galega por bandeira.

🏊‍♂️🚴‍♂️ Borja Gómez Méndez, veciño de Canedo é un verdadeiro símbolo de superación, esforzo e inclusión a través do deporte. Destacando con gran acerto tanto no ciclismo como na natación, e defendendo con orgullo as cores do Club Ciclista Ponteareas B Travel - Escola BorjA Gómez Méndez, do Club Natación Ponteareas e de Discamino, converteuse nun pioneiro á hora de romper barreiras, sen esquecer nunca a súa fonda alma alfombrista.

A cultura, o deporte sen límites e o orgullo polas nosas raíces son o que fan grande a Ponteareas.

A nosa máis sincera noraboa a ambos e ás súas familias. Sodes un espello no que mirarse e un orgullo inmenso para todos os ponteareáns e ponteareás! 👏❤️

Parabéns 😉🌹🌹🌹

🚨 𝗘𝗫𝗖𝗘𝗟𝗘𝗡𝗧𝗘𝗦 𝗡𝗢𝗩𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗔𝗥𝗘𝗔𝗦!🚨 O Goberno de España confirma o impulso definitivo ao proxecto de mellora da segurid...
27/05/2026

🚨 𝗘𝗫𝗖𝗘𝗟𝗘𝗡𝗧𝗘𝗦 𝗡𝗢𝗩𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗔𝗥𝗘𝗔𝗦!🚨

O Goberno de España confirma o impulso definitivo ao proxecto de mellora da seguridade viaria na nosa N-120 🛣️.

Fronte ao ruído e á confrontación, nós respondemos con investimentos e solucións reais sobre a mesa. Estes son os detalles deste gran avance:

🏗️ 𝗜𝗻𝗶𝗰𝗶𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗼𝗯𝗿𝗮𝘀: O compromiso do Goberno é iniciar os traballos a principios do ano 2027.

💶 𝗜𝗺𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗶𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼: O Executivo central asume un investimento estimado de 5 millóns de euros.

🏘️ 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗮𝗱𝗮𝗽𝘁𝗮𝗱𝗼: Escoitáronse as peticións locais para garantir que non se pechen os accesos ás estradas locais.

📝 𝗣𝗿ó𝘅𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗽𝗮𝘀𝗼𝘀: O obxectivo é completar a aprobación e licitación na segunda metade de 2026.

Dende o PSdeG de Ponteareas queremos poñer en valor o 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼 𝗶𝗻𝗰𝗮𝗻𝘀𝗮𝗯𝗹𝗲 𝗲 𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗮 𝗣𝗹𝗮𝘁𝗮𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗠𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗡-𝟭𝟮𝟬 👏. A vosa loita foi un motor fundamental para que esta demanda histórica da veciñanza estea hoxe máis preto de ser unha realidade 💪.

A nosa portavoz municipal, Vanesa Fernandez Soage , resúmeo á perfección: "Este anuncio demostra que cando hai un goberno socialista en Madrid, Ponteareas conta e as súas demandas son escoitadas" 🗣️🌹.

Para nós, 𝗮𝘀 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶ñ𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗲𝘀𝘁á𝗻 𝘀𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲 𝗽𝗼𝗿 𝗱𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 🛡️. Reivindicamos unha forma de facer política baseada na coherencia, liderando as reclamacións urxentes para o concello a pesar de que quen goberna en Madrid é o noso propio partido. Isto contrasta coa actitude do PP local, que prefire protexer as siglas do seu partido en Santiago e ser sumiso á Xunta de Galicia antes que defender o benestar da veciñanza, como vemos co seu silencio ante o desmantelamento da nosa sanidade pública 🏥🛑.

𝗦𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀🌹🌹🌹

📣🚨 ​𝐎 PSdeG-PSOE Pontevedra Provincia 𝐝𝐨 𝐥𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐚 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐝𝐢𝐜𝐢𝐫 "𝐛𝐚𝐬𝐭𝐚" 𝐚𝐨 𝐞𝐬𝐜𝐮𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐞 á 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐠𝐨𝐛𝐞𝐫𝐧𝐨 ...
19/05/2026

📣🚨 ​𝐎 PSdeG-PSOE Pontevedra Provincia 𝐝𝐨 𝐥𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐚 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐝𝐢𝐜𝐢𝐫 "𝐛𝐚𝐬𝐭𝐚" 𝐚𝐨 𝐞𝐬𝐜𝐮𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐞 á 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐠𝐨𝐛𝐞𝐫𝐧𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐚𝐫𝐞𝐚𝐬

Grupo Municipal do 𝐏𝐒𝐝𝐞𝐆-𝐏𝐒𝐎𝐄 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐚𝐫𝐞𝐚𝐬, xunto ao secretario xeral provincial, David Regades Fernandez , e deputados autonómicos e provinciais, visitaron as instalacións para esixir responsabilidades ao goberno do PP por unha actuación chea de irregularidades e sen consenso.

Que está a pasar? 👇
• 🏛️ 𝐃𝐞𝐬𝐭𝐫𝐮𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨: Mentres os colectivos sociais de Ponteareas levan anos demandando locais, o goberno local decide derrubar un edificio que podería ter utilidade social e comunitaria.
• 🇪🇺 𝐅𝐨𝐧𝐝𝐨𝐬 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐩𝐞𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐩𝐞𝐫𝐢𝐠𝐨: O inmoble recibira investimentos con fondos europeos no anterior mandato, e entendemos que non se cumpriu o período mínimo de 5 anos de mantemento do investimento.
• 🛑 𝐅𝐚𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐩𝐚𝐫𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚: O executivo do PP ocultou a información, obrigando ao grupo socialista a advertir por escrito da vulneración dos seus dereitos para poder acceder ao expediente.
• ⚠️ 𝐒𝐞𝐧 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐥: Presentouse tamén unha denuncia ante a Inspección de Traballo por incumprimentos esenciais na prevención de riscos durante o derrubo.

🗣️ "Non se pode gobernar de costas á cidadanía nin destruír patrimonio público sen consenso nin explicacións" — David Regades.

🗣️ "Ponteareas merece un goberno que planifique, dialogue e respecte os recursos públicos, non actuacións precipitadas e expedientes cheos de sombras" — Vanesa Fernandez Soage, portavoz municipal.

Os socialistas, o igual que a veciñanza, non imos calar ante unha maneira de gobernar do PP e ACIP baseada na imposición e a falla de transparencia! ✊

𝗦𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 🌹🌹🌹

🔴 𝙐𝙣𝙝𝙖 𝙡𝙚𝙘𝙘𝙞ó𝙣 𝙙𝙚 𝙙𝙞𝙜𝙣𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚: 𝘼 𝙘𝙞𝙙𝙖𝙙𝙖𝙣í𝙖 𝙙𝙞 "𝙉𝙊𝙉" á 𝙙𝙚𝙢𝙤𝙡𝙞𝙘𝙞ó𝙣.​Hoxe, mentres o Sr. Rueda inauguraba unha nova escola se...
13/05/2026

🔴 𝙐𝙣𝙝𝙖 𝙡𝙚𝙘𝙘𝙞ó𝙣 𝙙𝙚 𝙙𝙞𝙜𝙣𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚: 𝘼 𝙘𝙞𝙙𝙖𝙙𝙖𝙣í𝙖 𝙙𝙞 "𝙉𝙊𝙉" á 𝙙𝙚𝙢𝙤𝙡𝙞𝙘𝙞ó𝙣.

​Hoxe, mentres o Sr. Rueda inauguraba unha nova escola sen querer escoitar a ninguén, as rúas de Ponteareas enchéronse de veciñanza valente e comprometida.

A Plataforma Cidadá de Ponteareas mantén firme o seu grito de '𝗡𝗢𝗡 Á 𝗗𝗘𝗠𝗢𝗟𝗜𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗔𝗡𝗧𝗜𝗟'.

𝗦𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 🌹🌹🌹

📣⚠️ 𝗗𝗘𝗡𝗨𝗡𝗖𝗜𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗔 𝗣𝗘𝗥𝗗𝗔 𝗣𝗔𝗧𝗥𝗜𝗠𝗢𝗡𝗜𝗔𝗟 𝗘 𝗢 𝗥𝗜𝗦𝗖𝗢 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗡𝗖𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗘𝗚𝗟𝗜𝗫𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗢 𝗚𝗢𝗕𝗘𝗥𝗡𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗔𝗥𝗘𝗔𝗦 ❌️Dende o 𝗣𝗦𝗱𝗲𝗚-𝗣𝗦𝗢𝗘 ...
12/05/2026

📣⚠️ 𝗗𝗘𝗡𝗨𝗡𝗖𝗜𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗔 𝗣𝗘𝗥𝗗𝗔 𝗣𝗔𝗧𝗥𝗜𝗠𝗢𝗡𝗜𝗔𝗟 𝗘 𝗢 𝗥𝗜𝗦𝗖𝗢 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗡𝗖𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗡𝗘𝗚𝗟𝗜𝗫𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗢 𝗚𝗢𝗕𝗘𝗥𝗡𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗔𝗥𝗘𝗔𝗦 ❌️

Dende o 𝗣𝗦𝗱𝗲𝗚-𝗣𝗦𝗢𝗘 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗮𝗿𝗲𝗮𝘀, en acción conxunta cos grupos da oposición (BNG e PeC) e recollendo o malestar de moitos veciños e veciñas, presentamos unha denuncia ante o Ministerio de Facenda pola demolición da antiga escola infantil.

Cómpre dicilo claro: 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗽𝗼𝗻 𝗲𝗻 𝗿𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗮 𝗲𝗰𝗼𝗻𝗼𝗺í𝗮 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘀𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝗼𝗻 𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗱𝗲𝗻𝘂𝗻𝗰𝗶𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮𝘀 𝗶𝗿𝗿𝗲𝗴𝘂𝗹𝗮𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀, 𝘀𝗲𝗻ó𝗻 𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗲𝘁𝗲𝗻. A irresponsabilidade do goberno de Nava Castro (PP) e Juan Carlos González (ACIP) ao derrubar un edificio recentemente reformado é o que nos sitúa nun escenario crítico.

¿𝗤𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁á 𝗲𝗻 𝘅𝗼𝗴𝗼? 📉

• 𝗜𝗻𝘃𝗲𝘀𝘁𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝘁𝗶𝗿𝗮𝗱𝗼 𝗮𝗼 𝗹𝗶𝘅𝗼:A escola foi rehabilitada con máis de 𝟭𝟭𝟲.𝟬𝟬𝟬 € de cartos públicos.
• 𝗙𝗼𝗻𝗱𝗼𝘀 𝗘𝘂𝗿𝗼𝗽𝗲𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗽𝗲𝗿𝗶𝗴𝗼:O 80% do custe foi financiado por fondos FEDER, que esixen manter a inversión activa polo menos 𝟱 𝗮𝗻𝗼𝘀.
• 𝗜𝗻𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼𝘀: A obra pechouse en decembro de 2023, polo que a lei prohibe a súa demolición, como mínimo, ata 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟴.
• 𝗥𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘃𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶ó𝗻: O Concello podería verse obrigado a devolver todas as axudas recibidas máis os xuros, por mor desta decisión "caprichosa" e "irresponsable" do goberno local.

𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘅𝗲𝘀𝘁𝗶ó𝗻 𝗾𝘂𝗲 𝗵𝗶𝗽𝗼𝘁𝗲𝗰𝗮 𝗼 𝗳𝘂𝘁𝘂𝗿𝗼 ⚠️

Non podemos quedar de brazos cruzados mentres o goberno de 𝗣𝗣 𝗲 𝗔𝗖𝗜𝗣 xestiona con este nivel de improvisación. Esta denuncia é un acto de responsabilidade para protexer os intereses de Ponteareas e a súa xente.

𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗮𝗿𝗲𝗮𝘀 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰𝗲 𝘂𝗻 𝗴𝗼𝗯𝗲𝗿𝗻𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗲 𝗼 𝗽𝗮𝘁𝗿𝗶𝗺𝗼𝗻𝗶𝗼 𝗲 𝗼 𝗱𝗶ñ𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗼𝘀 𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀.🌹🌹🌹✊

𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗘𝗠𝗢𝗦, 𝗘𝗦𝗧𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗘 𝗘𝗦𝗧𝗔𝗥𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗖𝗢 𝗘𝗡𝗦𝗜𝗡𝗢 𝗣Ú𝗕𝗟𝗜𝗖𝗢 🏫📢​Hoxe os socialistas de Ponteareas volvimos saír á rúa. Estivemos ond...
06/05/2026

𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗘𝗠𝗢𝗦, 𝗘𝗦𝗧𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗘 𝗘𝗦𝗧𝗔𝗥𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗖𝗢 𝗘𝗡𝗦𝗜𝗡𝗢 𝗣Ú𝗕𝗟𝗜𝗖𝗢 🏫📢

​Hoxe os socialistas de Ponteareas volvimos saír á rúa. Estivemos onde nos corresponde: ao carón da comunidade educativa, apoiando as súas xustas reivindicacións e berrando ben forte por un ensino público de calidade. ✊🌹

​Mentres familias, profesorado e alumnado reclaman máis persoal de apoio, menos burocracia e a redución das ratios para unha inclusión real, o 𝐆𝐨𝐛𝐞𝐫𝐧𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐏𝐏 𝐞 𝐀𝐂𝐈𝐏 𝐩𝐫𝐞𝐟𝐢𝐫𝐞 𝐦𝐢𝐫𝐚𝐫 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐨 𝐥𝐚𝐝𝐨.

​É indignante ver a súa dobre vara de medir:
👉 Cando se trata de atacar ao Goberno Central, son os primeiros en sacar a pancarta e facer ruído, por certo nos tamén cando a reclamación e de xustiza e boa para as nosas veciñas e veciños.

👉 Pero cando toca reclamar melloras para a veciñanza de Ponteareas fronte á Xunta de Galicia, 𝐜𝐚𝐥𝐚𝐧, 𝐚𝐠𝐨𝐜𝐡𝐚𝐧 𝐚 𝐜𝐚𝐛𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐢𝐧𝐜𝐥𝐮𝐬𝐨 𝐱𝐮𝐬𝐭𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐧 𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐫𝐭𝐞𝐬 𝐬𝐞 𝐟𝐚𝐢 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚.

​Ponteareas non merece un goberno que sexa o "𝐫𝐞𝐜𝐚𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨" dos recortes✂️✂️ da Xunta. O ensino dos nosos fillos e fillas non é un negocio, é un dereito que imos defender custe o que custe. 📚✨

06/05/2026

🛑 NON Á DEMOLICIÓN DO NOSO PATRIMONIO! 🏗🏫

​Onte, o PSdeG de Ponteareas estivo presente na concentración cidadá 📢 para dicir basta ao despropósito do goberno de PP e ACIP. Non podemos quedar de brazos cruzados mentres derruban a antiga escola infantil municipal, un edificio que forma parte da nosa historia e da memoria de tantas familias e cativos da nosa vila. 👦👧

​Dende o PSdeG defendemos que PARA CONSTRUÍR NON É PRECISO DESTRUÍR. 🏗️✅

O noso patrimonio municipal debe ser protexido e rehabilitado, non borrado do mapa. ❌🔨

Ponteareas merece un goberno responsable que coide do que é de todos e todas. 💪🌹

📢 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗣𝗢𝗟𝗢 𝗘𝗡𝗦𝗜𝗡𝗢 𝗣Ú𝗕𝗟𝗜𝗖𝗢 𝗘𝗡 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗔𝗥𝗘𝗔𝗦 📢​Dende o PSdeG de Ponteareas sumámonos á loita da comunidade educativa...
04/05/2026

📢 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗣𝗢𝗟𝗢 𝗘𝗡𝗦𝗜𝗡𝗢 𝗣Ú𝗕𝗟𝗜𝗖𝗢 𝗘𝗡 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗔𝗥𝗘𝗔𝗦 📢

​Dende o PSdeG de Ponteareas sumámonos á loita da comunidade educativa. Porque o noso ensino público precisa solucións 𝐗𝐀! ✊🏫

​Faltan mans, sobra burocracia e necesitamos reducir as ratios para garantir unha educación de calidade e unha inclusión real. 📚✨

​Esta non é só unha demanda do profesorado, é unha necesidade de todas e todos: familias, alumnado e persoal non docente.

​🗓️ 𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎? Mércores 6 de maio
⏰️ 𝐇𝐎𝐑𝐀? 19:00 h
📍 𝐎𝐍𝐃𝐄? Saída dende o IES Val do Tea

​𝗡𝗼𝗻 𝗳𝗮𝗹𝘁𝗲𝘀, 𝘅𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗹𝗼! ✊🌹🌹🌹

Dirección

Rúa EStrada N⁰9 Baixo
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Ponteareas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría