12/09/2020
O descabezamento de toda a cúpula directiva da Consellería de Educación de Carmen Pomal a favor de Román Rodríguez pon os pelos de punta.
Pomal desdiciu o plan de distanciamento de un metro, esixindo metro e medio de separación entre as alumnas e alumnos, seguindo as indicacións do Goberno de España. Así que os centros fixeron un novo plan de necesidades, tras o 31 de agosto, e solicitaron un docente por cada dous!
De pronto lemos na prensa que as autoridades darán orde de volver á distancia de un metro. Como o vesten? Pois cunha idea brillante: mamparas individuais por estudante. Cada centro debe pagalas co seu orzamento de gastos de funcionamento. Tamén prometen que algún día pagarán a conta.
Pero o caso é que agora, da noite para a mañá, farán falta máis de 150000 mamparas en Galicia. Se as máis económicas custaban 35 euros, no meu instituto habería que gastar máis de 8000 euros. Agora ben, como a lei da oferta e a demanda continúa operativa, ha ser bastante máis.
O que non nos contan é que Pontevedra Group é unha das empresas líderes na fabricación e instalación destas solucións, e que hai pouco Feijoo foi ao seu 60 aniversario, o que significa que a compañía enterra as súas raíces no franquismo.
En efecto, se cada instituto contrata pola súa conta esa compra (fragmentación de investimento), ninguén poderá acusar a Alberto NF de amiguismo.
Pero se a idea brillante do goberno galego se estende como a pólvora polo Estado, falariamos de dous millóns e medio de alumnos de ESO e Bac! O que suporía un volume de negocio de 100 millóns de euros, como pouco, e unhas comisións para os políticos que poderían cambiar o signo electoral.
Bo é saber isto que ninguén se atreveu aínda a divulgar